"AMS" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 90.

  • PERSOEIRO

    Pacifista. Cofundou con Mairéad Corrigan a organización pacifista norirlandesa Community for Peace People en 1976. Ambas as dúas recibiron o Premio Nobel da Paz de 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Activista estadounidense. Foi unha das fundadoras en 1992 da International Campaign to Ban Ladmines (ICBL). Recibiu, con esta organización, o Premio Nobel da Paz en 1997.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Director da Boston Pops Orchestra (1995), compuxo a banda sonora de moitos filmes de S. Spielberg, ademais das de Superman (1978), Born on the 4th of July (1989) e JFK (1991). Recibiu o Oscar pola música de Fiddler on the Roof (1969), Jaws (1975), Star Wars (1977), E.T. (1981) e The Schindler’s List (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz estadounidense. Coñecida como Myrna Loy, da súa filmografía destacan Ben-Hur (1925), The Thin Man (1934), Manhattan Melodrama (1934) ou Shadow of the Thin Man (1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Colonizador. Pastor puritano, fundou a cidade de Providence (1636) e obtivo a carta real que estableceu a colonia de Rhode Island (1644), da que foi gobernador (1654-1657).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Coñecido como Tennessee Williams, destacou como dramaturgo. O seu primeiro éxito foi The Glass Menagerie (1945), seguido de A Streetcar Named Desire (1947), Summer and Smoke (1948), The Rose Tattoo (1951) e Camino Real (1953), non obstante, as obras máis destacadas son Cat on a Hot Tin Roof (1955) ou Sweet Bird of Youth (1959), ambientadas no sur e con mulleres que queren fuxir da atmosfera asfixiante que as envolve. Escribiu tamén Night of the Iguana (1962), Small Craft Warnings (1972), The Eccentricities of a Nightingale (1976) e Clothes for a Summer Hotel (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor galés. Coñecido como Pantycelyn, destacou especialmente pola súa poesía mística e dramática e os seus himnos relixiosos, recollidos en Aleluia (1742-1749) ou Gloria in exelsis (1771).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Fixo investigacións en química orgánica (esterificación, éteres, alcohois) e clasificou os compostos orgánicos segundo a súa estrutura molecular. Propuxo o concepto de equilibrio dinámico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Investigou a espectroscopia, as cores, os vapores metálicos e as radiacións moleculares e atómicas. Ideou un aparato para obter radiación ultravioleta, que recibiu o nome de luz negra ou de Wood.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe e teólogo ruso. De nome Xoán Sanin, fundou un mosteiro en Volokolamsk, preto de Moscova, en 1479. Defendeu a posesión de bens por parte dos mosteiros para fomentar a cultura, mentres que a pobreza tiña que ser individual, e a orixe divina do poder civil e propugnou unha Igrexa poderosa e aliada co tsar. Foi canonizado pola Igrexa Rusa.

    VER O DETALLE DO TERMO