"Afonso" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 97.

  • José Manuel Cerqueira Afonso dos Santos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e enxeñeiro. Presidiu a Cámara Oficial de la Propiedad da Coruña (1936-1943) e foi nomeado alcalde da cidade entre 1947 e 1958, onde realizou importantes investimentos como a pavimentación das rúas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi cóengo de Santiago de Compostela e o arcebispo Diego Xelmírez promoveuno a bispo de Mondoñedo. Fundou o mosteiro de Santa María a Real do Sar cara a 1136.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Tambre, ao seu paso polas parroquias de Cando (Outes) e Roo (Noia). Datada no s XIV e realizada en cantaría, presenta vinte vans con bóvedas circulares e oxivais. Sufriu varias reconstrucións durante os ss XVIII e XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que pertence ao sistema montañoso do Xistral e que está situado na parroquia de Silán (Muras). O seu cumio acada os 942 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Director asociado do Grupo Unipro-Consultores de Empresas, director financeiro de Edicións Laiovento e director da revista Análise Económica, foi cofundador e xerente da revista Teima, cofundador e conselleiro de Escola Aberta e vicepresidente de Promocións Culturais Galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante, escritor e político. En 1895 marchou coa súa nai, Xoaquina Castelao Genme, a Arxentina para reunirse co seu pai, Mariano Rodríguez Dios, propietario dunha polbeira e dun almacén de comercio en Santa Rosa de Toay (La Pampa), onde naceron as súas irmás, Xosefina e Tareixa. En 1900 toda a familia, agás o pai que regresaría máis adiante, voltou a Galicia e instalouse en Rianxo. Entre 1901 e 1903 estudou por libre o bacharelato e preparou o seu ingreso na facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Durante a súa etapa universitaria participou en actuacións teatrais e en parladoiros, ao tempo que traballaba como practicante no Hospital Provincial e despois como alumno interno no Hospital Clínico. Realizou as súas primeiras pinturas e debuxos enmarcados no costumismo idealizante da Xeración do 98. Nos seus cadros de cegos empregou as tintas planas dun xeito modernista. En 1909 obtivo a licenciatura e marchou a Madrid para cursar o doutoramento. Colaborador da revista...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Segovia 1533 - Mallorca 1617) Escritor e místico xesuíta. Ingresou na Compañía de Xesús para dedicarse ao ensino en Mallorca ata a súa morte. Publicou Ejercicio de perfección y virtudes cristianas. Foi beatificado en 1825 e canonizado en 1888. Iconograficamente represéntase como un ancián imberbe vestido con hábito negro e faixa, ao xeito da sotana dos cregos, ou como bispo con sotana violeta, roquete e peitoral. Como atributos leva na man dereita un báculo rematado en cruz de dobre travesa (propio dos fundadores) e un crucifixo dos misioneiros e un rosario (atributo persoal). A súa festividade celébrase o 30 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Vigo? -?) Avogado e xornalista. En Madrid foi redactor de Diario Universal e La Nación. Foi deputado polo distrito de Ordes (1916-1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante portugués. Enviado por Xoán III de Portugal a unha expedición a Brasil (1531), descubriu a baía de Rio de Janeiro e fundou a cidade de Bahia. Dirixiu diversas expedicións ás Indias Orientais, entregouse á pirataría e tivo que volver a Lisboa. O seu irmán, Pero Lopes de Sousa (? 1500 - Madagascar 1539) acompañouno a Brasil, e tamén marchou á India, pero morreu nun naufraxio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. En Brasil iniciou a súa formación en debuxo, fixándose na visión muralista de Cándido Portinari, a quen nun principio seguiu. En 1968 regresou a Galicia, onde continuou a súa traxectoria como pintor. Principalmente abarcou a temática costumista (Faenas de campo; Contas da feira, 1982) e relixiosa (Expulsión, 1991; Magdalena, 1985; Santiago Peregrino, 1992), con grupos de figuras caracterizadas por unha rexa anatomía e o xesto teatral, próximo á máscara (Entroido, 1992; Os xenerais do Marco, 1998), ademais de importantes escorzos (Mamá Ramona, 1986; Pecados capitais, 1992). Tamén tratou con frecuencia o nu (Bañista, 1999) e evolucionou cara ao expresionismo e a abstracción. Na súa paleta predominou o uso de cores quentes, especialmente ocres, verdes e amarelos (Calvario, 1998; Partida en Lamparte, 1992-1999). Ademais de As ofrecidas da Lanzada (1996-1999), Cacharela...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento notarial escrito en portugués considerado, xunto coa Noticia de Torto, como un dos primeiros textos romances non literarios escritos no Reino de Portugal que se conserva. Data de 1214 e foi escrito na chancelaría real. Consérvanse dúas copias (Braga e Toledo) con cadansúa norma gráfica, pero manteñen unha gran regularidade interna. Ambos os dous diplomas diferéncianse polas distintas scriptae que materializan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Bispo de Lima, reuniu numerosos sínodos para promover a vida relixiosa no vicerreinado e defendeu os dereitos da Igrexa. Iconograficamente represéntase con capa, mitra e palio (arcebispo) e cun indio aos pés, como atributo persoal. A súa festividade celébrase o 23 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e profesor auxiliar de paleografía e diplomática na Universidade de Santiago de Compostela. Colaborador en diversas publicacións, da súa obra destacan Biografía de Don Mauricio Troncoso y Sotomayor: abad de Villar de Crecente e del Couto: guerrillero gallego de la Independencia: 1771-1817 (1941), Documentos pontificios de Galicia: 1088-1341 (1941) e Cartas de Felipe II al Licenciado Antolínez: 1579-1586 (1975). Foi correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e escritor. Catedrático de Lingua e Literatura Galegas, foi o impulsor do Arquivo Sonoro de Galicia, onde coordinou edicións de arquivos sonoros de Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas, Celso E. Ferreiro ou Xoaquín Lorenzo, entre outros proxectos, e participou nas actividades do grupo Marcelo Macías do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e na Fundación Otero Pedrayo. Publicou diversos artigos sobre arqueoloxía, historia local e emigración en Boletín Auriense e Raigame, e traduciu ao galego O marabilloso mago de Oz (1994), de L. Frank Baum. É autor da biografía Xoaquín Lorenzo Fernández “Xocas” (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • José Manuel Cerqueira Afonso dos Santos.

    VER O DETALLE DO TERMO