"ROM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1150.
-
-
Relativo ou pertencente ao palíndromo.
-
Frase ou palabra que se le igual de esquerda a dereita ca de dereita a esquerda. Un exemplo de palabra palíndroma é anilina, e de sintagma palíndromo, A torre da derrotA.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a emulsión fotográfica sensible a todas as cores do espectro e que, polo tanto, ten que ser manipulada e revelada na escuridade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Templo dedicado a todos os deuses construído por Agripa no Campo de Marte en Roma. Foi destruído por un incendio (80) e restaurado por Domiciano; posteriormente, en 110, foi novamente destruído e Adriano, Setimio Severo e Caracalla reedificárono. Consta dun corpo cilíndrico precedido por un pórtico, que está sostido por columnas corintias monolíticas dispostas de xeito que limitan tres naves: na central ábrese a porta e as laterais rematan en nichos que acollían as estatuas de Augusto e Adriano. O espazo circular cóbrese cunha cúpula semiesférica perfecta pois a súa altura e o seu diámetro son iguais (43,30 m). Érguese sobre unha estrutura interior de arcos de descarga. O interior está casetonado e ten un óculo central de 9 m de diámetro. Os muros están organizados en sete nichos alternando con oito edículos, que estaban ocupados por estatuas dos deuses. No ano 609 consagrouse como igrexa cristiá dedicada á Virxe e aos mártires (Sancta Maria ad Martyres), e sufriu varias innovacións...
-
GALICIA
Escritor. Da súa produción destacan Breve compendio de los varones ilustres de Galicia, nativos y próximos originarios, esclarecidos en virtudes, literatura y dignidades eclesiásticas, con algunas cortas relaciones de sucesos particulares (1887), Colección de refranes sueltos recogidos de varios autores, desde el año de 1771 hasta el de 1780, en todo 6.243 refranes e Gallegos ilustres en armas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pianista e compositor. Estudou piano e harmonía en Vigo e, en 1946, trasladouse a Madrid para continuar os estudos musicais no Real Conservatorio. Despois comezou unha serie de concertos en solitario que, a partir de 1960, realizou acompañado dun grupo de música lixeira. En 1973 conseguiu unha praza como profesor de piano no Conservatorio de Varkaus e, posteriormente, exerceu a docencia noutros conservatorios finlandeses, como o de Kokkola e o de Joensuu. Das súas composicións destacan Suite Antigua, Fanfari e os ciclos sobre Cantares Gallegos e Follas Novas. Recibiu o Primeiro Premio de Piano do Real Conservatorio de Madrid (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antibiótico que pertence á familia dos aminoglicosídicos e que foi illado de diferentes cepas de Streptomyces sp. A súa toxicidade é moi alta, polo que se limita a súa aplicación ao uso local. Absórbese moi pouco por vía oral e emprégase en forma de sulfato para o tratamento de amebiases intestinais.
-
GALICIA
Sindicalista. De ideario republicano federal, foi un dos principais alicerces do obreirismo en Santiago de Compostela ata a Ditadura de Primo de Rivera. En 1916 presidiu a Federación de Sociedades Obreiras e Agrícolas de Santiago de Compostela. Detido e encadeado no castelo de Santo Antón (1917), dirixiu o semanario Lucha Social ata 1920, ano en que a incorporación dos principais sindicatos composteláns á CNT provocou o seu afastamento progresivo do obreirismo militante. Formou parte da Federación Republicana Gallega e foi perseguido durante o Franquismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aberración cromosómica numérica que consiste na trisomía autosómica do cromosoma 13. Presenta uns 30 signos, como o atraso mental, malformacións auriculares, microcefalia, microoftalmia, polidactilia, unllas hiperconvexas e anomalías viscerais, dos xenitais e dos dermatoglifos. Presenta unha incidencia de 1/10.000 neonatos vivos. Denomínase tamén trisomía 13 e trisomía D.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional impulsada desde Suíza, España e Países Baixos que agrupa a estudantes e intelectuais católicos con vista á difusión da mensaxe cristiá. Orixinouse nas reunións de estudantes promovidas por G. de Montenach e A. de Mun (1887). A fundación oficial tivo lugar en Friburgo (Suíza) en 1921, co nome de Asociacións Nacionais dos Universitarios Católicos. Foi continuadora da Auxilium Studiorum, que axudara aos estudantes católicos vítimas da Primeira Guerra Mundial (1914-1918), e organizouse, en 1946, en dúas ramas autónomas: Movemento Internacional dos Estudantes Católicos (MIEC) e Movemento Internacional dos Intelectuais Católicos (MIIC).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Síndrome caracterizada por un desenvolvemento precoz dos xenitais externos, con crecemento anormal dos ósos longos e signos de hidrocefalia interna, a causa dunha lesión da epífise.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que serve para medir a dureza dun produto bituminoso mediante o ensaio da penetración.
