"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Peza de madeira do muíño fariñeiro, en forma de canle, por onde pasa o gran que vén da moega e vai ao ollo da moa.

    2. Calquera conduto de pedra, madeira ou metal por onde sae a auga dunha fonte.

    3. Canle de pequenas dimensións empregada para regar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantidade de ouriños botados dunha soa vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado nunha ampla chaira ao redor da cidade de Córdoba (3.420 h [1996]). A actividade económica céntrase na produción agrícola de cereais, oliveiras e legumes, e na gandería. Ten, ademais, diversas industrias elaboradoras de aceites e embutidos. Foi ocupada alternativamente por musulmáns e cristiáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado na Serranía de Ronda, regado polos ríos Orteijar e Carbones (2.247 h [1996]). A súa economía baséase na produción agrícola de cereais, legumes, froitas e hortalizas, e na gandería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor búlgaro. Despois de pasar a súa infancia entre Bulgaria, Inglaterra, Austria, Suíza e Alemaña, estudiou ciencias en Viena, onde viviu ata 1938. Posteriormente se trasladou a París e a Londres onde se estableceu en 1939 e adoptou a nacionalidade británica. A súa obra centrouse tematicamente na defensa da dignidade individual contra a masificación do home, o abuso do poder e o absurdo da morte. As súas primeiras obras, as comedias Hochzeit (A voda, 1932) e Komödie der Eitelkeit (A comedia da vaidade, 1950), tiveron escasa importancia antes dos anos sesenta. O éxito chegoulle tarde, co ensaio teórico Masse und Macht (Masa e poder, 1960) e con obras de carácter autobiográfico, como Die Provinz des Menschen (A provincia do home, 1973), Die gerettete Zunge (A lingua salvada, 1977) ou Das Augenspiel (O xogo de ollos, 1985). Entre os ensaios sobresae un sobre Franz Kafka: Der andere Prozess (O outro proceso, 1969). En 1981...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Praia ubicada no concello de Bueu nunha das illas cuxo conxunto conforman o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 150 metros ANCHURA MEDIA: 15 metros GRAO OCUPACIÓN: Baixo GRAO URBANIZACIÓN: Aillada PASEO MARÍTIMO: Non
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Ondada moderada ZONA DE FONDEO: Si NUDISTA: Non
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Si Tipo: Espazo Natural/Prop. Red Natura 2.000 BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN:...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocarburo terpénico do grupo do alcanfor que se obtén por redución do cloruro de bornilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos isómeros endo e exo do 2-canfanol, que son respectivamente o borneol e o isoborneol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terpeno que na súa forma levoxira está nos aceites esenciais de limón e valeriana, e nas trementinas francesas e americanas; a forma dextroxira está presente nos aceites de romeo, de arzaia e de cimbro. Emprégase na obtención de alcanfor sintético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huesca, Aragón, porto dos Pireneos polo que penetra o Camiño Francés na Península Ibérica, no seu treito aragonés (509 h [1996]). É un importante centro turístico, tanto pola ruta xacobea como polas estacións de montaña de Candanchú e Astún.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, e do verbo dos daordes ou telleiros, que corresponde á voz ‘reloxo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘campá’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘sacristán’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cantar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento entre dúas ou máis persoas con moito barullo e confusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Andar en bulicios e liortas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa afeccionada ás liortas e á diversión buliciosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indica un lugar descoñecido, xeralmente como resposta cando se pregunta por unha persoa que non se sabe onde está.

    VER O DETALLE DO TERMO