"Cis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1012.

  • Ideoloxía político-relixiosa que existiu en España durante o Franquismo, mediante a que a Igrexa admitía como lexítimo o réxime do xeneral F. Franco a cambio de que este acollera a doutrina católica como identificadora da sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Amor dirixido cara ao propio eu ou ao ideal do eu. Orixinariamente dáse nas primeiras fases libidinosas, coñecido como narcisismo primario. O narcisismo secundario forma parte das enfermidades psiquiátricas como a esquizofrenia e a paranoia. Un certo grao de narcisismo forma parte necesariamente da personalidade.

    2. Satisfacción ou admiración excesiva dun mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao narcisismo.

    2. Que ou quen está afectado de narcisismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome común co que se coñecen as plantas do xénero Narcissus.

    2. Flor desta planta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se comprace na contemplación de si mesma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe da mitoloxía grega, fillo de Cefiso e da ninfa Liriope. Insensible ao amor das ninfas que o querían, entre elas Eco, namorouse da súa propia imaxe reflectida nunha fonte e transformouse na flor que leva o seu nome. Este mito foi contado por Ovidio nas Metamorfoses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Liberto do Emperador Claudio I. Recibiu do emperador o encargo de dirixir a burocracia imperial (libertus ab epistulis). Desfixo a conxuración de Valeria Mesalina no ano 48. Odiado por Agripina, suicidouse   tras a morte de Claudio I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Xerusalén. Presidiu un concilio en que se decidiu que a Pascua tiña que celebrarse sempre en domingo. A súa festividade celébrase o 29 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - Girona 18.3.307?) Bispo de Girona. Fuxiu da súa diocese durante a persecución de Diocleciano e refuxiouse en Augsburgo, na casa da cortesá Afra, a quen converteu. Nesa cidade tamén consagrou a san Denís como bispo. De volta en Girona, morreu martirizado xunto co seu diácono Fiz. A súa festividade celébrase o 18 de marzo e o 29 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do nome persoal grego Νάρχισσος, derivado do idéntico nome común grego da planta, que se remonta por etimoloxía popular a νάρκη ‘sopor, preguiza’. Do grego pasou ao latín como Narcissus, nome frecuente de escravos, libertos e cristiáns da época imperial. Levan este nome san Narciso, bispo de Xerusalén, que se celebra o 29 de outubro, e san Narciso, bispo de Girona, que se celebra o 18 de marzo e o 29 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas bulbosas, da familia das amarilidáceas, de follas radicais cintiformes ou lineais, flores con periantio formado por seis pezas, de cor branca ou amarela, solitarias ou en pequenos ramalletes e de froitos capsulares. Comprenden unha trintena de especies, propias de rexións temperás paleárticas, moitas delas cultivadas en xardinaría. Algunhas das máis representativas, presentes en Galicia, son N. Pseudonarcissus (narciso de montaña), que medra en prados de montaña en toda Galicia; N. pseudonarcissus (narciso trompón), que medra en zonas frescas (beiras de ríos e sotobosques), e N. cyclamineus, especie endémica de Galicia e N de Portugal que florece á beira dos ríos e regatos entre febreiro e abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e sacerdote. Coñecido como Elísio Filinto, considérase un poeta prerromántico debido á simpatía que sentía pola Ilustración. Purista da lingua e poeta arcádico, realizou traducións de autores latinos e franceses, cultivou a sátira e escribiu epigramas e espístolas. A súa obra máis destacada é Da Arte Poética Portuguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e físico. Exerceu no Real Hospital de Ferrol onde practicou a cirurxía e a disección anatómica. Viaxou a cidades europeas como París ou Londres para poder coñecer novas técnicas de física experimental. Foi o primeiro catedrático galego en introducir aires ilustrados europeos na universidade galega. Tratou de impartir a materia de física experimental a pesar do rexeitamento e a oposición dos seus colegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano urticante que se atopa nas células epiteliais dos cnidarios, formado por unha cápsula e un filamento envolvido dentro dela. Cando o nematociste é estimulado, o filamento desenvólvose e clávase, inxectando a toxina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento estético de base intelectual orixinado polo desgaste das fórmulas do Barroco final, ou o esgotamento da súa capacidade creadora na segunda metade do s XVIII. Influíron na súa aparición as descubertas arqueolóxicas en Pompeia e Herculano, as aplicacións das doutrinas académicas e a difusión de novas tendencias políticas opostas ao principio monárquico tradicional. Foi un movemento de curta duración que se estendeu por toda Europa e chegou a América. Teóricos como J. J. Winckelmann e A. C. Quatremère de Quincy, pintores como A. R. Mengs e J.-L. David, escultores como A. Canova e B. Thorvaldsen, e arquitectos como Ch. Percier, P.-F.-L. Fontaine e K. F. Schinkel, activos nos derradeiros anos do s XVIII e o primeiro cuarto do s XIX, son os representantes máis destacados desta tendencia. As súas obras amosan o predominio das formas e os temas derivados do clasicismo helénico e a preferencia pola liña e o debuxo sobre a cor. Na Península Ibérica sobresaíron o arquitecto Juan de Villanueva...

    2. Corrente arquitectónica do s XX representada no comezo por P. Behrens, A. Loos e L. Mies van der Rohe, formados aínda na normativa neoclásica que utilizaron nas súas primeiras obras. Despois abandonaron o repertorio formal clásico, pero continuaron coa mesma orde e disciplina compositivas. Philip Johnson, desde 1949, e Louis Kahn favoreceron o uso de elementos neoclasicistas na arquitectura estadounidense.

    3. Movemento musical desenvolvido entre 1918 e 1939. Consistiu nun retorno á denominada música barroca e clásica, e unha reacción ao subxectivismo posromántico. Destacan a volta de formas como a suite, o concerto grosso, a tocata e o ricercare. Os músicos máis notables adscritos a este movemento nalgunha etapa da súa creación son B. Bartok, M. Ravel, A. Honegger e I. F. Stravinskij.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • neokantismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao neocriticismo.

    2. Partidario ou seguidor do neocriticismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento ideolóxico e político baseado nos principios do fascismo. O núcleo inicial e máis importante radica en Italia, co Movimento Sociale Italiano (MSI), que, xunto co neonazismo, foi o inspirador de pequenos grupos de extrema dereita do mundo occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao neofascismo.

    2. Seguidor ou partidario do neofascismo.

    VER O DETALLE DO TERMO