"ICE" (Contén)
Mostrando 14 resultados de 774.
-
GALICIA
Escritor e historiador. Foi soldado voluntario ata que decidiu abandonar o corpo en 1850. Introduciuse nos círculos literarios provincialistas a través das súas colaboracións sobre historia galega na prensa, como en El Recreo Compostelano (1842-1843), Crónica de Occidente, El Diario e Revista Galaica. Foi director de El Clamor de Galicia (1854-1856). Influído por Walter Scott, a súa obra agrúpase en 50 volumes e divídese en novelas históricas, cabaleirescas, sociais ou costumistas, como El caballero verde (1844), Los hidalgos de Monforte (1851), en que conta o enfrontamento entre o conde de Lemos e os irmandiños, mandados polo mariscal Pardo de Cela; Magdalena (1861) e El cazador de fantasmas (1877). Tamén escribiu Los reyes suevos de Galicia (1860), La baronesa de Frije (1874) e Historia de Galicia (1865-1873), unha obra dividida en sete tomos, onde amosa a súa faceta como historiador...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Adaptación da locución latina vice versa que significa ‘en sentido contrario ou reciprocamente’. Introduce un enunciado inverso ao que acaba de expresarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Vigo a partir de 1995. Promovida pola Asociación de Tradutores Galegos e dirixida por Camiño Noia, saíu anualmente co obxectivo de promover a tradución ao galego das obras da literatura universal, publicar artigos sobre a cuestión e informar sobre a situación da tradución en Galicia.
-
-
CAPITAIS
Capital do departamento de Meta, Colombia, situada á beira do río Meta, no confín oriental do Nevado, na Cordilleira Oriental dos Andes (273.140 h [estim 2000]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Traballou con André Derain en Chatou, durante máis dun ano, de onde parte a súa fase máis característica, con formas tendentes ao dramatismo e cores puras. En 1905 expuxo no Salon des Indépendants e no Salon d’Automne. Atraído por Cézanne, estruturou máis os seus cadros e, máis tarde, a súa pintura volveuse máis realista, razoada e expresionista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Remuíño que se forma nunha masa de fluído animada por un rápido movemento de rotación que tende a formar un baleiro no seu centro.
-
PERSOEIRO
Cantante estadounidense. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Coñecida como Nina Simone, foi unha das voces destacadas do jazz, do soul e do blues. Compuxo a maioría das súas cancións, como Mississippi Goddamn (1963), Four Women (1966), My Baby Just Cares for Me (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e biólogo británico. Fixo estudos sobre a difracción dos raios X que permitiron a Watson e Crick propoñer un modelo nuclear do ácido desoxirribonucleico (1953). En 1962 compartiu con estes dous investigadores o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina. Tamén traballou na separación de isótopos de uranio para o proxecto Manhattan que creou a bomba atómica.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás xantofíceas.
-
Alga da clase das xantofíceas.
-
Clase de algas, da división das crisófitas, constituída por algas unicelulares ou pluricelulares, con cloroplastos polo xeral numerosos, discoides e de cor verde amarelada. A maioría son de auga doce. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segundo libro da historiografía deuteronomista. Recolle narracións sobre diversos heroes que, entre Xosué e Samuel, salvaron dos inimigos a algún grupo israelita.
-
-
Que ou quen actúa con xustiza.
-
Funcionario que tiña ao seu cargo a xustiza do estado.
-
-
PERSOEIRO
Político. Membro do Reagrupamento Democrático de África (RDA), foi o primeiro presidente do país. Prohibiu gradualmente os partidos políticos ata que só quedou o RDA. Foi derrocado por un golpe de estado liderado por S. Lamizana, xefe do estado maior do exército.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo. Catedrático das universidades de Santiago de Compostela, Salamanca e Complutense de Madrid, fundou a revista Filología (1949). Da súa produción destacan Las sonatas de Ramón del Valle Inclán (1951), Dialectología española (1960), Camilo José Cela. Acercamiento a un escritor (1962), La realidad esperpéntica (1969), Dicionario manual e ilustrado de la lengua española (1983, coordinador) e Historia de la Real Academia Española (1999). Foi nomeado doutor honoris causa polas universidades de Salamanca (1989), Extremadura (1990), Coimbra (1992) e Santiago de Compostela (1994). Membro da Real Academia Española (1966) e correspondente da Real Academia Galega, recibiu o Premio Nacional de Ensayo Miguel de Unamuno (1969) e o Premio Nacional de Literatura (1980).
VER O DETALLE DO TERMO