"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Sal ou éster do ácido mecónico, que é a forma natural en que se presentan os alcaloides do opio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso franciscano. Foi gardián do convento de San Francisco da Coruña e examinador sinodal na diocese de Santiago de Compostela. Apoiou a loita contra os franceses e defendeu a opción dunha monarquía moderada. Publicou El conquistador y defensor de España, Santiago el Mayor. Oración panegírica que en la iglesia de San Felipe el Real de esta corte, por la Real Congregación de naturales y originarios del nobilísimo Reino de Galicia, pronunció en 25 de julio de 1806 el P. Fr. (1806) e Religión y Constitución hermanadas (1820).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso agostiño. Foi rexente de teoloxía no convento da Coruña. Publicou Panegírico de San Agustín (1787) e Oración fúnebre que en las exequias que celebró el Real Consulado de la Coruña a su augusto fundador el Sr. D. Carlos III, dijo en la parroquia de San Nicolás el R. P. Fr. (1789).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ocorre ou se desenvolve a través dun intermediario.

    2. Que non é directo ou inmediato.

      1. Que, respecto a outro ser ou a outro termo, non se relaciona directamente con este, senón mediante un terceiro.

      2. Que comporta mediación, no sentido hegeliano deste termo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia, simple ou composta, que se emprega cunha finalidade terapéutica contra as manifestacións patolóxicas, tanto se produce a curación suprimindo a causa da enfermidade, como se simplemente atenúa os síntomas. Pódense clasificar en formas oficinais ou galénicas, isto é, produtos naturais preparados e combinados polo boticario segundo as fórmulas dun determinado código; preparacións maxistrais, prescritas polo médico, que fornece a composición, e elaboradas polo farmacéutico a partir de drogas, produtos químicos e preparacións galénicas; e medicamentos especiais, designados por un nome rexistrado, cunha composición, eficacia terapéutica e inocuidade garantidas por un visado oficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos medicamentos.

    2. Que ten a virtude dun medicamento e é útil para curar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e diplomático mexicano. Seguidor da liña política de Madero, emigrou a Cuba perseguido polo seu sucesor Victoriano Huerta. De regreso a México, foi elixido deputado (1928-1930) e desempeñou diversas misións diplomáticas. Gran estudoso da cultura e da literatura maias, da súa obra destacan La tierra del faisán y del venado (1922), El libro del Chilam Balam de Chumayel (1930) e Introdución al estudo de la lengua maya (1943). Foi membro da Academia Mexicana de la Lengua (1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Torea (Muros). O seu cumio acada os 581 m altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Pena (Xinzo de Limia). O seu cumio acada os 781 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Vilar de Lor (Quiroga). O seu cumio acada os 851 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor maligno que aparece, sobre todo, no cerebro dos nenos, e raramente nos adultos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. É doutor en dereito pola Universidade de Leningrado, na que impartiu clase entre 1990 e 1999. A partir tamén de 1990, e durante cinco anos, foi conselleiro do Presidente do Concello Municipal de Leningrado. Compaxinou estas actividades con diversos postos nas empresas forestais máis importantes de Rusia, entre elas Bratsk e na gasística Gazprom. En 1999 trasladouse o Kremlin como protexido de Vladimir Putin, que foi elixido presidente de Rusia no ano seguinte. Medvedev é nomeado xefe da Administración en 2003 e dous anos despois, viceprimeiro ministro responsable de programas sociais. No 2008 Putin retírase e Medvedev gaña con facilidade as eleccións presidenciais e nomea a Putin primeiro ministro do seu goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe que representa un anxo caído nunha lenda popular alemana, publicada en 1587, sobre o doutor Fausto. Simboliza o desexo de comprender o mundo e dominar o universo por parte do home. Divulgouse grazas á caracterización que fixo Goethe e pola súa presenza na ópera Mefistofele (1868), de Arrigo Boito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Mefistófeles.

    2. Que se fai con malicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Megacariocito inmaturo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula xigante da medula ósea, cun núcleo voluminoso e lobulado, que orixina as plaquetas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monumento prehistórico construído cunha ou varias pedras de gran tamaño e sen labrar, xeralmente chantadas na terra e que, en ocasións, presentan cuberta. Os megálitos máis correntes son os funerarios, sepulcros colectivos de diversos tipos (dolmen, galería cuberta, sepulcro de corredor, sepulcro de baixa cúpula), que xeralmente están cubertos por un túmulo; entre os non funerarios destacan as pedrafitas e os círculos líticos. Foron construídos durante o final do Neolítico e as primeiras idades dos metais, nunha boa parte de Europa e nalgunhas outras zonas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula embrionaria voluminosa da serie vermella e nucleada, que se atopa nas extensións medulares e no sangue nas anemias megaloblásticas.

    VER O DETALLE DO TERMO