"Lor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 863.

  • Disposición relativa das pezas periánticas na xema floral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás proclorófitas.

    2. Alga da división das proclorófitas.

    3. División de algas procariotas de organización semellante á das cianofíceas pero cunha dotación de pigmentos máis semellante á das clorofíceas e plantas superiores (teñen clorofila a e b e non presentan ficobiliproteínas). Inclúe un só xénero, o Prochloron, de mares tropicais e subtropicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia cristalina que actúa como bloqueador dos receptores â-adrenérxicos impedindo a acción das catecolaminas. En medicina emprégase no tratamento da anxina de peito, dalgunhas arritmias e como antihipertensivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Castela e León, situado ao SO de Ponferrada, no límite con Galicia (1.930 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Cun estilo marcado pola paixón e o drama, da súa obra cómpre salientar Cuentos de niños para mayores (1993), os poemarios en castelán Silencios (1989) e Recuerdos (1990); e os poemarios en galego Choros (1979), que recolle gran parte da súa obra desde 1948; e Amenceres (1992), en que inclúe poemas con temas relixiosos e persoais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de danzas formado en Ourense en 1994 e dirixido por J. A. Viñas Mira. Constituído por 38 compoñentes, basean os seus espectáculos na cultura tradicional e popular galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de cantidade de calor, ou contido enerxético, que equivale a 1.000 calorías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que se presenta como pos amarelos, inodora, amarga, soluble en auga, pero pouco en alcohol. Emprégase como antimalárico e é coñecida tamén como atebrina e antimalarina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Quiroga baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Oceanógrafo. Licenciado en Ciencias pola Universidad Complutense de Madrid, foi oceanógrafo-xefe de equipo no Centro Oceanográfico da Coruña, secretario da comisión técnica científica da consellería de Pesca, xefe do servizo e sección da dirección provincial do ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e concelleiro na Coruña. Boa parte do seu labor dedicouno á investigación sobre os mamíferos mariños e a pesca da balea en España. Escribiu La riqueza marisquera de Galicia (1974) e Guía de cetáceos. Cetáceos de las costas ibéricas atlánticas (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixiosa. Coñecida como Sor Patrocinio ou A monxa das chagas, descendía dunha familia de fidalgos galegos. Era carlista e estaba pretendidamente estigmatizada, ademais de ser milagreira. Foi procesada por impostora en 1836 e desterrada a Talavera de la Reina. Conselleira de Isabel II e do seu esposo, formou parte da camarilla ultrarreaccionaria, ata o punto de derrocar a Narváez. En 1868 fuxiu a Francia e volveu coa Restauración. Escribiu numerosas obras de piedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de reflorecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formalidade innecesaria que se fai antes de tratar un problema.

    2. Ornamento excesivo e innecesario. OBS: Nas dúas acepcións emprégase xeralmente en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de revalorizar ou revalorizarse.

    2. Medida de política monetaria que consiste no aumento do valor dunha unidade monetaria respecto á doutros estados. A modificación da paridade dunha moeda neste sentido, medida que raramente se pon en práctica, é consecuencia dunha situación de superávit crecido e permanente da balanza de pagamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Devolver o antigo valor a algo.

    2. Incrementar o valor de algo.

    3. Aumentar o valor de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. De nome Antonio Martínez del Castillo, foi un dos directores máis prestixiosos anteriores á Guerra Civil Española. Debutou con La revoltosa (1924), e da súa filmografía destacan Gigantes y cabezudos (1925), Agustina de Aragón (1928), La hermana san Sulpicio (1927 e 1934) e La aldea maldita (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora australiana. Coñecida como Henry Handel Richardson, gran parte da súa produción trata sobre as condicións de vida na Australia do s XIX, en particular a novela The Getting of Wisdom (1910) e a triloxía The Fortunes of Richard Mahoney (1917-1929). En 1948 publicouse a súa autobiografía inacabada, Myself when Young.

    VER O DETALLE DO TERMO