"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • PERSOEIRO

    Escultor e arquitecto italiano. É o expoñente da escola florentina en Luca. Entre as súas obras destacan a tumba de Pietro da Nocelo (1472?), na catedral de Luca, e o templete do Volto Santo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista francés. Escribiu novelas realistas, ambientadas entre os campesiños de Quercy, como Le Bouscassié (1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cladoniáceas.

    2. Lique da familia das cladoniáceas.

    3. Familia de liques da orde das lecanorais, de talo fomado por dúas partes: un talo primario, foliáceo, escamoso ou crustáceo; e un talo secundario, erecto, de estrutura radiada, chamado podecio, que é o portador dos apotecios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás clamidiáceas.

    2. Bacteria da familia das clamidiáceas.

    3. Familia de bacterias que comprende o xénero único Chlamydia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Teorema, chamado tamén dos tres momentos, aplicado ao cálculo das trabes continuas; segundo este, os momentos de tres puntos de soporte consecutivos Mi-1, Mi, Mi+1 están relacionados pola expresión

    FORMULA

    onde li, li+1 son as distancias entre os puntos de soporte; Si, Si+1, as áreas do diagrama de momentos; e di-1, di+1, as distancias respectivas dos centros de gravidade destas áreas aos puntos de soporte extremos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación que consiste en estender a roupa, ou as meadas de liño, enxaboada ao sol, botándolle auga a cada pouco para que claree e se poña máis branca ou mesmo sexa máis fácil de quitarlle a sucidade cando se lava de segunda volta. OBS: Xeralmente se utiliza a expresión ó clareo precedida dos verbos poñer, botar e estar. Ex: Puxo todas as toallas brancas ao clareo. Botou as meadas de liño ao clareo e aínda non as recolleu. As sabas están ao clareo para que branqueen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e enxeñeiro. Modificou, en 1906, o método Linde para a obtención de aire líquido e fíxoo máis económico. No ano 1910 os estudios sobre as descargas eléctricas en gases mostráronlle a posibilidade do seu uso en iluminación. Primeiro aplicouno só aos rótulos luminosos, pero cando, posteriormente, recubriu interiormente os tubos con substancias fluorescentes que emitían unha luz branca, a súa utilización estendeuse. No ano 1911 separou os compoñentes do aire por destilación fraccionada. En 1917 sintetizou amoníaco a partir do aire e do hidróxeno. Dende 1926 estudiou novas fontes de enerxía e construíu unha central oceanotérmica que aproveitaba as desigualdades de temperatura no fondo do mar para obter enerxía, pero non resultou rendible comercialmente. Foi membro da Académie des Sciences dende 1924. Polo apoio que lle deu ao goberno de Vichy durante a Segunda Guerra Mundial foi acusado de colaboracionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor danés. Exerceu como profesor na Royal Academy. Durante a súa estadía en Francia coñeceu os métodos da pintura ao aire libre, aínda que continuou pintando en estudo a partir dos apuntamentos tomados do natural. Realizou sobre todo escenas campesiñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás clavariáceas.

