"ARE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1669.
-
PERSOEIRO
Poeta. Iniciador da literatura dialectal napolitana, enmarcou as súas obras nun ambiente popular e realista. Escribiu La Vaiasseide (1615), Mico Passaro ‘nnammurato (1621), Viaggio di Parnasso (1621) e Delli travagliuse amure di Ciullo e Perna (1621).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e dramaturgo. É autor dunha extensa produción dramática que se constitúe ao redor da idea fundamental da necesidade dun drama nacional que teña como base a revisión da historia de Galicia, case sempre dende a óptica da loita de clases e de esquerdas. Así, á parte dos primeiros textos, Nicolas Flamel (1960) e O renarte Ciprián (1960), o resto da súa produción insírese dentro do teatro histórico: Prisciliano (Premio Villar Ponte do Centro Galego de Bos Aires, 1970). No ano 1973 publicou Xelmírez, ou a groria de Compostela, representada en 1999 polo Centro Dramático Galego; Os irmandiños (1978), representada polo grupo Tespis en 1980 e Pedro Madruga (1981). En 1986 creou unha tetraloxía denominada xenericamente Castelao ou a paixón de Galicia, que se compón dos seguintes volumes:...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado, militar e corrixidor. Estudiou na Universidade de Santiago de Compostela, onde realizou estudios de filosofía e leis. En 1808 converteuse en avogado da Real Audiencia de Galicia. Durante a Guerra da Independencia liderou a resistencia da súa comarca fronte aos franceses, cos que se enfrontou en Melide, Arzúa e Sobrado. Foi nomeado comandante de alarma, cargo que desempeñou ata 1814, e procurador síndico das xurisdicións de Ventosa e Borraxeiros. Nas revoltas contra Fernando VII, combateu no bando realista entre 1821 e 1823. Posteriormente, foi nomeado corrixidor da súa vila.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogada. Licenciada en Dereito e diplomada en criminoloxía. No ano 2000 foi elixida deputada do Partido Popular no Congreso de los Diputados pola circunscrición de Lugo. No Congreso ocupou os cargos de secretaria segunda da Comisión de Xustiza e Interior e foi vogal da Comisión Constitucional e da Comisión Mixta para o estudo do problema das drogas. Membro da xunta de goberno do Colexio de Avogados de Lugo, tamén colabora na Escola de Práctica Xurídica da capital lucense.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Elevación pouco pronunciada nun terreo situada, polo xeral, nunha chaira.
-
Parte máis elevada dun monte.
-
-
-
Apelido de orixe toponímica. Trátase dunha forma diminutiva da voz común coto. Documéntase no século XVIII: “Francisco Rodríguez do Cotarel” (doc ano 1753 en Tuy 1753 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 113).
-
Liñaxe asturiana que leva como armas un escudo cortado: primeira partición, en campo de azul, con tres flores de lis de ouro, ben ordenadas; segunda partición, en campo de goles, cunha cota de malla de prata; bordo de ouro, con oito aspas de goles.
-
-
PERSOEIRO
Profesor, polígrafo, conferenciante, articulista, dramaturgo e director teatral, fillo do académico e secretario da Real Academia Española Emilio Cotarelo Mori. Cursou estudios en Madrid e Oviedo (1889-1899), e foi catedrático de Lingua e Literatura españolas desde 1904 na Universidade de Santiago de Compostela, da que foi vicerrector e decano da súa facultade de Filosofía e Letras. Presidiu o Ateneo León XIII. En 1909 participou na Exposición Rexional de Santiago, e dous anos despois o seu Teatro de Cervantes foi galardoado co Berwick e Alba da Academia Española. En 1919 deuse a coñecer como narrador con Palladys tyrones e a seguir editou La enseña raída (1922) e El pazo (1923). Desde 1920 foi académico da Academia Galega. A partir de 1923 converteuse no primeiro presidente do Seminario de Estudos Galegos. Foi membro da Academia de Historia e do Instituto de España. A súa actividade teatral centrouse en especial no período 1922-1931, logo de promover o Cadro...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e arquitecto italiano. Discípulo de Francesco di Giorgio, traballou na igrexa da Observancia (1476) e no palacio do Magnífico (1506?).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo italiano. Seguidor da interpretación alexandrina de Aristóteles, afirmou o carácter intramundano do coñecemento científico. Empregou un método experimental.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de poetas italianos de comezos do s XX, conectados coa poesía decadentista francesa. Forman parte do grupo, entre outros, M. Moretti, F. M. Martini, C. Chiaves, S. Corazzini e G. Gozzano, xunto a Govoni e Palazzeschi na súa primeira época.
-
PERSOEIRO
Escritor italiano. Foi autor de poesías festivas e das narracións Bertoldo e Bertoldino.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante e ilustrador gráfico. Colaborou en diversos cómics, como El Patito Feo, editado en Ferrol entre 1982 e 1985, Fat City (1985), e El Cucú (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
pato cullerete.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cágado.
-
PERSOEIRO
Político e conde da Cunha. Foi nomeado gobernador de Angola (1753-1758), lugar no que mandou elaborar un inventario da Facenda Real (1754) e a organización do arquivo oficial. Foi nomeado vicerrei de Brasil (1763-1767) e fixou a capital en Rio de Janeiro, cidade que fortificou.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Extracto preparado principalmente coa cortiza, as raíces ou os talos de diversas especies do xénero Strychnos e Chondodedron. Os indíxenas de América do Sur úsano para envelenar as puntas das frechas. De composición e aspecto variables, os seus principios activos máis importantes son a curarina e os seus derivados. Produce unha parálise semellante á tetánica e chega a provocar a morte por asfixia ao parar os movementos respiratorios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo de orixe xermánica, formado polas voces dags ‘día’ e reths ‘consello’. Documéntase en textos latinos galegos no s VIII: “Dagaredus” (doc ano 785 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 142). Na época medieval serviu de base ao apelido patronímico Dagarediz: “Suerio Dagarediz” (doc ano 1020 en M. Lucas Álvarez, El tumbo de San Julián de Samos (siglos VIII-XII), 1986, p 395).
-
PERSOEIRO
Saxofonista e clarinetista de jazz norteamericano. Coñecido como Joe, en 1923 tocou na Martel Family Band e, posteriormente, en St. Louis e nos river-boats con Ch. Creath e mais F. Marable. Nos anos corenta, estableceuse na Costa Oeste e traballou con K. Ory e W. Manone; nos cincuenta traballou con T. Buckner e dirixiu os Dixie Flyers; e na década dos sesenta ingresou nos All Stars de L. Armstrong, logo de traballar nun river-boat teatral en Disneyland. Entre os seus éxitos sobresae Yellow Dog Blues (1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe mitolóxico de Frixia. Seguindo os designios de Apolo Timbreo, deus de Troia, aconselloulle a Héctor que non loitase con Patroclo, pois estaba destinado que de o facer, Aquiles mataríao. Pouco despois Dares pasou ao bando dos gregos e Ulises asasinouno.
-
PERSOEIRO
Escritor grego. Autor, xunto con Ditio, dunha novela sobre a Guerra de Troia. Coñecida por unha tradución latina, a obra exerceu unha grande influencia durante a Idade Media e Moderna.
VER O DETALLE DO TERMO