"OCI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 818.

  • PERSOEIRO

    Rei de Escocia (1390-1406), fillo e sucesor de Roberto II de Escocia. Conde de Carrick, cambiou o seu nome (Xoán) ao acceder á coroa. O seu reinado estivo presidido polas loitas entre o seu irmán Roberto, conde de Fife e duque de Albany, e o seu fillo, o príncipe herdeiro David, duque de Rothesay.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado no val inferior do río Tinto (6.229 h [2001]). É un municipio vinícola, onde teñen especial sona os seus viños brancos de mesa. Destaca a ermida do Socorro, de estilo neoclásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Trez (Laza). O seu cumio acada os 945 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación xeográfica británica creada en 1830 en Londres co propósito de promover e axudar aos estudos e ás investigacións de orde xeográfica. Foi a terceira asociación deste tipo creada no mundo. Publica desde 1893 o Geographical Journal. En 1995 fusionouse co Institute of British Geographers.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Oficio ou dignidade de sacerdote. É unha institución común a todas as relixións, exercida de diversas maneiras que forma parte da actividade social dun grupo. Aínda que nun principio non parece que fora un servizo específico dunha caste, comezou a ser exercido por reis, xefes de tribo ou de familia que máis tarde, para exonerarse de múltiples responsabilidades, delegaron en persoas con dedicación plena. A proliferación do politeísmo levou a unha posterior especificación sacerdotal, non só polo que respecta aos cultos e aos santuarios, senón tamén ás funcións (augures, sacrificadores, cantores). Isto deu orixe ás castes e ás familias sacerdotais. O oficio supuña unha esixencia ritual ou consagración diversa das condicións de pureza esixidas ao individuo á hora de cumprir o rito. Outra categoría de sacerdocio, igualmente primitiva, provén da capacidade especial dalgúns individuos (curandeiro, adiviño, feiticeiro, exorcista, profeta) e da posibilidade superior de entrar en contacto coa divindade...

    2. Exercicio dunha profesión ou dun ministerio que esixe unha alta virtude.

    3. Conxunto dos sacerdotes dunha rexión ou dunha relixión determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao sacro e ao isquion.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia tóxica que segregan os protozoos sarcosporídeos parasitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación quística que pode presentarse no tecido muscular dalgúns animais, como por exemplo o porco, os ruminantes e o cabalo, a consecuencia da parasitación de sarcosporídeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza de múltiples quistes sebáceos na pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aminoácido que, na súa forma L, intervén no proceso de formación do ARN mensaxeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Equipo de investigación dependente da Real Academia Galega, fundado a finais de 1980 e dirixido por Guillermo Rojo (1990-1994) e Manuel González (desde 1994). Está formado por un equipo multidisciplinar que conta con psicólogos, sociólogos, lingüistas e sociolingüistas. Realizou o Mapa Sociolingüístico de Galicia, do que se publicaron tres volumes (Lingua galega e competencia lingüística en Galicia, 1994; Usos lingüísticos en Galicia, 1995 e Actitudes lingüísticas en Galicia, 1996). Participou en diversos proxectos europeos, en colaboración con socios de Irlanda, Holanda, Gales, Catalunya e Euskadi. No 2004 publicou a monografía O galego segundo a mocidade, na que combinando diversas técnicas de tipo cualitativo (grupos de discusión, entrevistas en profundidade e técnica de máscaras) se chega á conclusión de que as actitudes da mocidade cara ao galego non son tan favorables como reflectían as enquisas de carácter cuantitativo. No 2005 realizou unha actualización dos datos do Mapa sociolingüístico,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eritrocito anormal en que existen gránulos de ferro non hemoglobínicos, que aparece nos nenos prematuros e en afeccións como a anemia hemolítica crónica, o saturnismo e a anemia perniciosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acelerador de partículas circular, de deseño idéntico ao do ciclotrón, en que a frecuencia õ do campo eléctrico acelerador varía a medida que aumenta a velocidade das partículas nucleares, para manter a sincronización do sistema. Foi ideado por McMillan en EE UU e por Veksler en URSS e emprégase para acelerar protóns, deuteróns e helións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada no kraj de Krasnodar, Rusia (359.000 h [1997]). É un porto no Mar Negro e centro dunha importante zona balnearia e turística.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de sociable.

    2. Modo en que se agrupan as especies dunha comunidade vexetal. Os individuos poden estar illados, reunidos en grupos máis ou menos grandes, ou constituíndo unha poboación continua.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que tende a vivir en sociedade.

    2. Que se relaciona facilmente cos demais.

    3. Que é de trato agradable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de vexetación utilizada polas escolas fitocenolóxicas do N de Europa, que está caracterizada polas especies constantes, pola estrutura dos estratos e por diversos parámetros cuantitativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Designación que na Antiguidade clásica recibiron as diversas guerras xurdidas entre os membros dunha mesma confederación. En Grecia produciuse unha guerra social (357 a C-354 a C) que levou á disolución da Segunda Liga Ática. En Italia os pobos itálicos aliados de Roma opuxéronse violentamente á urbe que se negaba a concederlles os dereitos que reivindicaban (91 a C-88 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO