"Vic" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 942.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilamartín de Valdeorras baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Paradela baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Begonte baixo a advocación san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Mondoñedo baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Grove baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado insular de América Central, situado nas Pequenas Antillas, no Mar Caribe, formado pola illa de San Vicente e as illas setentrionais do arquipélago das Granadinas. Está situado ao S de Santa Lucía, ao N de Granada e ao O de Barbados (389 km2; 116.000 h [estim 2001]). A súa capital é Kingstown.
    Xeografía
    O territorio está distribuído entre a illa de San Vicente (345 km2) e o sector setentrional do arquipélago das Granadinas, do que destacan as illas Bequia, Baliceaux, Canouan, Mustique, Mayreau, Quatre, Savan e Unión. De orixe volcánica, San Vincente é moi montañosa (Soufrière, 1.234 m). O clima é tropical marítimo con temperaturas agradables aínda que os furacáns son frecuentes. A agricultura ten un papel destacado, con cultivos de bananas, cocos, mangos, cítricos e outras froitas tropicais, complementada co gando ovino, porcino e bovino. San Vicente é un gran produtor mundial de arrurruz, tubérculo rico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da península do Grove situada na parroquia de San Vicente do Grove (O Grove).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar e capital do concello da Baña situada na parroquia homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilasantar baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sarria baixo a advocación de san Vicenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista. Profesional desde 1985, foi número un do tenis feminino mundial entre febreiro e xuño de 1995, e mantívose entre as 10 primeiras entre 1989 e 2001. Foi campioa de Roland Garros en 1989, 1994 e 1998, e do US Open en 1994. Membro do equipo español da Copa Federación (1986-1998, 2000-2002), gañou o torneo en 1991, 1992, 1994, 1995 e 1998. Participou nos Xogos Olímpicos de Seúl 1988, en Barcelona 1992 -medalla de bronce individual e a medalla de prata en dobres con C. Martínez-, en Atlanta 1996 - medalla de prata individual e a de bronce en dobres con C. Martínez-, e en Sydney 2000. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de los Deportes (1998) e a Gran Cruz de la Orden del Mérito Deportivo (2001). Retirouse en 2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista. Foi o primeiro español clasificado entre os dez primeiros da ATP (7º en 1990) e acadou o número 1 en dobres en 1989. Gañou 15 títulos individuais e, formando parella con Sergio Casal, 44 títulos de dobres. Foi campión de Roland Garros en dobres (1988 e 1990) e dobres mixtos (1987), e do US Open en dobres (1988) e dobres mixtos (1987). Retirouse en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Traballou na recuperación do asturiano. En 1985 fundou o Partíu Asturianista (PAS), polo que foi deputado no Parlamento asturiano. Das súas obras destacan Camín de Señardaes, Antoloxía poética (1980), Poemas de Xixón (1981), Cuentos de llingua afilada (1984), La muerte amiya de nueche (1984), El Pelayu (1985), Lluna Llena (1990),...Y de llastientes picos (1999), Los dioses derrotaus (2000), As de corazon y es (2001), Refraneru asturianu (2002) e Litora cantabrica (2004). É membro numerario da Academia de la Llingua Asturiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (7.008 h [2001]). As principais actividades son a industria téxtil, a metalúrxica, a de materiais para a construción, a papeleira e os serradoiros de madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (3.847 h [2001]). Os cultivos atópanse en decadencia fronte á crecente función do municipio como lugar de segunda residencia e veraneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (1.806 h [2001]). Desde o s XIX as actividades agrícolas foron desprazadas polas industrias téxtiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (24.694 h [2001]). Ten industrias do sector siderometalúrxico, de materiais da construción, téxtil, da construción, de papel e das artes gráficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (39.666 h [2001]). A súa economía baséase no sector terciario e nas industrias do cemento, dos materiais de construción, da alimentación e da confección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Catasós (Lalín). O seu cumio acada os 625 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de Cabo Verde (207 km2; 41.792 h [1980]). A poboación concéntrase nas cidades de Porto Grande e Mindelo.

    VER O DETALLE DO TERMO