"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación anual editada no mosteiro de Oseira (Ourense) na década de 1950. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos HODIRE, que pertencen ao mosteiro cisterciense. Dirixida por Luís Rodríguez Portugal, incluíu artigos de carácter cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sacrificio dos israelitas a Deus, que consiste en que a víctima, normalmente un año, se consumira toda no lume.

      2. íctima ofrecida en holocausto.

      1. Gran matanza de persoas.

      2. Exterminio dun grupo social por motivos étnicos, relixiosos ou políticos.

    1. Sacrificio ou renuncia de algo moi querido ou importante en favor ou beneficio dos demais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plancto constituído por especies que realizan todo o ciclo biolóxico integramente na zona planctónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Meteorito composto case integramente de ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos holostómidos.

    2. Platihelminto da familia dos holostómidos.

    3. Familia de platihelminto que parasita as aves de rapina e as acuáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica que consiste en empregar varios verbos nos mesmos tempos ou varias palabras ou expresións exercendo as mesmas funcións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que é capaz de funcionar nun estado de equilibrio predeterminado e, xa que logo, con propiedades de homeostase. Construído polo físico R. Ashby en 1948, permite estudar sistemas complexos e emprégase para investigar sobre teorías e hipóteses cibernéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica que consiste na terminación igual, establecida por motivos fónicos ou doutro tipo, dos membros dun período.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos homobasidiomicetos.

    2. Fungo da subclase dos homobasidiomicetos.

    3. Subclase de basidiomicetos que se caracteriza porque os basidios non son septados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao cigoto formado pola unión de dous gametos que teñen a mesma constitución xenética.

    2. Aplícase ao individuo que provén dun cigoto homocigoto.

    3. Aplícase ao individuo cos alelos  iguais para un mesmo carácter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos animais que teñen todos os dentes iguais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terminación igual de membros dun mesmo período.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformación que permite pasar unha curva a outra por medio dunha familia continua de curvas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á homotopía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa conforme ao que esixe o deber e a probidade, sen enganar os demais, ou que é propio destas persoas.

    2. Que é conforme ao que esixe o pudor, a decencia ou os bos costumes, ou que é propio destas persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Amiens. Segundo unha lenda do s XI, traballaba nunha panadería e un día a pa coa que quitaba o pan do forno floreceu. Por esta razón é patrón dos panadeiros, pero tamén é avogoso de floristas e muiñeiros. Na iconografía leva vestiduras episcopais, con casula ancha ou capa, mitra sobre a cabeza; e, como atributos, a palma do martirio e, ás veces, a pa dos panadeiros con pans. A súa festividade celébrase o 16 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Arles (426). De liñaxe galorromana, peregrinou a Grecia e coñeceu a vida dos monxes orientais. Ao volver, fíxose eremita na costa occitana do Estérel, e despois na illa de Lérins (futura illa de santo Honorato). Arredor del foise xuntando un grupo, co que creou a primeira comunidade monástica da Galia e un gran centro cultural. Na iconografía leva vestiduras episcopais, con casula ancha ou capa e mitra sobre a cabeza. A súa festividade celébrase o 16 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que ten a súa orixe no latín Honoratus, alcume romano moi común na época posclásica ‘digno de ser apreciado e honrado’, ‘digno de honra’, derivado do verbo honorāre ‘honrar, distinguir’. Destacan con este nome santo Honorato de Arles (ss IV-V), celebrado o 16 de xaneiro, e santo Honorato de Amiens (s VI - s VII), celebrado o 16 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico inglés. Fixo diversas viaxes de exploración, foi director dos Kew Gardens (1865-1885) e presidiu a Royal Society (1872-1877). Xunto con Georges Betham publicou Genera Plantarum (1862-1883) e iniciou a publicación dos Index Kewensis, rexistro de todos os nomes de plantas, publicados e descritos independentemente de toda lexitimidade ou prioridade dos nomes rexistrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Estudiou pintura con Hans von Bartels. Cofundador do Salón de Fotografía de Londres, traballou como editor de arte da revista Colour (1913). Traballou como independente en Londres, nun estudo de Nova York; realizou unha reportaxe paisaxística en Irlanda e Reino Unido (1925), e colaborou nos estudios de cine UFA en Berlín (1927), antes de especializarse como retratista da alta sociedade británica. As súas imaxes apareceron en publicacións como Vanity Fair, Vogue e Picture Post. Publicou a súa autobiografía One Hundred Thousand Exposures (1945).

    VER O DETALLE DO TERMO