"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • GALICIA

    Poeta. Despois de estudar medicina na Universidade de Santiago de Compostela, ingresou no Corpo de Sanidade Militar. Afiliouse ao partido republicano, o que o levou a participar no Levantamento de Solís de 1846. Colaborador de diversas publicacións, como El Heraldo Gallego e Revista Gallega, pódese adscribir á xeración provincialista, polo que forma parte da nómina de poetas tardíos do Rexurdimento. Da súa obra destacan Poesías (1878), o seu libro máis romántico; Soazes d’un vello (1886), onde se recolle a totalidade das súas composicións en galego, e Contiños (1888), un conxunto de poemas breves de contido burlesco, moi criticado por E. Pardo Bazán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e político. Formouse na Universidad de Deusto e, ao graduarse (1906), regresou a Galicia, onde exerceu como profesor axudante de Armando Cotarelo Valledor na Universidade de Santiago de Compostela. Simultaneou a actividade académica cos estudios de dereito e coas primeiras incursións en política, na Estrada. Entrou en contacto co rexionalismo galego influído polos discursos de Salvador Cabeza de León, pero o seu contorno familiar, de ideoloxía carlista e tradicionalista, marcou profundamente a súa traxectoria dentro da política nacionalista galega. Os tres grandes piares que constituíron o seu pensamento foron o agrarismo, o galeguismo e o catolicismo. En 1911 trasladouse a Madrid e gañou as oposicións a cátedras de Instituto. Foi destinado a Toledo, e en 1914 permutou a praza e trasladouse a Ourense para exercer a cátedra en Psicoloxía, Lóxica, Ética e Rudimentos. Nesa cidade comezou a súa participación máis activa en movementos de carácter agrarista e católico, e tamén na súa...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea acuática, perenne, rizomatosa, de follas peltadas e orbiculares de 20 a 50 cm, flores terminais, solitarias e olorosas brancas azuladas e froito globoso. É orixinaria de Exipto, África tropical e Asia. Emprégase como planta ornamental en estanques de xardín. OBS: Tamén se denomina loto branco.

    2. Flor desta planta.

    3. Planta glabra de 5-35 cm de altura, que presenta follas imparipinnadas e lanceoladas, inflorescencias sobre pedúnculos axilares e froito en legume. Florece entre marzo e agosto en prados húmidos.

    4. Planta herbácea acuática, perenne, rizomatosa, que presenta grosas follas peltadas e circulares de 30 a 100 cm de diámetro e flores olorosas de cor rosada. É de orixe asiática e cultívase, ás veces, en estanques de xardín.

    5. Planta anual, de 20-80 cm de altura, que presenta follas entre lineais e ovadas, flores pedunculadas dispostas en acios e froito en legume. Florece entre marzo e xullo en lugares areosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos lotófagos.

