"RL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1468.

  • PERSOEIRO

    Director de escena arxentino. En Caracas creou a compañía Rajatabla, e puxo en marcha o Festival Internacional de teatro. Como director traballou con textos de autores como W. Shakespeare, P. Calderón de la Barca, F. Lope de Vega, R. M. del Valle-Inclán, F. García Lorca, A. Čekhov ou S. Beckett. Entre os espectáculos máis coñecidos destacan Señor Presidente, versión da novela homónima de M. Á. Asturias, ou El coronel no tiene quien le escriba, sobre o texto de G. García Márquez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor inglés. Formouse en París e en 1910 estableceuse en Londres. Foi un dos fundadores do Camden Town Group. Realizou paisaxes e escenas de cidades caracterizadas polas pinceladas grosas e regulares e polos contornos firmes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra italiano. Discípulo de B. Molinari-Pradelli, foi un dos principais directores do Teatro alla Scala de Milán. Dirixiu a Orquestra Sinfónica da Rai en Milán, a Orquestra Sinfónica de Chicago, a Orquestra New Philarmonia de Londres, a Orquestra de Viena e a Orquestra Filharmónica de Los Angeles. Dende 1984 foi director independente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e dramaturgo danés. A súa obra é de inspiración idealista como Germanernes Laerling (Discípulo dos xermanos, 1882), Brynhild (1884) ou Den Fuldendtes Hustru (A muller do home perfecto, 1907). Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1917).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor suízo. Foi profesor na École Nationale Supérieure des Beaux-Arts de París e tivo un obradoiro no que se formaron, entre outros, A. Renoir, C. Monet, A. Sisley, J. Whistler e F. Bazille. Das súas obras destacan Illusions perdues (1843).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político suízo. Foi presidente do goberno cantonal (1886-1887), membro do Consello de Estados (1884-1890) e, desde 1890, membro do Gran Concello. Cofundador da Interparliamentary Union (1889), foi elixido o seu director na IV conferencia (1892). En 1906 pasou a dirixir a International Peace Bureau. Das súas obras históricas destacan République de Berne et la France pendant les guerres de religion (1891) e Histoire de la Suisse racontée au peuple (1900). En 1902 recibiu o Premio Nobel da Paz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo italiano. Exerceu como letrado, ata que en 1734 ingresou como dramaturgo na compañía de Giuseppe Imer, coa que estreou nese mesmo ano a súa comedia Belisario. Posteriormente colaborou con outras empresas teatrais, como o teatro de San Giovanni Grisistomo ou a compañía de Girolamo Medebach. Entre 1762 e 1763 traballou en París coa Comedia Italiana, cidade na que escribiu as súas Memorias (1787). A súa obra dramática está directamente relacionada coa commedia dell’arte, xénero dramático e teatral que recuperou e transformou, para chegar a un novo tipo de comedia de personaxes máis próxima á realidade social da época e máis achegada ao estilo que Molière desenvolvía en Francia. Ao mesmo tempo, tamén contribuíu ao desenvolvemento da opera buffa e da opera seria, para as que escribe máis de oitenta libretos. Das súas obras destacan textos como Arlecchino, servitore de due patroni (1745), La puta onorata (1749) ou La locandiera (1753), sobre a que o Centro Dramático Galego realizou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1969 publicou De rodillas, o seu primeiro poemario. Colaborou en distintas publicacións e recibiu varios premios poéticos e xornalísticos. Da súa produción destaca As labaradas da lembranza (1996), Matria da néboa (1997), Alba plena do alén (1997), Os ciclóns do sino (1997), Ofertorio de solpores (1999), Pasos cara á alba (2000) e Alén do lume (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico musical. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidad Complutense de Madrid, estudiou no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, onde foi docente. Asesor musical da Universidad Hispanoamericana de La Rábida e profesor na UNED, foi redactor e xefe de programación, asesor musical e crítico da SER. Foi responsable da sección de música da revista Bellas Artes e, desde a súa fundación, crítico musical de El Mundo. Colaborou na Gran Enciclopedia Rialp, The New Grove Ditionary of Music and Musicians e no The New Grove Ditionary of Opera. Publicou Historia de la música española. Siglo XIX (1984) e Notas para conciertos imaginarios (1987). Membro correspondente da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora de las Angustias de Granada, formou parte da xunta directiva da Sociedad Internacional de Música Contemporánea. Recibiu o Premio Ondas (1966 e 1969), a Medalla de Ouro ao Mérito ás Belas Artes (1966 e 1997),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Dirixente do PSdeG-PSOE no concello de Vigo, foi concelleiro desde 1982 ata 2003. Alcalde da cidade (1991-1995), ocupou a presidencia do Consorcio Zona Franca de Vigo en 1991 e foi vicepresidente do Eixo Atlántico de Cidades en 1993. Foi elixido pola provincia de Pontevedra como deputado no Parlamento de Galicia na III lexislatura (1989-1991) e senador (1996). Como concelleiro de cultura (1995-2003), promoveu a creación do Museo de Arte Contemporánea (MARCO) e da Casa das Palabras (VERBUM).