"Bor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 827.

  • Pazo situado no barrio do mesmo nome en Copenhaguen, obra de Nicolai Eigtved (s XVIII), de estilo Rococó de influencia francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación de sindicatos obreiros norteamericanos fundada en 1955 ao se fusionaren o AFL, fundado no 1886 por Samuel Gompers, e o CIO, escisión (1935) do AFL dirixida por John Lewis. É a central sindical norteamericana máis importante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Míchigan, nos EE UU, á beira do río Detroit (109.592 h [estim 1990]). Centro agrícola e industrial con empresas de instrumentos de precisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oposto á dinastía Borbón, principalmente aos seus monarcas reinantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Encher de árbores unha área determinada.

      1. Dotar de mastros unha embarcación.

      2. Alzar algunha cousa, izar, especialmente unha bandeira ou un estandarte.

      3. Poñer verticais os remos para saudar.

    2. Poñer dereita especialmente unha escada apoiada contra un muro.

    3. Aumentar a elevación das ondas.

    4. Poñerse dereito un cabalo erguendo as patas dianteiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. exetal leñoso que presenta un tronco único ao ramificarse a certa distancia do chan. As partes esenciais de calquera árbore son as raíces, o tronco e a copa. As funcións principais do sistema radical son a fixación da árbore ao chan e a absorción da auga e nutrientes do solo, pero ademais as raíces teñen outros cometidos como o almacenamento de substancias de reserva, a síntese de compostos orgánicos, a secreción de substancias químicas, a xeración de talos, ou a localización de microorganismos fixadores de nitróxeno. A forma e a extensión do sistema radical das árbores están controladas xeneticamente e varían segundo a especie, a idade e as circunstancias ecolóxicas. A maior parte das raíces finas, que son as que se encargan da absorción da auga e dos nutrientes, localízanse xeralmente nos estratos máis superficiais do chan, pero o sistema radical das especies arbóreas acada con facilidade, en solos profundos, unha profundidade que oscila entre os 3 e os 5 m; danse casos singularmente...

      2. árbore aciculifolia

        Árbore de follas aciculares, estreitas e longas, como agullas.

      3. árbore afogadora

        exetal hemiepífito que xermina enriba dunha árbore, crea raíces que baixan ata a terra e, unha vez arraigada, transfórmase nunha árbore que mata a hóspede sobre a que tiña medrado.

      4. árbore caducifolia

        Árbore na que as follas se manteñen activas durante un só período vexetativo. Unha vez transcorrido este período as follas, polo xeral, secan e caen (follas caducas, como o carballo común); pero nalgunhas especies as follas secas aínda persisten longo tempo nas pólas (follas marcescentes, como o carballo cerquiño).

      5. árbore de ribeira

        Árbore que vive en solos húmidos, habitualmente formando bandas paralelas á ribeira dos ríos, estanques e lagoas, como o amieiro, o salgueiro ou o bidueiro.

      6. árbore esclerófila

        Árbore de folla persistente, dura, coriácea e pequena, como a da sobreira e da oliveira. Corresponde a medios climáticos bastante secos, e é o tipo de árbore característica da rexión mediterránea e das zonas de clima semellante onde as chuvias estivais son escasas.

      7. árbore laurifolia

        Árbore de folla plana e dura, como a do loureiro. Diferénciase da árbore esclerófila porque ten as follas máis grandes. É característica, principalmente, de climas tropicais e subtropicais húmidos.

      8. árbore perennifolia

        Árbore na que as follas manteñen a súa actividade durante diversos períodos vexetativos (follas persistentes) e que se renovan de tal maneira que a copa se conserva verde todo o ano, como ocorre coa aciñeira e o abeto.

      9. árbore planifolia

        Árbore de follas planas e de lámina ampla, como o pradairo, o a aciñeira e a abeleira.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desenvolverse unha árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar poboado de árbores.

    2. Plantación de árbores feita con finalidade ornamental, en parques e xardíns, ou destinada á produción de madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás árbores.

    2. Que ten forma ou aspecto de árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado ou calidade de arborescente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que forma ramificacións análogas ás pólas dunha árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de árbores vivas de numerosas especies, destinada a fins fundamentalmente científicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada que se emprega na formación de palabras co significado de ‘árbore’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que mata as árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que habita nas árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica á arboricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da agricultura que se ocupa do cultivo, multiplicación e aproveitamento das árbores. Podemos distinguir a arboricultura froiteira ou fruticultura, a arboricultura forestal ou silvicultura, e a arboricultura ornamental, que se ocupa das árbores e dos arbustos utilizados en xardinería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode plantar de árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Figura que presenta ramificacións semellantes ás dunha árbore (en minerais, fósiles, etc).

    2. Ramificación, sobre todo, das terminacións nerviosas e dos capilares.

    VER O DETALLE DO TERMO