"Arán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 317.
-
PERSOEIRO
Economista armenio. En 1956 foi nomeado director do Instituto Económico da Academia de Ciencias da URSS. Entre as súas obras destacan Chtotakoe imperializm (Que é o imperialismo?, 1954) e Problemy sorremennogo kapitalizma (Crise do mundo capitalista, 1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesora mercantil e socióloga. Publicou, en colaboración co seu marido, Justo de la Cueva Alonso, os traballos: Las familias de la provincia de Pontevedra (1974) e La comarca de la ría de Arosa. Sus familias (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor universitario e crítico. Destacado investigador no mundo da Filoloxía, da Lingüística e da Crítica Literaria. Profesor da Universidade do Estado de Rio de Janeiro e da Universidade Federal -en calidade de docente de Literatura Portuguesa e Brasileira-, acudiu como profesor visitante a algunhas universidades de prestixio, como as de Colonia (1968) e Coimbra (1972).
VER O DETALLE DO TERMO
O seu campo de estudo é moi amplo, tanto en temas (lingua, literatura, crítica literaria) como en épocas (desde a Idade Media ata o Modernismo). Como libros ten publicadas máis de cincuenta obras, así como outros moitos estudos que viron a luz en revistas especializadas ou numerosos artigos publicados nas actas dos congresos nos que interviu. De toda a súa produción destacan, entre outros, libros dedicados á figura de Camões -autor no que está especializado- (O cânone Lírico de Camões,... -
CAPITAIS
Capital do ostān do mesmo nome, en Irán (665.636 h [1994]). Refinería de petróleo, conectada mediante oleoduto co campo petrolífero de Naft-i-Shah.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ostān de Irán (23.667 km2; 1.622.159 h [1991]). A súa capital é Bakhtarān.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria con domicilio social en Vigo fundada no ano 1918, data na que se constituíu como sociedade comanditaria Viñas Aranda y Compañía. O nome de Banco de Vigo adoptouno no ano 1957. No ano 1973 foi substituído polo Banco de Galicia.
-
PERSOEIRO
Político. Educouse en Oxford. Nos anos vinte iniciou a súa andaina política fundando en 1937 o Partido Maha Sinhala. Integrado despois no Partido Nacional Unido, dirixido por Senanavake, foi nomeado ministro de Sanidade e de Goberno Local (1948-1951). En 1951 dimitiu e fundou un novo movemento, o Partido Cingalés Socialista pola Liberdade. Por medio dunha fronte popular conseguiu triunfar nas eleccións de 1956 e converteuse en primeiro ministro (1956-1959). Levou a cabo unha política exterior neutralista e, no interior, favoreceu os srilankeses en detrimento das etnias minoritarias. Nun momento de axitación e crise política, foi asasinado por un bonzo extremista, Talduwec Somarana Thero.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política. Despois do asasinato do seu marido Salomon Bandaranaike (1959), asumiu o liderado político do Partido da Liberdade de Sri Lanka e converteuse en primeira ministra nas eleccións de 1960, cargo no que continuou a liña política do socialismo moderado iniciada por Salomon Bandaranaike. Estivo na oposición entre 1965 e 1970, neste tempo creou a Fronte Unida cos marxistas e con grupos de esquerdas. En 1972 converteu Ceilán na República de Sri Lanka. Nas eleccións de 1977 sufriu unha derrota que a fixo abandonar o goberno e en 1980 foi expulsada do Parlamento e privada dos seus dereitos civís. No ano 1994 converteuse de novo na primeira ministra, antes do acceso á Presidencia da súa filla Chandrika Bandaranaike Kumaratunga.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Economista de orixe ucraína. En 1939 instalouse nos EE UU. En 1957 publicou unha obra fundamental: The Political Economy of Growth (Economía política do crecemento). É a primeira análise marxista despois de Rudolf Hilferding (1910) e de Lenin, sobre o capitalismo monopolista dos países subdesenvolvidos. Rexeitou nese momento a tradición académica occidental e a superficialidade da corrente ortodoxa do marxismo. Dende o 1957 traballou co economista Paul M. Sweezy nunha obra de síntese sobre o capitalismo monopolista: Monopoly Capital (O capital monopolista, 1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Foral de Nafarroa, situado ao SO de Pamplona (18.936 h [1996]). Inclúese dentro da área urbana de Pamplona, onde traballa a maior parte da poboación. Pertenceu ao termo municipal de Cizur, e o seu desenvolvemento urbanístico produciuse no s XX, cando se transformou nun núcleo residencial da periferia inmediata da capital navarra. Está situado no camiño de peregrinación a Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria do País Vasco, con casas en Arratia e Barakaldo (Bizkaia). Algúns membros desta caste asentáronse en terras galegas. As súas armas levan, escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuartel, en campo de ouro, cunha aguia de sable; e segundo e terceiro cuartel, en campo de goles, cun castelo de prata, aclarado de azul.
