"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • Peza pequena de madeira, papel ou outro material combustible, que ten nun extremo unha mestura inflamable por fretaxe sobre unha superficie rugosa e que se emprega para acender lume. A fabricación de mistos iniciouse en París en 1805. Desde entón a composición da mestura inflamable variou ata que en 1864 G. Lemoine descubriu o sesquisulfuro de fósforo, que entrou como compoñente non tóxico dos mistos. Clasifícanse os mistos en fosfóricos, constituídos fundamentalmente por clorato potásico e sesquisulfuro de fósforo, e de seguridade, formados por substancias combustibles (clorato potásico, dicromado potásico, dióxido de manganeso e xofre), óxidos de ferro, pos de vidro e cola, e co extremo impregnado por unha substancia que lle impide quedar incandescente cando a chama se apaga. A superficie de fretaxe está formada por substancias oxidantes, fósforo vermello e sulfuro de antimonio, polos de vidro e un abrasivo. OBS: Tamén se denomina fósforo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate entre as tropas do marqués do Vasto, ás ordes do Emperador Carlos V, e as do duque de Enghien, ás ordes de Francisco I, celebrado en abril do 1544 na localidade de Cerisoles (Piemonte) no marco da guerra pola posesión do Milanesado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte do corpo dos animais onde se xuntan as extremidades anteriores.

    2. Espiga que medrou menos do normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen é forte e resistente ou que está afeito ao traballo.

    2. Aplícase á persoa que ten xenio e que se enrabia con moita frecuencia, especialmente referido a un cativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de gasterópodos terrestres de cuncha globosa que acada os 12 mm de diámetro, de embigo moi marcado e de cor cinsenta. A especie C. virgata está presente nas dunas litorais do S de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Excremento que se pega ao pelo dos animais en forma de bóla.

    2. Lama que se pega no fondo da roupa a causa das salpicaduras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. Graduada en Psicorientoloxía pola University of Laredo (Texas), realizou cursos de dereito na Université de La Sorbonne e de socioloxía en Helsingor (Dinamarca). Residiu en Suíza (1972-1975), onde ocupou o cargo de secretaria da Federación de Entidades Españolas dos cantóns de St. Gallen e Appenzell. Ao seu regreso integrouse na política local de Vilagarcía e ocupou a secretaría xeral da Xunta local do PP. Foi deputada do Parlamento galego, polo PP, na IV lexislatura (1993-1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santo Estevo onde está a capital do concello de Cabana de Bergantiños, a aldea do Bosque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República de Corea (11.911 km2; 2.066.865 h [1995]). A capital é Kwangju.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República de Corea (8.059 km2; 1.902.205 h [1995]). A capital é Chŏnju.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate librado o 12 de febreiro de 1817 entre as tropas españolas dirixidas por Maroto e as forzas combinadas de arxentinos e chilenos dirixidas por O’Higgins e San Martín. A derrota española resultou definitiva no proceso de independencia de Chile, conseguida o 12 de febreiro de 1818.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obra ou traballo mal feito ou que non serve para nada.

    2. Obxecto ruín de pouca calidade e valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer unha cousa a correr e sen moito coidado.

    2. Revolver as cousas ata deixar todo en desorde.

    3. Manipular un obxecto sen coñecer ben o seu funcionamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • chafalleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • chafalleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de asteráceas de follas alternas e tripinnatisectas e receptáculos florais cónicos e ocos ao que pertencen certas macelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía india establecida ao comezo do s IX no Bundēlkhand (India Central), con capital en Mahobā e despois en Khajurāho. O seu período máis brillante comprende os ss XI e XII. No s XIII someteuse á vasalaxe de Delhi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e literato flamengo. Serviu como militar ao duque de Borgoña e no 1455 nomeárono cronista da casa ducal. Vangardista dunha escola literaria borgoñona, cultivou a poesía e escribiu, entre outras obras, Chronique des Ducs de Bourgogne (Crónica dos duques de Borgoña, 1419-1474).

    VER O DETALLE DO TERMO