"Ons" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1222.
-
GALICIA
Pintora. Formouse no Círculo de Bellas Artes e na Escuela de Bellas Artes de San Fernando (1949-1950) e permaneceu durante dous meses na Academia Española de Roma en 1957. Entre 1959 e 1961 volveu á Escola de San Fernando como alumna libre de pintura mural. Neste eido realizou un mural para a aula magna e un panel cerámico na facultade de Ciencias de Santiago e un mural para o Instituto San Tomé de Vigo. As súas primeiras composicións recibiron a influencia do cubismo pero posteriormente encadrouse na corrente neofigurativa da pintura española e, co paso do tempo volveuse expresionista. Mantivo unha preocupación pola textura da materia e pola luz que a levou ao emprego de veladuras. Realizou bodegóns, paisaxes, que en poucas ocasións foron reais, e retratos imaxinarios nos que mostrou o dominio do debuxo. Entre outras obras cómpre destacar Retrato de miña nai (1969), A vella dama (1969), Retrato de Bertrand Russell (1970) e Retrato de J. L. Aranguren...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador, escritor e arquiveiro. De orixe galega, colaborou na Crónica General de España (1865-1867), Revista de España e La Ilustración Gallega y Asturiana. Entre as súas obras destacan o libreto da zarzuela Pedro Madruga, Alfonso. Recuerdos de Galicia (1895), El castillo del marqués de Mos de Sotomayor. Estudio histórico sobre el feudalismo en Galicia (1870-1871) e Últimas relaciones de España con la República de Chile (1871-1872).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e poeta. Foi un dos fundadores do grupo de pintores informalistas A Gadaña e pertenceu ao colectivo Estampa Popular Gallega. Nas súas obras, paisaxes e mariñas principalmente ao óleo, acada o protagonismo a cor. Realizou a súa primeira exposición de pintura no centro lucense de Bos Aires da man de Luís Seoane en 1961 e dende entón realizou exposicións en diversas cidades. Formou parte do grupo poético Amencer e colaborou en diversas publicacións como Vieiros e Luzes de Galiza. Da súa produción como escritor destaca A cidade e a gaivota tesa nas ondas do mar (Premio Brais Pinto 1961) e Ayer está a volver (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial francesa que Gaston Gallimard e André Gide, xunto cos fundadores da Nouvelle revue française, estableceron en París en 1911. Nos seus comezos publicou, sobre todo, obras de destacados autores franceses como Gide, Sartre, Céline, Breton, Claudel, Larbaud ou Duras. Dirixida por Antoine Gallimard, está considerada como unha das principais empresas editoriais francesas. En 1953 lanzou a primeira edición europea de obras latinoamericanas na súa colección hispánica, dirixida por Roger Caillois. No 2002 conformaban o Groupe Gallimard: Éditions Denoël, Les Éditions du Mercure de France, Nouveaux Loisirs, Gallimard Jeunesse e Les Éditions de la Table Ronde, ademais dos seus centros de distribución, librerías e filiais no estranxeiro. Tirou do prelo máis de 28 millóns de volumes en 1999.
-
PERSOEIRO
Político cubano. Simpatizante dos rebeldes de Yara durante a Guerra dos Dez Anos (1868-1878), foi confinado na illa de Pinos ata a sinatura da Paz de Zanjón (1878). En 1881 fundou o Partido Liberal Autonomista e, desde xaneiro de 1898, ocupou a presidencia do goberno autonómico, que deixou tras facerse cargo os EE UU do goberno da illa (1899).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Partidario das reformas democráticas na URSS, creou un grupo en defensa dos dereitos humanos en 1974. Despois de declararse a independencia de Xeorxia (9.4.1991), foi elixido (26 de maio) presidente da nova República nunhas eleccións directas. Acusado de ditador, a oposición instigou un golpe de estado en xaneiro de 1992. Refuxiouse en Chechenia e iniciou un conflito armado, reducido en poucas semanas coa axuda do exército ruso. Morreu en estrañas circunstancias.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Patrón de embarcacións a vela. Participou nos Xogos Olímpicos de Los Angeles 1984. Participou na regata volta ao mundo. Entre as distincións coas que foi galardoado, destaca a Medalla de Prata de Galicia (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre de arquitectura, pai de frei Martín Sarmiento. Formouse na arte da arquitectura e en humanidades en Santiago de Compostela. Traballou, entre outras obras, no claustro das Procesións no mosteiro de Samos e na colexiata de Villafranca del Bierzo, a onde se trasladou en 1681. En 1682 trasladouse a Pontevedra, onde foi correo maior.