"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

  • Liñaxe que trae como armas, en campo de azul, unha bandeira, de prata, cargada cunha cruz de goles; bordo de ouro, con oito aspas de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contido dunha cunca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. curral.

    2. Capa de estrume que se bota no curral para que curta e se converta en esterco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ataque ou desmaio que se manifesta repentinamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muller de Samón, heroe cretense que lle axudou a Escamandro a capturar a Tróade. Xa viúva, matouse coa espada do seu esposo logo de ser violada por un heraldo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político hindú. Educouse no Elphinstone College de Bombai, onde exerceu posteriormente como profesor de matemáticas e filosofía natural. Membro do primeiro congreso nacional en 1885, foi o primeiro deputado hindú do Parlamento británico (1892).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento artístico de vangarda que se orixinou en Zúric ao redor do Cabaret Voltaire, inaugurado en febreiro de 1916 polo escritor Hugo Ball e a actriz Emmy Hennings. Os membros do grupo fundador, Tristan Tzara, Hans Arp, Marcel Janco, Richard Huelsenbeck e Hugo Ball, concibírono máis que como un estilo artístico, como unha rebelión contra a arte convencional e a sociedade burguesa. O pulo inicial xurdiu da reacción contra a Primeira Guerra Mundial que, segundo eles, significaba o fracaso da cultura occidental, baseada nas leis da razón e do progreso. O termo dadá designa en francés ‘cabaliño de madeira’ e, segundo a versión de Tzara, o nome, que se asocia aos balbucidos infantís, atopouse ao abrir un dicionario ao azar. A incoherencia do termo e a posible relación coa bondade orixinaria do home, determinaron a súa elección como símbolo dun movemento que se propuxo destruír o sistema burgués e o seu modelo artístico por medio da imposición do azar e do irracionalismo, nun intento...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao dadaísmo.

    2. Partidario ou adepto ao dadaísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Reino escoto fundado no s VI, na costa occidental de Escocia. Deu orixe ao reino de Alba e, máis tarde, ao de Escocia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela situada en Darbo. Trátase dunha construción románica de principios do s XIII, formada por unha soa nave e unha ábsida rectangular á que se accede por medio dun arco triunfal de medio punto. Na ábsida destacan dúas cruces antefixas: unha cruz latina con círculo central e sostida por un Agnus Dei, e outra de Santo Andrés ou de entrelazo. No hastial do testeiro da nave consérvase outra cruz antefixa da época románica. Na nave destaca unha fiestra abucinada que se abre no muro norte da nave. No exterior destacan a portada occidental encalada, na que se atopa un tímpano que presenta unha cruz potenzada inscrita nun círculo e tallada con relevo a bisel, e os canzorros de proa que sosteñen os beirís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe ou ferida feita por un dardo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás dasicladais.

    2. Alga da orde das dasicladais.

    3. Orde de algas verdes, de talo cenocítico constituído por un eixo uninucleado con ramificacións verticiladas, propia de mares quentes ou mornos, á que pertence o xénero Acetabularia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador occitano. Consérvanselle dezaseis cancións, un planh sobre a morte de Uc Brunenc, un poema didáctico sobre as virtudes cardinais e un tratado de cetrería duns 4.000 versos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Iniciou o seu labor teatral no grupo Avento de Vigo e desenvolveu a maior parte da súa actividade na compañía de teatro de rúa Os Quinquilláns, na que participou en diversas montaxes, como Danza da meiga no campo da festa (1991), Feira de lixos (1992), As voces do mar (1996), Os irmadiños (1999) e A noite (2001). Traballou tamén na montaxe Valle-Inclán 98 para o Centro Dramático Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lámpada coa chama protexida que serve para comprobar a seguridade da atmosfera dunha mina. Está especialmente indicada para descubrir as mesturas de metano e aire (grisú), frecuentes nas minas de carbón. Tamén serve para indicar atmosferas deficientes en osíxeno. As primeiras lámpadas apareceron no s XIX grazas aos traballos de H. Davy, W. R. Clanny e G. Stephenson.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Espacio de tempo que abrangue dez anos.

      2. Espacio de tempo que dura dez días.

      3. Cada unha das divisións de dez días dos meses do calendario republicano instaurado en Francia en 1793.

      1. Conxunto de dez cousas.

      2. Cada unha das partes dunha obra histórica que consta de dez libros ou dez capítulos.

      3. Obra histórica que está distribuída en décadas.

    1. Intervalo comprendido entre dúas frecuencias que están na relación de 10 a 1.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período comprendido entre a maioría de idade de Isabel II (1843) e o Pronunciamento de Vicálvaro (1854), que estivo dominado politicamente polo partido moderado, que dirixía o xeneral Ramón María Narváez. O xeneral Narváez, que se sublevou contra a rexencia de Espartero en maio de 1843, presidiu o novo goberno dende 1844 e substituíu a Constitución de 1837 pola de 1845. Esta Constitución, moito máis conservadora ca a anterior, recoñecía que a monarquía e as Cortes, organizadas en Congreso e Senado, compartían a soberanía. Narváez transformou o seu goberno nunha ditadura moderada a consecuencia da revolución europea de 1848, e asinou un Concordato (1851) polo que a Igrexa aceptaba a desamortización e o clero recibía, a cambio, unha subvención do Estado. Entre outras medidas, creouse un corpo armado coa finalidade de manter a orde pública, a Garda Civil (1844), estableceuse o dominio do goberno sobre a administración local, reformouse a facenda e suprimíronse os tributos locais. Non obstante...

    VER O DETALLE DO TERMO