"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

  • Filipe de Grecia e de Dinamarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filipe III de Navarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe do Reino Unido (1957), duque de Edimburgo, conde de Merioneth e barón de Greenwich, fillo de Andrés de Grecia e de Alicia de Battenberg. Foi educado en Inglaterra polo seu tío materno, o almirante Louis Mountbatten, e adoptou este apelido ao naturalizarse británico en 1947, ano en que casou coa Raíña Isabel II de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filipe I de Acaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filipe I de Xermania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Acaia (1301-1307) e señor do Piemonte (1282-1334), fillo e herdeiro de Tomás III. Coñecido como Filipe de Savoia, loitou contra o seu tío, o conde Amadeo V de Savoia, polo señorío do Piemonte. En 1301 casou con Isabel de Villehardouin, princesa de Acaia e viúva de Filipe Angio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Borgoña (1349-1361) e conde de Artois (1345-1361). Coñecido como Filipe de Rouvres, gobernou baixo a tutela da súa nai e do segundo marido desta, que lle deixou á súa morte (1360) os condados de Boulogne e Auvernia. Morreu sen herdeiros polo que os seus territorios foron distribuídos entre Filipe II o Atrevido, que recibiu Borgoña; Margarida de Flandres, que recibiu Artois; e Xoán de Boulogne, que recibiu os condados de Boulogne e Auvernia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador latino titular de Constantinopla (1273-1283), fillo e herdeiro do Emperador Balduíno II. Non puido recuperar Constantinopla da ocupación grega e residiu durante todo o seu reinado na corte de Carlos I de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1060-1108), fillo de Enrique I de Francia e de Ana de Kiev. Trala morte do seu pai, reinou ata 1066 baixo a rexencia da súa nai e do seu tío Balduíno V, conde de Flandres. Intentou ampliar os territorios de dominio real para o que se enfrontou ao duque de Normandie e ao conde de Flandres, Roberto I o Frisón, que o derrotou na Batalla de Kassel (1071). Foi excomungado en 1095 por repudiar a súa dona, Berta de Holanda, e polo seu posterior matrimonio con Bertrada de Montfort.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Magnánimo (Marburg, Hessen 1504 - Kassel, Hessen 1567) Langrave de Hessen-Kassel (1509-1567), fillo do langrave Guillerme II. Asumiu plenamente o poder en 1518. En 1524 someteu a nobreza, acabou coas revoltas campesiñas e implantou a Reforma nos seus estados. En 1526, trala alianza defensiva de Gotha con Xoán de Saxonia, acadou do Emperador Carlos V a liberdade relixiosa. En 1529, trala revogación da Dieta de Espira, adheriuse á Liga de Esmalcalda (1531). Vencido por Carlos V en Mülhberg (1547) foi prisioneiro do emperador ata 1552. Fundou a primeira universidade protestante en Marburg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filipe IV de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Parma, Piacenza e Guastalla (1748-1765), fillo de Filipe V e de Isabel de Farnesio. Coñecido como Filipe I de Borbón, tralo Tratado de Aquisgrán (1748) as potencias europeas recoñeceron a súa soberanía sobre Parma, Piacenza e Guastalla. O seu goberno estivo dirixido polo ministro G. du Tillot e caracterizouse polas reformas no eido económico relixioso e cultural, que converteron a Parma nun dos centro intelectuais da Península Italiana. En 1762 uniuse xunto con España e Francia ao Terceiro Pacto de Familia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Savoia (1268-1285), fillo de Tomás I. Foi bispo de Valence e arcebispo de Lyon (1246), antes de suceder, en 1260, ao seu irmán Pedro II de Savoia. Renunciou á carreira eclesiástica e casou con Alicia de Borgoña, con quen non tivo descendencia, polo que o seu sucesor foi o seu sobriño Amadeo V de Savoia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe anxevino de Tarento (1294-1332?) e de Acaia (Filipe II; 1307-1313) e duque de Durazzo (1315-1352), fillo de Carlos II de Nápoles. Casou en 1313 con Catarina de Courtenay, polo que adquiriu o título de emperador titular de Constantinopla (1313-1332).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei dos romanos e de Xermania (1198-1208), duque de Suabia (1196) e margrave e vicario imperial de Toscana (1195), cuarto fillo do Emperador Federico I Barbarrubia. Bispo de Würzburg (1190?), abandonou o sacerdocio e casou con Irene, filla do emperador bizantino Isaac Ánxelo. Coroado rei polos xibelinos (1198), enfrontouse ao rei coroado polo güelfos, Odón IV de Brunswick. En 1201 foi excomungado polo Papa Inocencio III, que recoñeceu a Odón, pero trala vitoria na guerra viuse obrigado a aceptalo. Foi asasinado na vixilia antes de ser coroado emperador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soberano dos Países Baixos, conde de Artois, do Franco Condado e de Charolais (1493-1506), e rei da Coroa de Castela (1504-1506), fillo de Maximiliano I de Austria e de María de Borgoña. Casou en 1496 con Xoana, filla dos Reis Católicos, o que fixo que trala morte de Isabel a Católica (1504) e tralos Acordos de Villafáfila (1506), Fernando o Católico lles cedese o goberno de Castela. Foi o iniciador da dinastía dos Austrias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei das coroas de Castela e Aragón (1556-1598), de Portugal (Filipe I; 1580-1596), de Navarra, do Franco Condado, dos Países Baixos, de Sicilia, de Sardeña, do Milanesado e de Nápoles (Filipe I), fillo primoxénito de Carlos I e Isabel de Portugal. Formado nas tarefas de goberno por J. Martínez Silício e J. de Zúñiga, ocupouse desde 1543 da rexencia do país durante as longas ausencias do seu pai. Nese mesmo ano casou con María Manuela de Portugal, da que quedou viúvo ao nacer o seu fillo Carlos de Austria (1545). En 1554 o seu pai casouno coa súa tía, María I de Inglaterra, quen morreu catro anos máis tarde sen darlle descendencia. En 1555, trala abdicación do seu pai, recibiu todos os seus territorios agás os do Sacro Imperio Xermánico. Trala viaxe polos seus territorios europeos (1548-1550) e o xuramento do seu cargo ante as cortes castelás, aragonesas e navarras, trasladouse a Madrid, onde estableceu en 1562 a capitalidade e a corte. O seu reinado caracterizouse por unha marcada tendencia,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filipe I de Tarento.

    VER O DETALLE DO TERMO