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo. Licenciouse en Filoloxía Románica pola Universidad de Oviedo e doutorouse na Universidad Complutense de Madrid coa tese Ideas Lingüísticas en España durante el siglo XVI (1958, premio nacional de investigación Antonio de Nebrija 1958, publicada co título Contribución a la historia de los conceptos gramaticales (la aportación del Brocense), en Revista de Filología Española, 1960). Desde 1951 foi bolseiro e colaborador do Instituto de Filología e do Comité de Latín Medieval Hispánico, ambos do CSIC. Foi profesor axudante das cátedras de Gramática Xeral e Gramática Histórica da Lingua Castelá (1953-1959), encargado do Seminario de Filoloxía Románica da Universidad Complutense de Madrid e colaborador do Seminario Menéndez Pidal, no que traballou con Ramón Menéndez Pidal e Rafael Lapesa na confección do Glosario del español primitivo (inédito). Ocupou o lectorado de castelán na Universidade de Bonn (1960-1966) onde colaborou cos profesores Harri Meier e E. Coseriu....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático mexicano. Ingresou no Servicio Exterior mexicano en 1939, foi embaixador en Brasil (1962-1964) e durante os anos sesenta foi o representante do seu país na ONU. Dende a súa creación en 1964, presidiu a comisión para a desnuclearización de América Latina e desde 1977 presidiu o Comité de Desarmento, con sede en Xenebra. En 1982 foi galardoado, xunto coa sueca Alva Myrdal, co Premio Nobel da Paz.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Redactor da Enciclopedia Galega Universal. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1997), centrou as súas investigacións na Antigüidade mediterránea, con especial interese polo desenvolvemento do dereito e dos sistemas xudiciais da Hélade. Foi colaborador da revista especializada Anabasis.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e filósofo francés. Fundador do l’Oratoire de l’Immaculée Conception, opúxose á aprobación do dogma da infabilidade papal no Concilio Vaticano I (1869). No eido da filosofía mostrouse contrario ao principio hegeliano da identidade do ser e do non ser. Das súas obras destacan Connaissance de Dieu (1853) e Logique (1855). Foi membro da Académie Française desde 1867.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico francés de orixe grega. É un claro expoñente do cine político, con filmes como Z (1968), État de siège (1972), Section spéciale (1973), Missing (1982), Conseil de familie (1986) e Music Box (1989), que obtivo o Golden Bär no Internationale Filmfestspiele Berlin de 1989.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Profesor de inglés en EE UU, coa chegada da Guerra Civil exiliouse a Cuba, Venezuela e Bos Aires. Promotor e director da revista Eufonía e colaborador en Lar, publicou, entre outras obras, Os fidalgos de Rante (1955), Galeguidade (Humor, Saudade e Patria) (1958) e Namoros e regueifas (1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e dramaturgo. Foi un dos fundadores do Teatro de Cámara de València e traballou como profesor do Instituto de Arte Dramática de València, cidade na que desenvolveu un importante labor cultural. Autor de máis de trinta obras, moitas delas estreadas, a súa escrita presenta diversos rexistros que van da farsa, cunha dimensión social, a textos máis simbólicos ou experimentais. Entre elas destacan El sueño es vida (1952), El tótem en la arena (1960), Muy alto, muy rubio, muy muerto (1964), El cubil (1969), La erotísima Doña Inés (1976) ou El petrolio (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora e escultora. Profesora na facultade de Belas Artes da Univesidade de Vigo. Licenciada en Escultura pola facultade de Belas Artes de San Fernando de Madrid, foi profesora na Escola de Canteiros de Poio e nas escolas de artes e oficios da Coruña e Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Estudiou con Rimskij-Korsakov e foi profesor e director do Conservatorio de San Petersburgo. Foi considerado como o continuador do Grupo dos Cinco. É autor de ballets, sinfonías e concertos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Camilo González Suárez-Llanos.
-
GALICIA
Mestre de obras. Foi pedreiro da catedral de Santiago de Compostela desde 1510. Realizou o sepulcro do rexedor de Santiago, Pedro Siso, na capela de Don Lope (1531). Con Xácome García traballou nas obras do claustro da catedral e foi mestre de obras do colexio de Santiago Alfeo (1532). Xunto con Xoán Pérez visitou as obras que se realizaban no concello de Santiago (1534). Traballou tamén no mosteiro de San Martiño Pinario con Rodrigo Díaz e Xoán Pérez (1539).
VER O DETALLE DO TERMO