"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Provincia de Camerún (20.239 km2; 1.354.833 [1987]). A capital é Douala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión administrativa de Arxentina que comprende as provincias de Bos Aires, Chaco, Corrientes, Entre Ríos, Formosa, Misiones e Santa Fe (809.058 km2; 23.970.017 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de creación literaria fundada en 1926 en Torremolinos por Emilio Prados e Manuel Altolaguirre. A súa primeira etapa rematou en México, no exilio, pero reapareceu en 1968. García Lorca, Cernuda, Alberti ou Vicente Aleixandre destacaron entre os seus colaboradores. Na segunda etapa editou monográficos, un deles dedicado á poesía galega, onde se fixo unha antoloxía da poesía galega clásica, cunha escolma de 15 poetas galegos contemporáneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal editado en Pontevedra a partir de 1953. Cesou o 19 de outubro de 1956. En xuño de 1955 Rafael Landín Carrasco converteuse en director e no consello de administración destacou   Xosé Filgueira Valverde. Tivo unha segunda etapa, entre o 17 de agosto de 1957 e o 18 de xaneiro de 1958, editada por Domingo González Lucas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos litorínidos.

    2. Molusco gasterópodo da familia dos litorínidos.

    3. Familia de moluscos que habita nas zonas litorais intermareais e que presenta unha cuncha en espiral, maciza, que se pecha mediante un opérculo. O pé está cara a diante e a rádula é longa e estreita. En Galicia o xénero máis común é Littorina, que se pode atopar pegado ás rochas cando baixa a marea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se emprega para examinar os cálculos da vexiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa da Terra que se estende desde a superficie terrestre ata a astenosfera. Comprende toda a cortiza e unha parte do manto superior. O seu grosor varía desde uns 70 km baixo os océanos ata uns 150 km baixo os continentes. Está fragmentada nun conxunto de bloques de extensión desigual denominados placas litosféricas

    VER O DETALLE DO TERMO
  • siderólito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Solo incipiente sobre substrato rochoso duro, de perfil (A)C ou AC. Os principais litosolos son os ránkers, sobre rocha silicia, e as rendzinas, sobre rochas calcarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica de dicción que consiste na substitución dunha expresión pola negación da súa contraria. Así, por exemplo, non está enfermo no canto de está san.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extracción dun cálculo mediante unha incisión feita na vexiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á litotomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se emprega para practicar a litotomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • litotripsia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trituración dun cálculo.

    2. Operación cirúrxica que consiste en desfacer mecánicamente un cálculo, biliar ou renal principalmente, para facilitar a súa extracción.

    3. Método non invasivo de litotripsia en que un aparato axeitado, denominado litotriptor, xera ondas de choque que, orientadas por un reflector elipsoidal, converxen focalmente no cálculo renal dun paciente parcialmente somerxido en auga. A localización do cálculo renal determínase grazas a un sistema biaxial de raios X ou, máis modernamente, con aparatos de ultrasóns. A destrución do cálculo é selectiva e baséase en que no punto de entrada das ondas se orixinan forzas de comprensión, mentres que no extremo oposto do cálculo, por inversión durante a fase de reflexión, orixínanse forzas de tracción. O cálculo, así, fragméntase en partículas pequenas, semellantes a unha area fina, que son eliminadas espontaneamente por vía urinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á litotripsia.

    2. Que é capaz de disolver cálculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento para practicar a litotripsia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de autotrofia dos organismos en que os electróns empregados para reducir a materia orgánica do medio proveñen da materia inorgánica deste medio.

    VER O DETALLE DO TERMO