"cis" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1012.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento literario de reacción contra o naturalismo na literatura europea contemporánea que renovou parcialmente o romanticismo. É particularmente importante o conxunto de tendencias que se desenvolven na literatura alemá do período comprendido entre 1900-1920, encabezado por H. von Hofmannsthal, S. George, R. M. Rilke, R. Huch, e O. zur Linde, entre outros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección mental que depende da actividade do sistema límbico e do sistema vexetativo, que se caracteriza por presentar respostas de ansiedade e hiperreactivas e por amosar unha maior fatiga física e mental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de teorías sobre crítica literaria que xurdiron en EE UU despois da Primeira Guerra Mundial. Consideraban que a análise da obra literaria debía ser interpretada á marxe do contexto histórico, social ou biográfico, ao partir da idea de que a linguaxe poética é un discurso con características propias. O ideólogo e fundador foi T. S. Eliot e dos seus representantes destacaron W. Empson, A. Tate e J. Crowe Ransom, quen, coa súa obra The New Cristicism (1924), deu nome ao movemento.
-
PERSOEIRO
Ceramista italiano. Coñecido como Niculoso Pisano, estableceuse en Sevilla en 1498, onde incorporou a decoración pintada á técnica tradicional de reloxaría, segundo o procedemento e o modelo toscano. Realizou o frontal do altar e o retablo da Visitación da capela do Alcázar de Sevilla.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco Morales Nieva.
-
IGREXAS
Igrexa situada en Noia. Forma parte do convento de San Francisco, fundado en 1356 polo pai Francisco Suero, en Suero e trasladado en 1522 a Noia. Construída no s XVI en estilo gótico con elementos renacentistas, ten nave de planta de cruz latina con capela maior rectangular e dúas capelas máis formando o cruceiro. A cuberta é de tella. Conta cunha torre-campanario de tres corpos. No lado da epístola atópanse dous sarcófagos que se corresponden a Francisco Bermúdez de Castro e a Pedro Losada Contino, de 1575 e 1527, respectivamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre canteiro. Das súas obras destacan a igrexa de San Fins de Celeiros (Ponteareas), a capela do Santísimo da catedral de Tui (1788) e Santo Estevo de Beade (Vigo).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor mercantil. Funcionario de Correos desde 1966, converteuse en xefe provincial da entidade en Ourense en 1993. En 1968 creou en Ourense o Grupo Academia Postal, da que é director, dedicada nos seus comezos á preparación das oposicións para o ingreso en Correos e diversificada posteriormente nunha formación multidisciplinar. Estendeu o grupo polas sete cidades galegas e polo norte de Portugal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Morte violenta.
-
GALICIA
Xurista, mestre e escritor. Licenciado en Filosofía e Letras (1940) e en Dereito (1950) pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu a docencia en diferentes centros de Pontevedra (1940-1943), Lugo (1943-1949), Astorga (1949-1954) e Ourense (1954-1983). Integrouse nas Mocidades Galeguistas antes da Guerra Civil Española e presidiu a Caixa de Aforros de Ourense (1981). Colaborador de varios xornais e revistas e está considerado como o máximo bibliófilo galego. Publicou, entre outras obras, Dolor y olvido de López Ferreiro (1939), La biblioteca ideal de un cura mindoniense del siglo XVI (1947), Cuatro grandes juristas orensanos (1960), La custodia de Arfe en la catedral de Santiago (1973), Tres fitos senlleiros na historiografía da lingua galega: 1768, 1868, 1968 (1980), Fantasía e realidade en “La Catedral y el niño” (1997) e Otero Pedrayo, orador (2001). Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, académico correspondente...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Cavaleiro de Oliveira, pertenceu á Ordem do Nosso Senhor Jesus Cristo. Tempo despois, converteuse ao protestantismo, e publicou en Amsterdam Mémoires de Portugal (1741) e Cartas familiares (1741), e en Londres Amusement périodique (1751), Discours pathétique (1756) e Le Chevalier d’Oliveira brulé en effigie (1762).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor portorriqueño. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e en París, onde foi compañeiro de Manet no taller de Couture e de Cézanne e Pissarro na Académie Suisse. Participou no Salon de 1865. Coincidiu estilisticamente cos impresionistas na súa primeira etapa, acusando máis adiante a influencia de Courbet. Realizou El estudiante, Un mendigo (1881), Las lavanderas (1887-1888) e El velorio (1891).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Malia mostrar trazos románticos e costumistas, representa a aparición da novela catalá moderna, que reflicte a vida contemporánea. Realista declarado, iniciou a corrente literaria máis avanzada e máis cosmopolita da época, participou nos inicios do movemento modernista e colaborou en L’Avenç. As súas obras foron traducidas a diversas linguas e delas destacan Croquis del natural. La papallona (1882), prologada por Zola na versión francesa (1885); La boguería (1898) e Al llapis i a la ploma (1918).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oóspora de membrana grosa que tarda en xerminar.
-
GALICIA
Farmacéutico. Catedrático de Farmacoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, foi investigador principal en diversos poxectos e autor de numerosos artigos en revistas especializadas, tanto estatais como estranxeiras. Traballou no campo dos cultivos celulares e das técnicas con radioisótopos e electrofisiolóxicas. É membro de diversas asociacións científicas, e foi socio fundador da Sociedad Española de Farmacognosia e Farmacodinámica. Dos numerosos premios que recibiu, destacan o Premio Eloy Díez (1984), o Premio de la Sociedad Española de Química Terapéutica (1987), o Premio Dolores Trigo (1993) e o Premio de Investigación da Xunta de Galicia en Ciencias da Saúde (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen segue ou fai seguir con todo rigor as ordenanzas e os reglamentos.
-
PERSOEIRO
Conquistador. Marchou para América en 1528 e en 1541 uniuse á expedición de Francisco Pizarro no Amazonas e este mandouno a colonizar Ecuador, onde fundou Guayaquil. Á volta de Pizarro a Quito, percorreu o curso do Amazonas e as costas de Venezuela. En 1545, intentou unha nova expedición a Nueva Andalucía, pero morreu no intento.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Doutrina filosófica oposta ao vitalismo e ao animismo, segundo a que a vida é o resultado da organización. Por unha banda, a vida resulta mecanicamente da organización dos órganos e, por outra, cada órgano dispón, ademais das propiedades vitais que lle son propias, da capacidade de organizarse.
-
Teoría médica que sostén que todas as enfermidades teñen como causa unha lesión orgánica.
-
Teoría sociolóxica que establece unha clara analoxía entre o funcionamento e as leis que rexen a sociedade e as dos seres vivos. Defendérona Herbert Spencer, que non admitía o evolucionismo na sociedade, René Worms, Paul von Lilienfeld ou Albert Schäffle. A influencia deste enfoque diminuíu a finais do s XIX, pero atópanse afinidades en teóricos actuais.
-
Teoría psiquiátrica que defende a existencia de lesións morfolóxicas do sistema nervioso central como base das enfermidades mentais.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao organicismo.
-
Partidario do organicismo.
-
-
PERSOEIRO
Xornalista. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid, desenvolveu toda a súa actividade xornalística en Galicia, especializado no ámbito político e social. Foi correspondente en Galicia de El Periódico de Catalunya (1993-1999), directivo da Asociación da Prensa de Santiago e delegado de Faro de Vigo en Santiago de Compostela ata 2000, cargo que abandonou para incorporarse como director do xornal La Opinión A Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO