"Cid" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 848.

  • Ácido dicarboxílico saturado, que se forma por oxidación da cortiza con ácido nítrico concentrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de sucio.

    2. Conxunto de po, manchas, partículas ou calquera cousa que pode ensuciar algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido dicarboxílico que se forma no ciclo de Krebs e que está presente nos seres vivos. Illouse por primeira vez en 1546 por destilación do ámbar e emprégase na preparación dos seus derivados e na síntese de poliésteres.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao suicidio.

    2. Que ou quen se suicidou ou tentou suicidarse.

    3. Que incita ao suicidio.

    4. Que pon a súa vida en perigo de maneira consciente.

    5. Que é pernicioso e imprudente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Matarse de maneira voluntaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de poñer fin á vida dun mesmo, realmente consumada ou simplemente intentada e mesmo simulada.

    2. Acción imprudente que pon en perigo a propia vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monoamida do ácido sulfúrico que se emprega na limpeza de metais, na análise química como estándar para a alcalimetría, en síntese orgánica, como axente estabilizante do cloro e os hipocloritos e como branquedor do papel e as fibras téxtiles. OBS: Tamén se denomina ácido sulfamídico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ácido sulfámico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido sulfónico aromático que se aplica na síntese de colorantes e na preparación das sulfamidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gas incoloro, tóxico e inflamable, de olor dasagradable que resulta da hidroxenación do xofre. Dáse nas actividades industriais, e de forma natural, no petróleo cru, gas natural, fumarolas volcánicas, termas e na descomposición da materia orgánica. Aplícase principalmente como axente precipitante de catións de alcance moi xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oxiácido do xofre, non coñecido en estado libre, do que derivan formalmente os sulfoxilatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Indonesia, situada na illa de Sumatra (49.778 km2; 4.248.931 h [2000]). A capital é Padang.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é moi ácido.

    2. Conxunto de ácidos que son moito máis ácidos ca o sulfúrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Ghana (18.476 km2; 526.398 h [estim 1991]). A súa capital é Wa (141.813 h [1984]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno de plasticidade excepcional que presentan certos materiais a determinadas temperaturas e velocidades de deformación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Foi o primeiro catedrático (1991) de Gramática Histórica do Castelán da Universidade da Coruña. Iniciou os seus estudos universitarios en 1963 na facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en 1976. Foi lector de castelán no Lycée de Garçons de Auch (Francia) e en 1971 incorporouse como profesor de lingua e literaturas castelás ao instituto Otero Pedrayo (Ourense). En 1983 acadou o grao de profesor adxunto da Universidade de Santiago. Algunhas das súas contribucións á lingüística galega, sobre todo á lexicografía, permanecen inéditas e en diverso grao de realización; así acontece, por exemplo, cun dicionario inverso da lingua galega que estaba preparando. Tamén se dedicou á investigación da gramática española e á historia da lingüística castelá. O seu interese pola morfoloxía e a sintaxe histórica do castelán levouno a investigar en gramáticas latino-castelás dos ss XIII-XV. Proxectou ademais unha edición crítica da Gramática castellana...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ordenación configuracional dunha cadea polimérica que contén átomos de carbono asimétricos. Os polímeros que presentan unha ordenación regular denomínanse tácticos, e poden ser isotácticos, cando todo os átomos da cadea teñen a mesma configuración relativa respecto a esta, e sindiotácticos, cando a teñen alternada; e os que presentan unha ordenación aleatoria denomínanse atácticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto constituído por unha molécula de taurina e unha de ácido cólico, que ocorre na bile en forma de sal sódica.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Entrelazado de fío ou de fíos que forman unha tea ou traballo análogo. A orixe terminolóxica dos tecidos é moi diversa: algúns toman o nome do ligado (tafetá, sarga, raso), outros do seu aspecto (espiga, piqué) ou do efecto da derradeira operación que se ten que efectuar (moaré, estampado). Outras veces conservan o nome xeográfico do punto de orixe (cambrai, gasa) ou o nome do seu inventor (batista). O tecido de lanzadeira está formado por dúas series de fíos perpendiculares entrelazados de maneiras moi variadas. Unha das series, lonxitudinal, denomínase urdido, e a outra, transversal, denomínase trama. A trama adoita ser un só fío ou uns poucos, que se van entretecendo entre os fíos do urdido, alternativamente de dereita a esquerda e viceversa, invertindo a dirección das orlas. Os tecidos ou xéneros de punto por trama están formados por un só fío transversal que se enlaza co mesmo mediante mallas ou puntos, mentres que os tecidos ou xéneros de punto...

      2. Calquera cousa formada ao entrelazar varios elementos.

    1. Conxunto de células dun organismo coa mesma función e coa mesma diferenciación morfolóxica, e que poden ser semellantes ou de distinto tipo. O tecido constitúe a estrutura fundamental da que se compoñen os órganos dos animais e das plantas. Nos animais distínguense o tecido glandular, epitelial, muscular e nervioso, entre outros, e nos vexetais o parénquima, os tecidos mecánicos ou de sostén (colénquima e esclerénquima), de reserva e de protección, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido que forma parte da parede das bacterias Gram-positivas.

    VER O DETALLE DO TERMO