"Rei" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1485.

  • Revista editada en Madrid a partir de 1989. Subtitulouse “Revista de la Asociación de Restaurantes Gallegos” e nela estaban representados os establecementos hostaleiros de distintas cidades españolas, europeas e americanas. Dirixida por Manuel Méndez Sanjurjo, ao longo de diversas seccións tratábanse temas relacionados coa cociña galega (recetas, viños e produtos galegos). Incluíu ademais artigos sobre aspectos da etnografía galega e entrevistas a persoas da vida pública de dentro e de fóra de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar onde hai moitas pedras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non lle gusta saír moito da casa.

    2. Pao longo que se utiliza para colgar os chourizos e que se coloca preto da lareira.

    3. larexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Ingresou como leigo no mosteiro bieito de San Martiño Pinario en 1674, onde sucedeu ao seu mestre, frei Tomé Alonso, como mestre de obras. Concluíu a tribuna do coro alto da igrexa (1686-1689), continuou as obras do claustro procesional, edificou a nova sancristía (1694-1697), deseñou a fachada principal do mosteiro (1697) e realizou a portería e a escaleira abacial (1700). Proxectou as igrexas dos mosteiros de San Xoán de Poio (1688) e de San Paio de Antealtares (1699), realizou traballos de reforma e restauración das bóvedas da igrexa das Orfas (1698) e da capela do Rosario de San Domingos de Bonaval (1703), e das dependencias dos mosteiros de Santa Clara (1693) e de Santa María de Belvís (1704), onde tamén trazou a fachada da portería, o camarín da Virxe do Portal e, posiblemente, a súa capela (1694). Na catedral compostelá deseñou o sagrario e o expositor do altar maior. En competencia con Domingos de Andrade e Alonso González traballou no proxecto de ampliación do colexio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Zoólogo francés. Ordenado como sacerdote en 1786, foi sentenciado a ser deportado a Cayenne despois da Revolución. Gracias á intercesión de Jean-Baptiste Bory de Saint-Vincent foi amnistiado e salvouse da morte porque o barco ao que estaba destinado afundiu. En 1796, logo de pagar a publicación da súa primeira obra de zooloxía, Précis des acto de automovilères généraux des Insectes, entrou no Musée National d’Histoire Naturelle de París onde sucede a Lamarck como profesor de zooloxía (1820). Foi o primeiro en aplicar o método natural na clasificación dos insectos. Entre as súas obras destacan Histoire naturelle Générale et particulière des Crustacés et des Insectes (1802-1805) de 14 tomos e Genera Crustaceorum et Insectorum (1806-1809) de 4 tomos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Foi profesor de ensino medio e colaborador de diversos medios de comunicación. Da súa obra destacan as traducións das obras Billy Budd (1983), de H. Melville, The Turn of the Screw, de H. James, The Portrait of the Artist as a Young Dog (1992), de D. Thomas, e Wuthering Heights, de E. Brontë. Ademais, é autor dos dramas Sete contos do raposo (1968) e O fío do mal (1970); e das novelas Loita e morte (1986) e Semente de onte (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Casa de Naia (Antas de Ulla). O seu cumio acada os 513 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monterroso baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema montañoso limítrofe con Portugal que se estende polos concellos de Verea e Lobeira. A máxima altitude atópase no pico Codesal, que acada os 1.324 m. Nos seus montes destaca a presenza dun conxunto de mámoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, unha nogueira de sinople, afroitada de goles, e terrazado de sinople.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arquitecta e escritora. É autora de El Balneario, la ciudad ensimismada (1994), A vida nos balnearios de Galicia (1996) e Vigo, puerto y destino: atlas urbanístico de Vigo (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENCORO

    Pantano que se creou coa construción dunha presa sobre o leito do río Mao, situado na conca do Sil, no concello de Montederramo. Conta cunha praia fluvial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Melide baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Seco en Leboreiro (Melide). Trátase dunha ponte de cantería do s XIII cun só van. Está situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aplícase ao can de caza que se caracteriza pola forma esvelta, os membro longos e o volume reducido da caixa cranial. As razas principais son a afgana, a rusa (borzoi), a inglesa (whippet), a persa, a italiana (greyhound) e a eivisenca (lebrel ibicenco).

      2. Aplícase a calquera can apto para cazar lebres e coellos.

    1. Figura que representa o lebreiro, que é case o único can que se representa en heráldica. Leva xeralmente un colar, do que destaca o esmalte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constelación boreal situada entre a de Osa Maior e Cabeleira de Berenice. O seu astro principal, á-Canum veaticorum denominado tamén Cor Caroli, é un sistema binario situado a unha distancia de 130 anos luz. Contén un gran número de galaxias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Vilafiz (Friol). O seu cumio acada os 645 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Curra (A Veiga). O seu cumio acada os 1.198 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei que naceu como unha norma necesaria para desenvolver harmonicamente os principios da Constitución de 1978 en materia de educación, pero tamén como unha obriga lexislativa necesaria para a converxencia europea. Rodeada dunha gran polémica e de críticas por parte de grupos conservadores e da Igrexa Católica, foi protestada cunha manifestación sen precedentes e recorrida ao Tribunal Constitucional. De aí o atraso na súa aplicación porque, se ben foi aprobada no Parlamento en 1984, non foi sancionada ata o 3 de xullo de 1985. Garantiu, por vía lexislativa, o pluralismo educativo e unhas cotas máis reais de equidade neste ámbito. Supuxo o recoñecemento oficial dunha realidade evidente: a existencia dunha dobre rede pública e privada de centros escolares. Tres foron as características coas que se definiu: 1) a financiación con fondos públicos da práctica totalidade dos centros escolares de ensino obrigatorio e, ao mesmo tempo, o control democrático desa financiación; 2) a promoción dun ensino...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro que puido estar situado en Monforte de Lemos. Documéntase nunha doazón da condesa Elvira á Igrexa de Santiago (1108).

    VER O DETALLE DO TERMO