"Uri" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 983.

  • Presenza de cantidades excesivas de oxalatos, a miúdo cálcicos, nos ouriños. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • enterobiase.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos oxiúridos.

    2. Nematodo da familia dos oxiúridos.

    3. Familia de nematodos, da orde dos ascaroideos, de dimensións pequenas, que teñen os beizos atrofiados, o esófago ten bulbo terminal con válvulas e presentan as espículas reducidas. A esta familia pertence o xénero Enterobius. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo firmado o 12 de xaneiro de 1988 en Vitoria-Gasteiz por Alianza Popular, Centro Democrático y Social, Euskadiko Ezkerra, Partido Nacionalista Vasco e Partido Socialista de Euskadi-PSOE. Nos 17 puntos dos que consta, os asinantes rexeitaron o uso de violencia e fixaron a erradicación do terrorismo como obxectivo común fundamental da acción de todas as institucións e forzas políticas. Destacaron a figura do Estatuto de Gernika como marco xurídico que debe utilizar a sociedade vasca para acceder ao autogoberno e regular a sua convivencia pacífica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pagúridos.

    2. Crustáceo da familia dos pagúridos.

    3. Familia de crustáceos, da orde dos decápodos, que inclúe especies de 3 a 15 cm de lonxitude e co abdome sen cuberta quitinosa, polo que o protexen conservándoo dentro das cunchas baleiras de gasterópodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de crustáceos, da familia dos pagúridos, ao que pertence P. oculatus, un cangrexo ermitán de ata 4 cm, coa cuncha de cor parda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro rei de Asturias (710?-737). Cabaleiro da garda real de Vitiza e de Rodrigo, retivérono como refén os sarracenos en Córdoba e fuxiu a Asturias en 717. Refuxiado nas serras dos Picos de Europa, provocou a rebelión dos ástures, que o nomearon xefe (718), e derrotou os sarracenos na Batalla de Covadonga (722). Foi sucedido polo seu fillo Favila e a súa filla Ermesinda casou co futuro Afonso I de Asturias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora e decoradora. Coñecida como Pury del Palacio, as súas figuras, bodegóns e interiores amosan un debuxo firme e estilizado, con fortes contrastes cromáticos. Da súa obra destaca Nenúfares (1990) e Giovannas en negro (1996). Recibiu a primeira medalla do Salón de Otoño de Madrid (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos palinúridos.

    2. Crustáceo da familia dos palinúridos.

    3. Familia de crustáceos, da orde dos decápodos, que presentan o corpo de forma cilíndrica ou deprimida, cunha cuncha moi dura, o abdome forte e antenas espiñentas. O principal representante desta familia é a lagosta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Engrosamento anormal da pleura, secundario á persistencia de derramos pleurais sanguinolentos ou supurados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Hidrólogo e xeógrafo francés. Foi profesor na universidade en na escola de hidráulica de Grenoble. Foi considerado un dos grandes especialistas en hidroloxía. Estudou os réximes do Ródano, o Mississippi, o Garonne e ríos de Europa Oriental, ademais das cheas fluviais e as inundacións en diversas partes do mundo. Das súas obras destacan Fleuves et rivières (1933), Hydrologie fluviale (1943) e Sur la puissance des crues en diverses parties du monde (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parto que se produce de forma natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á muller que está de parto ou que acaba de parir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento para a conservación de alimentos, ideado por L. Pasteur, que consiste no seu quentamento a temperaturas variables (máis suaves ca na esterilización) durante un tempo determinado en función das temperaturas, e o inmediato arrefriamento. Así destrúense as formas vexetativas dos xermes patóxenos e dos xermes banais (de maneira que diminúe o número de xermes totais) e impídese a acción dos enzimas dos alimentos, de xeito que non sexan esenciais as modificacións sensoriais e nutritivas. Dado que non son esterilizados, os alimentos pasteurizados deben ser gardados en frío ou condicionados de maneira apropiada e sempre durante un tempo limitado. Pasteurízase a cervexa, o viño, os zumes de froita e, sobre todo, o leite e os derivados lácteos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de pasteurizar.

    2. Aplícase ao produto que, por medio dun tratamento térmico controlado, está exento de xermes patóxenos, sen ningunha modificación sensible da súa natureza e das calidades nutritivas, aínda que se debe conservar en frío e consumirse en pouco tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao aparato que serve para pasteurizar alimentos e que funciona como intercambiador de calor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Estudou xurisprudencia en Boloña e exerceu como xurista na Real Audiencia da Coruña. Presidiu o Consello de Castela. Foi bispo de Pati (Sicilia, 1568) e Córdoba (1582-1586), inquisidor en Sicilia, Sevilla e Toledo, e cóengo doutoral de Tui. Fundou o seminario conciliar de Sevilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no S da parroquia de Figueiras (Mondoñedo). O seu cumio acada os 620 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO