"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Que non se atén á xustiza nin á equidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actor que recolle a tradición dos mimos e pantomimos e que percorreu os camiños de Europa durante os séculos X e XI mantendo viva a vella tradición teatral grega e romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal de ácido iódico.

    2. Anión de fórmula IO 3 - , derivado do ácido iódico por perda de hidróxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de análise volumétrica que fai uso dunha solución graduada de iodato potásico, que é un oxidante relativamente forte e que ten calidades de patrón primario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal de ácido iodoso.

    2. Anión de fórmula IO 2 - , derivado do ácido iodoso por perda do hidróxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que significa ‘inmediatamente’, ‘no acto’. Na linguaxe xurídica significa ‘polo mesmo feito’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Loreto, Perú (334.013 h [estim 1998]). Situada na confluencia dos ríos Nanay e Marañón, é o principal centro urbano da Amazônia peruana. A súa economía baséase na explotación madeireira e petrolífera, así como no turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Guanajuato, México (440.134 h [2000]). É o centro dunha rexión agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Violante de Montferrato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pai da Igrexa e bispo de Lyon (178?-202?). Discípulo de san Policarpo, bispo de Esmirna, foi un dos principais teólogos do seu tempo. En Lyon foi ordenado sacerdote por san Potino e participou activamente nas disputas teolóxicas do seu tempo. Orientou a súa actividade para a evanxelización da Galia e para a loita contras as herexías; destacou fundamentalmente como polemista antiagnóstico e profundo coñecedor da tradición católica. Escribiu Adversus haereses. Na iconografía viste de pontifical; e leva como atributo persoal un facho aceso na man. Venerado como mártir, a súa festividade celébrase o 28 de xuño, aínda que antes da reforma do calendario litúrxico (1969) celebrábase o 3 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Autor neoclásico, da súa obra cómpre destacar Fábulas literarias (1782). Tamén escribiu teatro en verso e traduciu a Arte poética de Horacio (1777). Foi nomeado tradutor da secretaría de Estado (1771) e arquiveiro do Consello de   guerra (1776).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resección parcial do iris para tratar de abrirlle paso aos raios luminosos, iridectomía óptica, ou para diminuír a hipertensión ocular en inflamacións iridectomía antifloxística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula de forma elipsoidal que contén cristais de guanina ou uratos que reflicte a luz e provoca a iridescencia típica. Os iridocitos están presentes na pel dalgúns cefalópodos, peixes e réptiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está sen redimir, aplícase especialmente ao territorio ou ao pobo que unha nación pretende anexionar ou recuperar por razóns históricas, de lingua, etnia, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a quen carece de resolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que permanece inmóbil ou dereito sen poder dobrarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Publicou A History of New York (1809), co pseudónimo de Dietrich Knickerbocker; e Conquest of Granada (1829), Companions of Columbus (1831), The Alhambra Tales (1832), a súa obra máis famosa, e Washington (1855-1859). Foi embaixador en Madrid (1842-1846).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Madrigal de las Altas Torres 1451 - Medina del Campo 1504) Raíña de Castela e León (1474-1504), filla de Xoán II de Castela e Isabel de Portugal. Aínda que a sucesión non lle correspondía (a herdeira era Xoana a Beltranexa), foi empregada durante a guerra civil por un dos bandos nobiliarios, que conseguiu que fose recoñecida herdeira no Tratado dos Toros de Guisando e proclamada raíña ao morrer Enrique IV. En 1469 casou con Fernando de Aragón; cando este se converteu en monarca de Aragón, Fernando II, produciuse a unión dinástica das dúas coroas pero non a política ( Reis Católicos). Co sostemento do seu home, reduciu con dureza os sectores hostís da nobreza castelá, andaluza e galega e puido empezar a conquista do Reino de Granada (1481-1492), que puxo fin á presenza musulmana. Iniciou unha política de prestixio da monarquía, coa abolición dos privilexios outorgados por Enrique IV á nobreza (1480), e realizou unha segunda reforma administrativa coa estruturación do Consello Real,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produto que resulta da hidrólise alcalina da isatina.

    VER O DETALLE DO TERMO