"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

    1. Que depende das circunstancias.

    2. complemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Referir todas as circunstancias dun feito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se denominaba en Brasil á República Oriental del Uruguay durante o período en que estivo baixo o seu dominio (1821-1828). A expedición dos Treinta y tres orientales, liderada por Lavalleja, separou esta provincia de Brasil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación subtitulada “Diario político de la mañana” que saíu na Coruña a finais de 1800. Dividíase nos apartados “Sección Oficial”, “Sección Editorial”, “Actualidades”, “Noticias de Galicia” e “Variedades”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario de tendencia política que se editou dende 1855 ata 1856 na cidade da Coruña co subtítulo de “Eco político de sus cuatro provincias”. Benito Vicetto dirixiu esta publicación, que foi unha das impulsoras do rexionalismo galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario que se publicou dende o ano 1886 na cidade de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do ceo limpo de nubes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de clarividente.

    2. Facultade paranormal que consiste na percepción extrasensorial de obxectos ou de feitos pasados ou futuros. Diferénciase da telepatía no feito de que non implica un axente emisor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. irtude que modera o rigor da xustiza á hora de castigar e que é indulxente coas culpas alleas.

    2. Clima suave e morno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade ou estado de crego.

    2. Conxunto de clérigos ou estamento eclesiástico ao que pertencen as persoas que recibiron as ordes sagradas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Propensión das cousas a unirse.

    2. concrescencia.

    3. Disposición dos cloroplastos en forma agrupada como consecuencia da acción prolongada de luz directa.

    4. Cambio fonolóxico que afecta á contracción de dúas vocais veciñas que se converten nunha soa. Por exemplo, a monotongación: OE > e (lat POENA > pena), AE > ɛ (lat CAELU > ceo), etc.

    5. Unión de dúas pingas de auga nunha soa ou de dúas masas de aire húmido nunha soa.

    6. Fenómeno polo que as gotas dun líquido disperso noutro non miscible ou nun gas, tenden a unirse entre elas para formar agregados de maiores dimensións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome da terceira estancia do Devoniano inferior que se corresponde co Emsiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Coblenciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e empresario. Iniciou a súa andaina política no ano 1969 como presidente do sindicato mixto local de actuacións diversas. En 1971 foi elixido concelleiro en Ribadeo polo terzo sindical, cargos que renovou democraticamente na candidatura de Coalición Democrática. Foi parlamentario, pola circunscrición de Lugo, na primeira e na segunda lexislatura galega polo Partido Popular. Foi tamén tenente de alcalde e alcalde da súa vila natal. Director da Caixa Rural de Lugo en Ribadeo, é membro da confederación de empresarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Participación de varias persoas na preparación e execución dun mesmo acto delitivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cancioneiro do s XIII conservado na Biblioteca Nazionale Centrale de Florencia (B. R. 20, antes II, I, 213), que contén parte das Cantigas de Santa María. Polas súas características xerais (letra, adornos e miniaturas), parece que é unha continuación de T, escrito no mesmo obradoiro. Está formado por 131 folios de pergamiño de 456 x 320 mm, aínda que o encadernador cortou bastante as páxinas e a numeración (en caracteres romanos) das mesmas. Pódese deducir que faltan moitos folios (posiblemente 50) do que debeu ser o códice orixinal, que foi concibido para albergar os dous últimos centos de cantigas. Escrito con letra gótica francesa, alternando a tinta negra e encarnada, como en T, a dúas columnas (ás veces a tres ou incluso a unha), quedou incompleto, tanto no que respecta ao número de composicións que debería conter, coma na notación musical e na ilustración dos textos, de xeito que só transmite 104 cantigas (das que catro proceden de TO e 100 son novas); a notación musical...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desexo moi grande dalgunha cousa.

    2. Desexo de ter ou gozar os bens alleos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ter cobiza de algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno xenético que se dá nalgúns heterocigotos que consiste na manifestación fenotípica simultánea dos caracteres dados por dous alelos. Un exemplo son os individuos co grupo sanguíneo AB, nos que se manifesta o alelo A e o alelo B.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cooperación de dúas ou máis causas para lograr un mesmo efecto.

    VER O DETALLE DO TERMO