"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Político conservador. Foi deputado polo distrito de Celanova, senador vitalicio, ministro de Gracia e Xustiza no goberno de O’Donnell (1865) e presidente do Tribunal Supremo de Xustiza. Foi membro da Academia de Ciencias Morales dende 1871 cun discurso sobre El derecho del estado para castigar y la legitimidad de la pena de muerte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político moderado. Foi deputado polo distrito de Ordes, procurador en Cortes, senador vitalicio e ministro da Gobernación durante o réxime moderado do xeneral Narváez (1843-1854), cargo no que se mostrou como un hábil diplomático.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é característico de Pedro Calderón de la Barca.

    2. Que se asemella aos temas ou estilo das súas obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. Desenvolveu o seu labor profesional como cámara e editor da produtora Iris-Ferrol, e exerceu como profesor de imaxe en diversos obradoiros para rapaces. Entre as súas obras destacan: A Sociedade de Instrución e Recreo de Fene; Fenestra; Evocando a Celso Emilio; 25 de xullo, día da patria galega; A arte románica en Galicia e A arte barroca galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canal de Escocia, que comunica o lago Linnhe, no Océano Atlántico, coa baía Moray, no mar do Norte. Construído por Thomas Telford, cunha profundidade de 5,5 m e unha lonxitude de 95 km, foi aberto en 1822.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciclo oroxénico producido no Paleozoico inferior, despois do Silúrico e antes do Devónico, hai uns 330 millóns de anos. Afectou sectores do N e do NL de Europa (Irlanda, Gales, Inglaterra setentrional, Escocia e Noruega), do N de Asia, Alasca, Canadá (sobre todo en Terranova) e tamén de Australia, Brasil e Groenlandia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao dobramento Caledoniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e organista italiano. De gran sona no seu tempo, foi autor de obras escénicas, cantatas, oratorios e pezas sacras de grande éxito. Na súa produción destaca a peza escénica Deucalione e Pirra (1781) e varios tratados de harmonía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación anual aparecida a partir de 1856 e coñecida popularmente como O Zaragozano. Na súa portada aparecía o título de El Firmamento acompañado do nome, Calendario Zaragozano, e xunto a estes un gravado que retrataba ao autor. Dividíase internamente en meses, achegaba información sobre eclipses de Sol e Lúa, sobre festas e o calendario eclesiástico. Amais, cada mes tiña cadanseu santoral, fases da Lúa coa indicación do tempo, saídas e postas do Sol e unha lista de feiras de toda España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi ministro sen carteira (1988-1989) e primeiro ministro de Checoslovaquia a partir de 1989. En 1990 abandonou o Partido Comunista e anunciou un ambicioso plan de reformas radicais da economía e das finanzas do país. Tralas eleccións de 1990 continuou ata 1992 á fronte do goberno de coalición entre o checo Foro Cívico e o eslovaco Público contra a Violencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a California ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de California.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (37-41). Fillo de Xermánico e de Agripina a Vella, criouse seguindo ao seu pai polos campamentos militares; neles recibiu o alcume de Calígula, diminutivo do lat calĭga ‘calzado militar que empregaban os soldados romanos’. Sucedeu a Tiberio como emperador coa axuda de Sertorio Macrón. Durante os primeiros meses inaugurou unha política de tolerancia, abolindo a Lex Maiestatis, reducindo o imposto sobre as vendas, devolvendo o poder de elección aos comicios e gobernando de acordo co Senado. Despois, afectado por unha enfermidade, o seu comportamento dexenerou e gobernou despoticamente. Á fronte do exército emprendeu campañas paródicas nas Galias e na Xermania, nomeou cónsul o seu cabalo e cando esgotou o tesouro imperial dedicouse ao asasinato de membros destacados da aristocracia aos que lles requisaba os seus bens. Chegou a proclamarse deus e recibiu culto en vida. Morreu asasinado polo tribuno da cohorte pretoriana Casio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (217-222) e fundador da igrexa romana de Santa Maria in Trastévere. Escravo dun cristián chamado Carpóforo, logrou escapar pero, como todos os escravos fuxitivos, logo de ser apresado tivo que ir ás minas. Conseguiu saír de alí co indulto dunha lei humanitaria e, logo de se emancipar, o Papa Ceferino ordenouno diácono. Destacou como organizador da comunidade cristiá romana e ao seu cargo estivo o cemiterio cristián da vía Apia durante o pontificado de Ceferino, que leva o seu mesmo nome e que contén o sepulcro de santa Cecilia. Condenou o modalismo de Sabelio, heresiarca que negaba o dogma da Santísima Trindade e ao que excomungou. Despois de exercer o seu labor como papa encarcerárono. Finalmente, martirizárono: guindárono a un pozo cunha pedra (ou unha moa de muíño) ao pescozo na vía Aurelia. Represéntase na iconografía con indumentaria papal e levando como atributos a maqueta dun edificio (por ser construtor) e un pozo ou unha moa dun muíño, símbolo do seu martirio. Conmemorado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Traballou na BBC e no diario Correio da Manhã. Escribiu, entre outras obras, Assunção de Salviano (1954), Bar Don Juan (1971) e Reflexos do baile (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político inglés. Militante laborista e sindicalista, foi chanceler do exchequer (1964-1967) e líder do Labour Party (1976-1980). En 1976 sucedeu a J. Harold Wilson como primeiro ministro. O seu goberno estivo marcado pola recesión económica de 1973 e polas malas relacións cos sindicatos, causadas pola austeridade das súas medidas económicas. Dimitiu a causa da vitoria conservadora nas eleccións de 1979 que levaron ao poder a Margaret Thatcher. Substituíuno á fronte do partido laborista Michael M. Foot en 1980.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos serránidos ao que pertence o peixe papagaio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Biólogo. En 1984 ingresou na Xunta de Galicia desenvolvendo o seu labor profesional no ámbito da xestión e conservación dos recursos naturais. Coordinou os censos oficiais de aves acuáticas en Galicia dende 1987 ata 1997. É o representante galego no Comité Nacional de Humidais. Publicou diversos artigos sobre ecoloxía de vertebrados entre os que destacan: Primeros datos sobre la dieta de la nutria en aguas continentales de Galicia (1979) e Actividad del corzo en la sierra de los Ancares (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante, pintor e teórico da arte. Contrario ao vangardismo e ao realismo social, o seu modelo foron Ingres e os clásicos. En L’art i la revolució social (A arte e a revolución social, 1936) propugnou un realismo afastado de todo compromiso. En 1939 exiliouse a Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático e escritor. Tivo un papel destacado na preparación da Paz de Rijswijk (1697) e chegou a ser secretario de Luís XIV. Escribiu De la manière de négocier avec les souverains (Xeito de negociar cos soberanos, 1716), que se converteu nun modelo de tratado diplomático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta bretón. A súa poesía, de carácter místico-relixioso ou patriótico, está recollida no volume Ar en deulin (De xeonllos, 1921), que tivo unha grande influencia na poesía bretoa posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO