"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á orde carmelita e aos relixiosos que a integran.
-
PERSOEIRO
Compositor, pianista e cantante norteamericano. Coñecido como Hoagy Carmichael, colaborou con diversos músicos de jazz para os que compuxo cancións como Riverboat Shuffle (Barcaza de arrastre), Stardust (Encanto) ou Georgia on my Mind (Georgia na miña memoria).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista italiano. Precursor da escola clásica do dereito penal, defendeu a tese da finalidade preventiva da pena fronte á súa función retributiva. Escribiu Iuris criminalis elementa (Elementos de dereito criminal, 1808) e Teoria delle leggi della sicurezza sociale (Teoría das leis da seguridade social, 1831).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de 228 poemas escritos na Idade Media, fundamentalmente en latín vulgar, con algúns fragmentos en alemán e francés antigo. Apareceron nun manuscrito de 112 folios en pergamiño, descuberto por Christoph Von Aretin na abadía beneditina de Benediktbeuern en 1803. A composición dos textos atribúese aos chamados goliardos, estudiantes errabundos, trobadores ou clérigos anónimos, que mantiñan unha actitude crítica con respecto á Igrexa oficial e ao poder establecido do seu tempo. Constitúen unha exaltación da natureza, do amor, das alegrías da taberna e da vida libre, que propón unha concepción epicúrea da existencia, na liña do tópico do carpe diem. Ademais, conteñen unha crítica burlesca dos costumes do clero, acompañada dunha corrente subxacente de protesta contra o destino aciago que agarda a quen non se adapta aos ditados da sociedade. Os poemas pódense clasificar en tres grandes grupos: poemas satírico-morais, concibidos como unha crítica contra a autoridade e os seus...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cantata composta polo músico alemán Carl Orff en 1937, baseada na colección de poemas Carmina Burana. É unha obra pensada para cantantes solistas, coro e orquestra. O coro disponse en tres grupos, un coro grande, outro pequeno e un terceiro formado por nenos. A parte instrumental corresponde a unha orquestra aumentada por dous pianos, cinco timbais e unha ampla sección de percusión. Existe tamén unha versión escénica con baile e pantomima. As melodías que acompañan a métrica latina dos poemas consisten en estrofas claramente delineadas, que se repiten a miúdo cun crescendo. Sostéñenas ritmos impulsivos, co emprego frecuente de figuras ostinatas. Finalmente, os vinte e tres poemas escollidos organízanse en tres partes: “En primavera”, “Na taberna” e “A corte do amor”, aos que precede unha invocación á “Fortuna, Emperatriz do mundo”, que se repite ao final, dándolle un carácter circular á composición. Existe unha tradución ao galego dos textos seleccionados por...
-
PERSOEIRO
Militar e político. En 1926 participou no golpe de estado do xeneral Gomes da Costa, que derrocou o goberno, e no triunvirato que exerceu o poder. Foi nomeado ministro de Estado e, posteriormente, xefe do goberno ditatorial contra o que se produciron as sublevacións do Porto e Lisboa. Chegou á presidencia da República no 1928, mentres Salazar ocupaba o cargo de presidente de goberno. Foi reelixido en 1935, 1942 e 1949, apoiando a política de Salazar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Industrial e filántropo norteamericano de orixe escocesa. Logo de traballar nunha compañía de ferrocarrís, en 1865 fundou diversas empresas siderúrxicas, que en 1899 fusionou na Carnegie Steel Corporation. Retirado dos negocios, de acordo co que deixara establecido no seu libro The Gospel of Wealth (O evanxeo da riqueza, 1889), dedicouse á filantropía. Fundou diversas institucións benéficas e culturais nos EE UU e no Reino Unido, entre as que destaca a Carnegie Fundation for the Advancement of Teaching creada no 1905.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que se mantén nunha postura determinada aínda que haxa razóns que evidencien que está errado.