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidad Complutense de Madrid, estudiou xornalismo na Escuela de Periodismo de Madrid. Colaborou en diversas publicacións con artigos sobre crítica literaria e teatral, e sobre política internacional. Xefe da sección de Cultura e Ciencia da axencia EFE (1977-1979), exerceu tamén como delegado xeral en Galicia (1979-1983), como redactor xefe en EFE nacional en Madrid, como director de información (1990-1997) e desde 1997 como director de publicacións, análises e estilo. Das súas obras destacan Oxford, amén (1982), Homes de Tras da Corda (1982), Crime en Compostela (Premio Xerais de Novela 1984), O misterio do barco perdido (1988), Fuxidos de sona (1990), La agonía del león (1995, Premio Internacional Rodolfo Walsh de Literatura Testemuñal en 1996), A guerra do tabaco (1996), O Doutor Livingstone, supoño (1998), Dous máis dous (1998), Al otro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Coñecido como Gordon Paxá, participou na Guerra de Crimea, nas campañas da India e na expedición francobritánica en China (1860). Entrou ao servizo dos exipcios como gobernador do Sudán Meridional, onde dirixiu unha campaña contra o tráfico de escravos (1874), e posteriormente foi gobernador xeral de Sudán ata 1879. Ocupou diversos cargos en Sudáfrica, China e a India, e volveu a Sudán en 1884 para organizar a retirada; sen embargo, decidiu conter a revolta de Mu ḥ ammad A ḥ mad ibn ‘Abd Allāh e, despois de dez meses de cerco en Khartoum, morreu asasinado antes da chegada das tropas de reforzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Roñar o porco, normalmente cando ten fame.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Saxonia, Alemaña, situada nas dúas beiras do Neisse (72.700 h [1990]). A cidade esténdese por unha importante vía que transcorre pola chaira xermánica, a través de Zittau, e chega ata Bohemia. É un núcleo industrial, cunha fábrica de vehículos, vagóns de tren, maquinaria e confección. Do seu patrimonio cultural destacan os restos do castelo (s XIV), o edificio da fábrica de cervexa Landskron e a igrexa de San Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Bizkaia, Euskadi, ao pé do monte Uzuri (4.486 h [2001]). Ao SO limita coa ría de Plentzia e, ao N, co Mar Cantábrico. Predomina a gandería (bovina e porcina) e a agricultura (cereais). Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Santa María de la Concepción (ss X-XVIII) e a Andra Mari de Agirre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que roña, aplicado normalmente ao porco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Está vinculado ao teatro independente arxentino cunha ampla obra destinada a diversos públicos, como o volume La clave encantada (1943). Foi un destacado militante do movemento Teatro Aberto, que se opuxo á ditadura militar. Na súa obra figuran títulos como El puente (1949), El fabricante de piolín (1950), Vivir aquí (1964), Los hermanos queridos (1978) ou Matar el tiempo (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Formouse en Zúric baixo a dirección de Jakob Jud. Foi catedrático de Filoloxía Románica nas universidades de Viena (1959-1967) e de Basilea (1967-1981). É autor de varios estudios de dialectoloxía diacrónica francesa, entre os que destaca Petite grammaire de l’ancien picard (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Foi director da Royal Albert Hall Choral Society de Londres e influíu na obra de G. Bizet, C. Saint-Saëns e J. Massenet. Compuxo óperas como Sapho (1851), Le médecin malgré lui (1858), Faust (1859) e Romeo et Juliette (1867). Tamén escribiu música relixiosa, como Ave Maria e Messe solennelle de Sainte-Cécile (1855), música sinfónica, oratorios e cancións. En 1939 gañou o Premio de Roma coa cantata Fernand.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Xunto co seu irmán Gasparo Gozzi foi un dos promotores da Accademia Letteraria dei Granelleschi, de tendencia conservadora. Da súa produción destacan Fiabe (1761-1765), para teatro, Marfisa bizzarra (1774), poema en doce cantos, e Memorie inutili (1797).

    VER O DETALLE DO TERMO