-
PERSOEIRO
Poeta e filólogo lituano. É autor de estudios de filoloxía e dialectoloxía lituanas e de numerosos poemas, cos que iniciou a temática romántica no seu país. Entre outras obras publicou: Anykščiu Šilelis (O bosque de Anykščiai, 1858), Artoju giesmés (Cantos do labrego, 1860) e Kelioné Petersburgan (Viaxe a Petersburgo, 1859).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe oriúnda do Carballiño. As súas armas levan, en campo de azul, un valo de madeira.
-
PERSOEIRO
Prehistoriador e etnógrafo vasco. Sacerdote, foi un profundo coñecedor da cultura e do pobo vascos e un dos especialistas máis destacados na Prehistoria e Etnografía dese país. Fundou en 1921 o Laboratorio de Euzko-folklore. Exiliado e Francia en 1936, fundou o Instituto Vasco de Investigacións (1946) e a revista Ikuska. Foi profesor da Universidade de Navarra e membro da Sociedade Internacional de Antropoloxía e Etnoloxía. É autor de La religión de los ancianos vascos (1923), Antropología de la población vasca (1947), El hombre prehistórico en el País Vasco (1953 e 1979), El mundo en la mente popular vasca (1960 -1961), Mitología vasca (1960), La cueva de Ekain y sus figuras rupestres (1969), El hombre prehistórico en el País Vasco (1979), Historia general del País Vasco (1980)e Brujería y brujas (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación bilingüe que saíu na Coruña o día 1 de outubro de 1980. A publicación tiña como subtítulo “Revista de poesía”. Foi coordinada por Herminio Otero e Merchy Modroño. Figuraban entre os seus colaboradores: Víctor Sampedro, Ignacio Collado, Xan Rodríguez, etc. A revista estaba editada polo colexio dos Salesianos da Coruña. Por ser unha publicación de ámbito escolar, os primeiros números tiñan o formato de fanzine, pero mellorou a súa calidade gráfica ao contar co patrocinio da Comisión de Cultura do Concello da Coruña dende 1983. A partir de marzo de 1981 convocaban un concurso propio de poesía, e publicábanse na revista os traballos premiados no certame. Destacou a participación de Henrique Manuel Rabunhal co poema titulado “Galopando”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Perda da sensibilidade dos tecidos profundos á presión ou ao peso.
-
GALICIA
Cursou estudos de Arte na Escola Massana (Barcelona). Fundou o Grupo de Teatro Terceiro Andar, do que tamén foi actor e director, xunto con J.A.M. Da autoría de ambos son varias obras teatrais inéditas representadas polo grupo, como Ensaio de circo (1981), Un pequeno favor (1982) ou Ensaio de cabaret (1984). En colaboración con J.A.M., publicou varios libros, nos que os seus debuxos ilustran os textos: 38 poemas pra dispois de cear (1982), Houbo unha vez un anxo malo (1983), Outra historia de Bana Nagú (1983), e Martín Coutinho en busca do sol (1984). Dentro da narrativa para adultos publicaron os libros de relatos: Un pequeno favor e outras historias de humor perverso (1984) e O ollo pecho e outras historias desagradables (1989). Foi cofundador do fanzine Microbius e colaborador gráfico de publicacións como Treboada ou A Nosa Terra....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor romanés. Cultivou a reportaxe periodística, a novela e sobre todo o teatro. Entre as súas obras destaca, a novela Iarba rea (Mala herba, 1950) e as pezas teatrais Opinia publica (A opinión pública) e Interesul general (O interese xeral).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Explorador e comerciante ruso. Adicouse ás actividades mercantís en Siberia. Director da Compañía Ruso-americana, no 1799 tomou posesión de Alasca en nome do Tsar, sendo gobernador deste territorio ata o seu pasamento. Durante o seu mandato fundou colonias e factorías e estableceu relacións entre a colonia de Alasca e os EE UU, California e diversas cidades asiáticas, como Cantón (China) ou Manila (Filipinas).
VER O DETALLE DO TERMO