-
PERSOEIRO
Pintor e debuxante portugués. Foi alumno do marqués de Oliveira na Academia do Porto e de Benjamin Constant e J. P. Laurens en París. Realizou retratos ao óleo dos personaxes da vida pública do Porto de comezos do s XX, como o Retrato de Eduardo Artayett, e retratos de familia e autorretratos como o Autorretrato do Museo de Amarante (1919). Cultivou tamén os temas históricos: Camões lendo os Lusíadas (1927). Na súa obra predomina o carácter realista pero tamén o expresionismo e o simbolismo que amosa no Tríptico da vida.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. Deputado durante o goberno de Marcelo Caetano, foi ministro adxunto, en representación do Partido Popular Democrático, no primeiro goberno provisional trala caída da ditadura en Portugal. Líder da Aliança Democrática, foi elixido primeiro ministro no ano 1980. Escribiu, entre outras obras, Por uma Social Democracia (1975) e Uma Constitução para os Anos 80-Contributo para um Projecto de Revisão (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista italiano. Catedrático das universidades de Catania, Padua, Milán e Roma, reflexionou sobre distintas cuestións do dereito mercantil, laboral, penal e, sobre todo, procesual. Entre outras obras escribiu Lezioni, sistema e istituzione di diritto processuale civile (Leccións, sistema e institución do dereito procesual civil, 1936), Lezione sul processo penale, metodologia del diritto (Lección sobre o proceso penal, metodoloxía do dereito, 1939), La prova civile (A proba civil, 1915), Teoria generale del diritto (Teoría xeral do dereito, 1940) e Diritto e processo (Dereito e proceso, 1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro piso e idade do Triásico superior do dominio alpino, situado enriba do Ladiano e debaixo do Noriano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Carniano.
-
PERSOEIRO
Escritor, lingüista e crítico. Doutor en Filosofía e Letras, da súa produción destacan, entre outras obras, os ensaios Vida e obra de Pablo Piferrer (1963), Entre la ciencia y la magia, Mariano Cubí (1969), Donde las Hurdes se llaman Cabrera (1964), Nuevas reflexiones sobre el lenguaje (1972) e Gracias y desgracias de Castilla la Vieja (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar carlista. Participou na Guerra da Independencia contra os franceses, e chegou ao grao de coronel. En 1833 organizou as partidas carlistas do Baixo Aragón. Actuou a miúdo en combinación con Ramón Cabrera. Ascendido a xeneral, foi nomeado comandante do Baixo Aragón e do Maestrazgo. En 1835 marchou a Navarra para entrevistarse co pretendente Carlos V, pero foi capturado e fusilado polos liberais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. De orixe cubana, reside en Vigo. Autodidacta de formación, dedícase principalmente á acuarela e a súa temática céntrase nas mariñas. Entre as súas obras destacan Puerto e Tarde de lluvia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Fillo de Lazare Hippolyte Carnot, cursou estudios de enxeñería. Foi deputado en varias lexislaturas da Terceira República, ministro de Obras Públicas no 1880 e ministro de Finanzas no 1885. Chegou á presidencia da República como sucesor de Jules Grévy en 1887. O seu mandato estivo marcado pola actuación do xeneral Boulanger (1886-1889), o escándalo do Canal de Panamá no 1892 e o agravamento dos problemas sociais. Foi asasinado polo anarquista italiano Sante Caserio.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Carnota ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Carnota.
-
-
PERSOEIRO
Militar. Participou na guerra entre España e Francia (1793-1794), xunto co seu tío Ventura Caro, e na guerra contra Portugal no 1801. Destacou na Guerra da Independencia, na que loitou primeiro en Galicia e logo en Catalunya e València, onde foi gobernador xeral. Na Batalla de Puçol (1811) foi capturado polos franceses e, no momento da súa liberación, foi nomeado tenente xeneral. Chegou a ser capitán xeneral de Castela e Catalunya, unha vez arranxadas as súas diferencias co réxime de Fernando VII por mor da súa inclinación liberal. Pertenceu á Orde dos Hospitalarios de san Xoán de Xerusalén.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e diplomático. Participou na campaña de Arxel (1775) co duque de Crillon, e na recuperación da illa de Menorca (1781), da que despois foi nomeado gobernador. Foi ascendido e destinado como tenente xeneral á Capitanía Xeneral de Galicia. En 1786 foi o encargado de fixar os límites franco-españois na zona de Navarra. A consecuencia do seu coñecemento da zona, durante a guerra contra a Convención francesa de 1793 entregóuselle o mando do exército localizado en Euskadi e Navarra. Ante o ataque francés propuxo un cambio nas operacións, que foi rexeitado polo goberno de Madrid, feito que provocou a súa dimisión. En 1801 trasladouse a València para sufocar os levantamentos populares. Loitou activamente durante a Guerra da Independencia (1808-1814) e foi ascendido a capitán xeneral.
VER O DETALLE DO TERMO