-
GALICIA
Médico e crítico de arte. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1956), ampliou estudos en Madrid e París e especializouse en anatomía patolóxica e análises clínicas. Vinculado desde moi novo á arte e á cultura, foi membro fundador do colectivo Atlántica, promotor e dinamizador das citas Bayona Horizonte Atlántico, comisario de múltiples exposicións, director da sección de arte da revista Galicia Moda (1985-1992) e editor de Futura (1987-1988), director da colección Aguatinta e editor de carpetas de gravados. Foi asesor de diversas institucións, director dos Museos do Real Club Celta de Vigo, membro do Patronato do Museo Municipal Quiñones de León de Vigo, asesor do grupo que puxo en marcha a Mostra Unión Fenosa e presidente da Asociación de Críticos de Arte de Galicia. Colaborador en diversos medios e publicacións, publicou A batalla de Rande (2002). Recibiu a medalla de honra da Mostra Unión Fenosa (2001) e a Llave do Museo Massó.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director teatral e tradutor. Colaborador de Casahamlet e La Voz de Galicia, foi director da colección de teatro da editorial Pico Sacro (1975-1977). Dirixiu Romance de Micomicón e Adhelala (1973), de Blanco-Amor para o Grupo Teatral Rosalía; e Ernest (1982) e O montapratos (1983) para a Escola Dramática Galega. Traduciu ao galego obras de autores clásicos, como Ernest: comedia frívola para xente seria (1999), de Oscar Wilde; O asasinato de Roger Ackroyd (2001), de Agatha Christie; e Hamlet (1993) e nun só volume Romeo e Xulieta/ O rei Lear (2003), de William Shakespeare. Recibiu o I Premio de Investigación Teatral da Universidade de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Galería ou espazo aberto que serve para pasear ao redor dun edificio, en especial dun templo grego ou romano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obradoiros tipográficos que funcionaron en Mondoñedo a partir de 1859, xestionados por Manuel Perrote e Constantino Romero, tras a adquisición dos obradoiros de Benito Pérez Mon por parte de Perrote. Editaron Guía Legislativa (1859), de Pico de Coaña.
-
PERSOEIRO
Político e xurista francés. De ideas reformistas, foi deputado nos Estados Xerais (1789) e loitou pola liberación das clases baixas. Disolta a Asemblea Nacional, foi alcalde de París (1791) e primeiro presidente da Convención Nacional (1792). Unido aos xirondinos e membro do Comité da Saúde Pública, atacou a Robespierre (1793) e foi proscrito.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos petromizóntidos.
-
Peixe ciclóstomo da familia dos petromizóntidos.
-
Familia de peixes, da clase dos ciclóstomos de corpo longo e cilíndrico e cola comprimida. É o grupo máis numeroso e difundido dos agnatos actuais. A presenza do embude bucal permítelles nutrirse e fixarse sobre as pedras. Algunhas especies son de auga doce, pero hai tamén outras que, nacidas nos ríos, se trasladan ao mar e volven á auga doce para reproducirse. En Galicia dáse a especie Petromyzon marinus, que pode chegar aos 70 cm de longo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes ciclóstomos, da familia dos petromizónidos, que presentan o corpo alongado e cilíndrico e a boca en forma de embude provista de numerosos dentes córneos. A especie que se dá en Galicia, P. marinus, vive no mar pero reprodúcese no río.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polipose intestinal con manchas melánicas de distribución labial, facial e dixital.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos trogoniformes, ao que pertence o quetzal.