"RAF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 981.

  • Representación de calquera tipo, coa finalidade de excitar sexualmente, feita, xeralmente, con afán de lucro. A súa pretendida fronteira co erotismo depende de factores culturais, sociais e relixiosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á pornografía.

    2. Que inclúe pornografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Autor de obras pornográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e guionista cinematográfico. Produciu Los golfos (1959), de Carlos Saura, e Viridiana (1961), de Luis Buñuel. Abandeirado da chamada Escola de Barcelona, dirixiu No compteu amb els dits (1966). Dentro xa dunha clase de underground de forte repercusión social e política, produciu e realizou a serie Miró (1969-1974) e a longametraxe Pont de Varsòvia (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario e político. A súa actividade empresarial centrouse no sector conserveiro pois creou unha fábrica de conservas en Portugal e estivo vinculado á Unión de Fabricantes de Conservas. En Vigo foi xefe local de Falange Española durante a Guerra Civil e o primeiro delegado do Estado da Zona Franca en 1947. Presidiu a Caixa de Aforros Municipal de Vigo e foi alcalde da cidade (1964-1970). Foi procurador en Cortes pola provincia de Pontevedra, en representación dos municipios (1965-1967) e das familias (1967-1971), e foi deputado por Coalición Democrática (1979-1982) e por Alianza Popular (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pedagogo e profesor. Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación, accedeu ao Servizo de Orientación Escolar e Vocacional (SOEV), primeiro en Santiago (1982-1984) e despois en Pontevedra (1984-1988), no Equipo Psicopedagóxico de Apoio (EPSA). Desde 1985 simultaneou este traballo co de profesor-titor no centro asociado da UNED en Pontevedra. Desde 1995 é catedrático de Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela e, desde 2002, vicedecano da facultade de Ciencias da Educación. Pertence ao consello de redacción das revistas Innovación Educativa e Nós, e ao consello editor de Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación. Publicou La Institución Libre de Enseñanza en Galicia (1986), A Escola Normal de Pontevedra (1845-1940) (1994), A Escola Normal de Santiago de Compostela (1849-1996) (2000), en colaboración con Aurora Marco, Historias de vida. O maxisterio pontevedrés na II República, Guerra Civil e Franquismo (2003)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica radiolóxica que permite visualizar as comunicacións anormais entre o sistema venoso portal e a circulación sistémica, coñecidas como shunts portosistémicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio de fotografía concedido pola Deputación da Coruña, con carácter anual, desde 1997, na honra do fotógrafo Luís Ksado e pola súa contribución á fotografía galega. Foron galardoados con este premio Xosé Abad, Xulio Villarino, Peter Marlow, Vari Caramés ou Fernando F. Páez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento pictórico formado en Reino Unido en 1848 coa Pre-Raphaelite Brotherhood (Irmandade Prerrafaelista), integrada por W. Holman Hunt, J. E. Millais, D. Gabriele Rossetti, J. Collison, Th. Woolner, F. G. Stephens e W. M. Rossetti. Compartían o desalento ante o que consideraban situación moribunda da pintura italiana e, como os nazarenos alemáns, revalorizaron a pintura italiana anterior a Rafael, a quen consideraban fonte do academicismo. Caracterizáronse por un forte medievalismo literario e cristián e puxeron a súa arte, dun detallismo minucioso, ao servizo dun alto grao de idealismo tanto formal como conceptual. Disolveuse en 1853.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao prerrafaelismo.

    2. Artista que cultiva o prerrafaelismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Descrición dos trazos físicos ou do aspecto exterior dunha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obra literaria atribuída por erro de tradición ou por falsificación a quen non é o autor verdadeiro.

    2. Libro non canónico do Antigo Testamento, de acordo coa nomenclatura protestante, e que corresponde, para os católicos, ao apócrifo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase a unha obra ou escritura atribuída falsamente a quen non é o autor.

    2. Persoa que falsifica unha escritura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • crebafolgas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método radiográfico en que se aprecian as vibracións larínxeas, bucais e nasais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato fonético, inventado por K. Ludwig en 1847, que recolle e fixa experimentalmente as vibracións sonoras da fala inscritas sobre unha superficie plana, e que en 1863 perfeccionou H. von Helmholtz e, a principios do s XX, Jean-Pierre Rousselot.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixiosa. Coñecida como Sor Patrocinio ou A monxa das chagas, descendía dunha familia de fidalgos galegos. Era carlista e estaba pretendidamente estigmatizada, ademais de ser milagreira. Foi procesada por impostora en 1836 e desterrada a Talavera de la Reina. Conselleira de Isabel II e do seu esposo, formou parte da camarilla ultrarreaccionaria, ata o punto de derrocar a Narváez. En 1868 fuxiu a Francia e volveu coa Restauración. Escribiu numerosas obras de piedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao quirógrafo ou que está acreditado por el.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao documento que está escrito a man ou que leva unha sinatura autógrafa.

      1. Documento autógrafo en que o debedor recoñece unha obriga concreta, e co que o acredor pode probar o seu crédito.

      2. Documento privado asinado polos contraentes, onde consta a celebración dun negocio xurídico.

    2. Documento medieval en que hai escrito dúas ou máis veces un mesmo texto para obter duplicados.

    3. Acta dun consistorio asinada polo papa, correspondente á bula consistorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da física do estado sólido que estuda a estrutura cristalina dos corpos sólidos, e que emprega técnicas de difracción de radiacións electromagnéticas (raios X) ou técnicas de difracción de partículas (electróns e neutróns). Foi usada por primeira vez por M. von Laue en 1912.

    VER O DETALLE DO TERMO