    2. Individuo do pobo lotófago.

    3. Pobo mitolóxico da costa de Cirenaica, que se alimentaba dos froitos do loto, alimento que facía perder a memoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Mantívose sempre dentro dun estilo de gamas frías, moi oposto ao seu competidor Tiziano. Da súa produción, bastante desigual, destacan San Gerolamo (1506), Nozze mistiche di santa Caterina (1506), Pala di Santa Lucía (1532) e o retrato Andrea Odoni (1527).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Louis-Nicolas Louis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crego e etnógrafo portugués. Párroco de Vilar de Perdizes (Montalegre), recompilou costumes e tradicións do seu contorno. Foi director do xornal Notícias de Barroso e promotor dos Congresos de Medicina Popular de Vilar de Perdizes. Escribiu Usos e costumes de Barroso (1972), con B. da Fonte e A. Machado, Etnografía Trasmontana (1974, 1977) e Os chás dos Congressos de Vilar de Perdizes (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Químico, economista e político. Experto en Dirección e Xestión de Programas Culturais, foi subdirector xeral de Cultura da Xunta de Galicia (1988-1990). Foi presidente do Ateneo de Pontevedra (1990-1996) e concelleiro de Pontevedra (1995-1999), e ademais, foi elixido deputado do Parlamento galego na V e VI lexislaturas e responsable de organización da executiva do PSdeG-PSOE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Lousada (Guntín). Destaca a antiga torre, modificada en altura. O conxunto é moi austero e puideron habitalo os Seijas e os Ulloa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Sarria. De estilo románico, ten planta e ábsida rectangulares e posúe un arco triunfal de medio punto con capiteis historiados con homes e animais. Destaca o retablo do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en San Cristovo de Lóuzara (Samos). Ramiro I e Ordoño I concedéronlle diversos privilexios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada no condado de Suffolk, en Inglaterra, Reino Unido (55.231 h [1981]). Ten porto ao mar do Norte, na desembocadura do río Waveney. É lugar de veraneo polas súas praias e posúe industrias dedicadas á construción de barcos, motores, produtos téxtiles, calzado e aparatos eléctricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rafael Lozano Bartolozzi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Coñecido como Antón Luaces, colaborou en El Correo Gallego, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego e Atlántico Diario. Membro da xunta directiva do Colexio de Xornalistas de Galicia, dirixiu o programa radiofónico Españoles en la Mar, de Radio Exterior de España. Relator e presentador de diversos espacios radiofónicos dedicados á emigración galega, foi director de RNE en Galicia. Recibiu a Vieira de Prata ao programa de maior audiencia en España e o Premio Galicia de Comunicación (1995), ademais de numerosos recoñecementos de asociacións e institucións de emigrantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e político. Fundou a revista Blanco y Negro en 1891, na que incorporou as últimas novidades técnicas para a prensa gráfica, e en 1903 o xornal ABC. En 1909 creou o grupo Prensa Española. Moi ligado á monarquía e aos sectores máis conservadores do país, foi deputado nas Cortes (1893) e senador (1903). Foi condecorado coas grandes cruces de Isabel la Católica e Alfonso XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor, fillo do xornalista Juan Ignacio Luca de Tena y García de Torres. Cultivou a reportaxe xornalística, o teatro, o ensaio e a novela. Foi correspondente en Londres, Washington e Oriente Medio, e director de ABC. Das súas obras destacan Embajadores en el infierno (Premio Nacional de Literatura 1956), Edad prohibida (1958), La mujer del otro (Premio Planeta 1961), Pepa Niebla (Premio Ateneo de Sevilla 1970), Hay una luz sobre la cama (1970), El triunfador (1971), Los renglones torcidos de Dios (1979) e Poemas para después de muerto (1990). En 1973 foi elixido membro da Real Academia Española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista, fillo de Torcuato Luca de Tena y Álvarez Ossorio. Foi director de ABC (1929) e participou activamente no alzamento do 18 de xullo de 1936. Durante a Guerra Civil Española dirixiu o xornal ABC desde Sevilla. Ao finalizar a contenda foi embaixador en Chile e Grecia. En 1946 foi elixido membro da Real Academia Española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e produtor cinematográfico estadounidense. Dirixiu THX 1138 (1971), American Grafitti (1973) e a saga espacial Star Wars (1977-2005). Tamén coproduciu e creou as películas sobre o personaxe de Indiana Jones (1981-2006), dirixida por Spielberg. En 1971 creou a compañía Lucasfilm Ltd (1971), que evolucionou a Lucas Digital Ltd, onde se inclúe Industrial Light & Magic (ILM) que se dedica aos efectos especiais e que foi galardoada cun Oscar por Forrest Gump (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, regado polo río Tinto, ao NL da capital provincial (2.113 h [2001]). É unha zona rica en bosques de aciñeiras, piñeiros e eucaliptos. A economía baséase na agricultura, con cultivos de oliveiras, viña, hortalizas e laranxas; e na gandería porcina e lanar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subdivisión da provincia romana da Tarraconense ou Hispania Citerior. Esta circunscrición territorial e administrativa, creada polo Emperador Augusto, tiña por capital a cidade de Lucus Augusti (hoxe Lugo), onde se centralizaba a recadación fiscal, se executaba a xestión económica e se administraba xustiza. O seu límite polo S estaría na ría de Vigo e continuaría polo río Verdugo, a serra do Suído e o río Sil; polo L lindaría coas serras do Courel, Ancares e Rañadoiro, seguindo polo curso medio e baixo do río Navia. O seu territorio incluía a maior parte de Galicia. Segundo as fontes clásicas de Plinio e o censo de Agripa, contaba con 166.000 homes libres organizados ao redor de 15 populus e tiñan un carácter maioritariamente céltico, confirmado polos topónimos e a onomástica.

    VER O DETALLE DO TERMO