"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno polo que a presenza dun campo magnético H atravesando un condutor sometido a un gradiente de temperatura 6T modifica a súa condutividade térmica ó.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Coñecido como Christopher Lee, Terence Fisher converteuno en protagonista das novas versións de Frankenstein (1957) e Drácula (1958). Dentro do cine fantástico interpretou outros personaxes clásicos como The Mummy, Sherlock Holmes ou Rasputin. Da súa filmografía destacan The face of Fu Manchu (1965), Caravans (1978), Mask of Murder (1985), Ivanhoe (1997), Star Wars: Episode II- Attack of the Clones (2002) e The Lord of the Rings (triloxía, 2001-2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Coñecido como Spike Lee, a partir de 1986 erixiuse en xefe da denuncia das confrontacións raciais emprendida por unha nova xeración de cineastas negros. Realizou os filmes She’s Gotta Have It (1986), Mo’Better Blues (1990), Jungle Fever (1991), Malcom X (1992), Come Rain or Come Shine (2001) e 25th Hour (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor neerlandés. Foi alumno de O. Mesiaen e interesouse pola etnomusicoloxía, materia da que foi profesor na universidade de Amsterdam. As súas obras mostran a influencia da música oriental, que combina con técnicas seriais e estatísticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Óptico e naturalista neerlandés. Autodidacta, moi ben dotado para as ciencias da observación, fixo numerosos descubrimentos sobre infusorios, bacterias, glóbulos do sangue, espermatozoides e pezas bucais de insectos, utilizando microscopios dunha soa lente, que el mesmo construía. En 1722 acabou de publicar a súa Opera omnia, formada por 400 comunicacións que enviara á Royal Society e á Académie des Sciences.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que nunha partitura sinala que a execución dunha liña melódica ou dunha frase musical ten que ser continua. Indícase cunha liña cóncava ou convexa chamada ligadura.
-
GALICIA
Pintora. Diplomada en Maxisterio, formouse na Escola de Artes e Oficios de Ourense. Despois dunha primeira etapa expresionista, interesouse pola pintura espontánea e imaxinativa dos nenos e a súa inxenuidade, converténdose nunha das representantes da pintura naif. As súas obras caracterízanse pola precisión do debuxo, de carácter caligráfico, e cores planas e contrastadas. Creou paisaxes e interiores ideais onde se sitúan personaxes vestidos con ropaxes barrocas ou románticas. As súas composicións teñen unha deliberada carga literaria. Destacan, entre outras, Familia do paxariño (1982), Neno con can (1987) Nai, pai e filla das mazás (1996) e a serie Virxes. Ten obra en museos de arte naif de Francia, Italia e Portugal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista e poeta finlandés. Dun estilo neorromántico e pesimista, pasou ao realismo burlesco, con influencias de Rabelais, ata un derradeiro período de criterios naturalistas. Putkinotko (O auxe dos malos veráns, 1919-1920) é a súa obra mestra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Reforma electoral publicada o 28 de decembro de 1878 pola que se volveu ao sufraxio censatario, reservando o voto aos varóns maiores de 25 anos que contribuísen cunha cota mínima ao tesouro público e ás persoas con certas titulacións académicas. Estableceu como unidades electorais unha maioría de distritos uninominais rurais e un reducido número de distritos plurinominais, e limitou o número de electores a 847.000 individuos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei electoral publicada o 8 de agosto de 1907 e que estivo en vigor ata o Franquismo. Destaca o artículo 29 que establecía a proclamación automática en cada circunscrición en que existise un único candidato sen necesidade de efectuar a elección.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei que naceu como unha norma necesaria para desenvolver harmonicamente os principios da Constitución de 1978 en materia de educación, pero tamén como unha obriga lexislativa necesaria para a converxencia europea. Rodeada dunha gran polémica e de críticas por parte de grupos conservadores e da Igrexa Católica, foi protestada cunha manifestación sen precedentes e recorrida ao Tribunal Constitucional. De aí o atraso na súa aplicación porque, se ben foi aprobada no Parlamento en 1984, non foi sancionada ata o 3 de xullo de 1985. Garantiu, por vía lexislativa, o pluralismo educativo e unhas cotas máis reais de equidade neste ámbito. Supuxo o recoñecemento oficial dunha realidade evidente: a existencia dunha dobre rede pública e privada de centros escolares. Tres foron as características coas que se definiu: 1) a financiación con fondos públicos da práctica totalidade dos centros escolares de ensino obrigatorio e, ao mesmo tempo, o control democrático desa financiación; 2) a promoción dun ensino...
-
PERSOEIRO
Pintor inglés. Foi o prototipo do academicismo inglés e, influído polo prerrafaelismo, reflectiu temas clásicos con ampulosa concepción e pincelada minuciosa. Das súas obras destacan La Madonna de Cimabue.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Moble que se emprega para descansar e durmir.
-
Calquera lugar sobre o que se dorme.
-
Base sobre a que se coloca algo.
-
Fondo do mar, dun río ou dun lago.
-
álveo.
-
Parte do carro destinada a levar a carga.
-
-
Capa de materiais dos cimentos dunha construción que se dispoñen a maior profundidade.
-
Cara estendida de calquera material que serve de asento a outro.
-
Cara dun perpiaño ou ladrillo sobre a que se sitúa a fileira superior.
-
...
-
-
-
-
Cría do porco que aínda mama ou que vén de deixar de mamar hai pouco tempo.
-
Mazaroca de millo que aínda está verde e bota un líquido abrancazado semellante á cor do leite.
-
-
-
Que ten o aspecto ou as propiedades do leite.
-
Que ten a mesma cor do leite.
-
Que desprende látex.
-
-
PERSOEIRO
Militar. Despois do fracaso da campaña de Provenza (1524), detivo a acometida do exército francés cunha habilísima defensa de Pavia, entre outubro de 1524 e febreiro de 1525, ata que o exército imperial, reorganizado, atacou e derrotou os franceses.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor francés. Coñecido como Frédérick Lemaître, comezou a súa carreira nos teatros de variedades, onde participaba nos máis diversos espectáculos. Despois de tres anos no Odéon, onde representou papeis menores, en 1924 participou na posta en escena do melodarama L’Auberge des Adrets no Théâtre de l’ Ambigu. Coa chegada do drama romántico realizou diversos espectáculos nos teatros Odéon, Porte-Saint-Martín, Ambigu, Folies Dramatiques e Varietés, particularmente con obras de Victor Hugo e Dumas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso dominicano. Catedrático de Teoloxía na Universidad de Valladolid, foi predicador de misións en Castela e Galicia e profesor en diversos conventos dominicanos. Centrouse nos debates teolóxicos sobre a predestinación e a graza e foi comisionado para acudir a Roma a defender as teses dominicanas fronte ás xesuítas na Congregación de Auxiliis (1598). Foi consultor xeral do Santo Oficio e confesor privado e mestre do Sacro Palacio en Roma. Destaca a súa obra Panoplia Gratiae.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico, compositor e cantante inglés. Formou xunto con Paul McCartney o grupo de The Quarrymen, que en 1956 se converteu en The Beatles ao entrar en contacto con George Harrison e Ringo Starr. Con The Beatles editou varios discos e fixo varias películas, como Yelow Submarine (1969). Despois da separación do grupo comezou a súa carreira en solitario na que destaca a gravación de Imagine (1971), Double Fantasy (1980), a colaboración con David Bowie en “Fame” e o musical Oh Calcutta. A súa personalidade converteuse nun dos símbolos principais da contracultura do s XX.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
pencado.