    2. Fungo da familia das clavariáceas.

    3. Familia de fungos da orde das afiloforais, de carpóforos máis ou menos carnosos, erectos, en forma de clava, pouco ou moi ramificados, revestidos polo himenio, que é liso. Comprende principalmente fungos humícolas. Pertencen a esta familia os xéneros Clavaria, Clavariadelphus, Clavulina e Ramaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Deputado por París (1876-1893), militou cos republicanos radicais e fíxolle perder a maioría ao goberno moderado de Ferrey (1885) ao denunciar a súa política colonial. O caso Dreyfus outorgoulle popularidade, logo de publicar no diario L’Aurore, que el mesmo dirixía, o artigo de Émile Zola “J’accuse” (1898). Foi senador (1902) e ministro do Interior (1906). Destacou polo seu labor a prol da separación entre a Igrexa e o Estado. En 1910 separouse do partido radical e en novembro de 1917 foi designado cabeza de goberno por Raymond Poincaré. No Tratado de Versailles (1919) fixo incluír as cláusulas de ocupación do Rin e de indemnizacións de guerra. Retirouse da política logo de ser derrotado nas eleccións á presidencia de 1920.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das caparáceas, erectas, de ata 40 cm de alto, pubescentes e glandulosas, de follas inferiores trifoliadas e superiores sinxelas, con flores de catro sépalos amarelos e catro pétalos desiguais e violáceos de ata 6 mm de longo. Na metade oriental de Galicia está presente a especie C. violacea en terreos áridos e cultivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Esparta (520-490 a C). Membro da dinastía dos Áxidas, buscou a consolidación da hexemonía espartana en Grecia. Á fronte dun exército espartano axudou a expulsar a Hipias de Atenas (510 a C) e mantivo o partido aristocrático ateniense oposto a Clístenes. No ano 500 a C negouse a axudar aos xonios contra os persas. Enfrontado co seu colega Demarato, depúxoo valéndose dun oráculo pero, ao descubrirse a fraude, tivo que exiliarse. Chamado outra vez polos espartanos, toleou e suicidouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Esparta (236-219 a C). Continuou a política do seu predecesor Axis IV, co restablecemento das leis de Licurgo, coa represión do luxo e a imposición dunha férrea disciplina. Ocupouse tamén de reformar o exército e nomeou cidadáns de pleno dereito a 4.000 periecos, entre os que repartiu terras. Envelenou o seu colega e nomeou o seu irmán Euclides para compartir a monarquía. Tentou controlar a Liga Aquea e, logo da vitoria de Megalópolis (227 a C), tomou as cidades de Argos e Corinto (223 a C), pero foi vencido en Selasia (221 a C). Fuxiu a Exipto, onde foi encarcerado por Ptolomeo IV Filopátor e logo suicidouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ateniense. Á morte de Pericles (429 a C) dirixiu o bando dos partidarios da loita contra Esparta durante a Guerra do Peloponeso. Reprimiu a rebelión de Mitilene (428-427 a C) e obtivo o mando do exército ateniense enviado a Tracia. Conquistou Torona pero morreu na batalla cos espartanos no intento por recuperar Anfípolis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Epiro, filla de Filipo II de Macedonia. Casou con Alexandre o Grande (336 a C). Trala morte deste, pretendérona algúns dos seus capitáns que querían acadar o trono. Retirouse a Sardes, apoiou a Perdicas e foi asasinada por Antígono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Exipto, filla de Antíoco III de Siria. Casou con Ptolomeo V, a quen lle entregou como dote Fenicia, Samaria e Damasco. Á morte de Ptolomeo, gobernou en nome do seu fillo Ptolomeo VI e mantivo relacións pacíficas con Roma e cos seléucidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Exipto, filla de Cleopatra I. Casou cos seus irmáns Ptolomeo VI e Ptolomeo VII. Unha vez mortos, decidiu casar co seu irmán Ptolomeo VIII (quen logo casaría coa súa sobriña, filla de Cleopatra e de Ptolomeo VI). Os enfrontamentos familiares que suscitou ese novo casoiro solucionáronse no 124 a C coa correxencia das dúas raíñas e de Ptolomeo VIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Exipto, filla de Cleopatra II e de Ptolomeo VI. Casou co seu tío Ptolomeo VII para poder ser raíña. Á morte do seu esposo (116 a C), gobernou xunto ao seu fillo Ptolomeo IX, aínda que logo apoiou o acceso ao trono do seu fillo menor, Ptolomeo X (107 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Exipto, filla de Cleopatra III e de Ptolomeo VIII. Casou co seu irmán Ptolomeo IX, quen a repudiaría pola súa outra irmá Cleopatra V. Marchou a Chipre e casou con Antíoco IX (117 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe que xurdiu na Coruña en 1992 co subtítulo “Smokin orgasm”. Este fanzine, ilustrado con montaxes fotográficas e con debuxos, inseriu comentarios sobre temas de interese social, aínda que estaba dedicado ao mundo dos grupos musicais e á música en xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO