"alt" (Contén)
Mostrando 17 resultados de 697.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produtora cinematográfica estadounidense fundada en California por Walt Disney no ano 1923 co nome de Walt Disney Produtions. Dedicada á creación e produción de filmes dirixidos ao público infantil, posúe varios parques temáticos e xestiona os estudios cinematográficos Miramax e a cadea de televisión ABC News.
-
PERSOEIRO
Escritor e periodista. Cultivou a poesía, o teatro e principalmente a novela de carácter histórico, entre as que destaca Sinuhe Egyptiläinen (Sinuhé, o exipcio, 1946), levada ao cine en 1954.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra. Asistente de Mahler en Hamburgo, dirixiu a ópera da corte de Viena (1901-1912), a orquestra de Múnic (1913-1922), a ópera de Berlín (1925), a Gewandhaus de Leipzig (1929) e, desde, 1941 na orquestra sinfónica de Nova York.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do Gran Londres, Inglaterra, Reino Unido, situada ao NL da City (218.341 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico irlandés. Investigou, xunto con J. D. Cockroft, as partículas aceleradas. Recibiron o Premio Nobel de Física (1951) polos seus traballos sobre a transmutación de núcleos atómicos mediante partículas atómicas aceleradas artificialmente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Romanista suízo. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Dirixiu a Zeitschrift für Romanische Philologie desde 1935 e a Bibliotheca Romanica desde 1947. Publicou Französisches etymologisches Wörterbuch (1932), con Oscar Bloch, Évolution et struture de la langue française (1934), Die Entstehung der romanischen Völker (1939), Einführung in Problematik und Methodik der Sprachwissenschaft (1943) e Die Ausgliederung der romanischen Sprachräume (1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Foi editor do diario Brooklyn Eagle (1846-1948). Escribiu o poemario Leaves of Grass (1855), que ampliou en sucesivas edicións ata a súa morte, e no que conseguiu unha renovación drástica da poesía estadounidense pola súa dicción distinta, os seus ritmos irregulares e o tema autobiográfico, o que o converteu no cantor dun país novo, cunha gran fe no poder da democracia e na iniciativa privada. En prosa escribiu Specimen Days (1882).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
falcón albar.
-
Persoa que ocupa un cargo importante.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia da arte abstracta que afirma que a obra de arte ten que ser formada polo espírito antes da súa execución, sen recibir ningunha influencia dos elementos formais da natureza nin da sensibilidade. Esta afirmación, que fai da intelixencia a fonte suprema da creación, é un dos principios fundamentais propostos por T. van Doesburg (1930) e por Max Bill (1931), creadores da arte concreta, e que se pode relacionar coa doutrina da psicoloxía da forma.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monfero baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
TERRITORIOS
Territorio británico situado no extremo S da Península Ibérica, no estreito do mesmo nome (6 km2; 28.240 h [2001]). Está constituído por un promontorio rochoso (425 m) unido a terra firme por un istmo formado por unha chaira baixa e areosa. A maioría da poboación é de lingua castelá, aínda que o idioma oficial é o inglés. O recurso económico principal procede do porto que é, ademais, unha base militar e unha escala para o comercio e o aprovisionamento de carburante. Foi ocupado polos musulmáns (711), con Ṭ āriq ibn Ziyād á cabeza, e os almohades fortificárono no s XII. Posteriormente pasou a mans de Castela (1309-1333 e desde 1462). A súa defensa, ben armada por Carlos I e Filipe II, foi descoidada polos seus sucesores, o que facilitou que durante a Guerra de Sucesión Española a escuadra anglo-holandesa do almirante G. Rooke o ocupara en nome do arquiduque Carlos de Austria (1704). Desde ese momento o goberno de Londres considerou Xibraltar como un dominio británico,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito que separa a costa meridional da Península Ibérica e a costa setentrional africana. Ten uns 14 km de anchura mínima e comunica o Océano Atlántico co Mar Mediterráneo.
-
-
Relativo ou pertencente a Xibraltar ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Xibraltar.
-
-
CIDADES
Cidade de Ucraína, na República Autónoma de Crimea, na costa meridional da península de Crimea (89.000 h [1987]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Encontro celebrado en Yalta entre F. D. Roosevelt, W. Churchill e J. Stalin entre os días 4 e 12 de febreiro de 1945. Ratificaron que só sería aceptada a rendición incondicional de Alemaña e que esta sería dividida en catro zonas de ocupación. Decidiuse tamén a reunión dunha conferencia previa á fundación da ONU en San Francisco en abril de 1945.
-
PERSOEIRO
Físico nuclear canadense. Traballou con Fermi no proxecto Manhattan, tivo un papel importante no desenvolvemento nuclear dos EE UU e participou no proxecto do submarino Nautilus.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, II marqués de Valero e I duque de Arión (1725). Foi vicerrei de Sardeña (1704-1706) ao servizo de Filipe V, a favor do que loitou durante a Guerra de Sucesión. Acabada esta, foi recompensado co cargo de vicerrei de Nova España (1716-1722). Volvendo á Península Ibérica, foi presidente do Consello de Indias.
VER O DETALLE DO TERMO