"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afonso IV de Aragón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afonso V de Aragón.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación mensual de tendencia católica aparecida en Santiago de Compostela en 1916.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia romana que correspondía, aproximadamente, á actual Tunicia e mais unha franxa de Alxeria. Orixinariamente a capital foi Útica. A cidade máis importante era Cartago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘vista’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao agnato ou á agnación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
graciola.
-
-
de agraciar.
-
Que posúe beleza, atractivo ou encanto persoal.
-
Que obtivo un premio.
-
-
-
Conceder unha graza ou premio a alguén.
-
Conceder unha gracia, beleza ou mercede.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín informativo creado en 1938 pola agrupación Galicia pro Centro Galego de Buenos Aires, na que se inclúen novas e informacións diversas da propia sociedade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización obreira de carácter socialista, fundada en setembro de 1891. Organizaba veladas culturais e as celebracións do Primeiro de Maio e do aniversario da Comuna de París. A Agrupación de Compostela é froito do proceso de expansión do PSOE, sendo a terceira organización deste partido, despois de Ferrol e A Coruña, aparecida en Galicia. Atopou unha boa acollida entre os obreiros da cidade de todos os oficios, polo que constituíu a Federación Local de Trabajadores. Traballou, conxuntamente coas organizacións de Ferrol e A Coruña, cara ao establecemento de núcleos socialistas en Pontevedra, Vigo, Betanzos e Ourense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización de militancia socialista, fundada na cidade de Vigo en 1894. Mantivo constantes contactos organizativos coas agrupacións de Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela. A organización viguesa estivo representada no IV Congreso do PSOE por Valentín Diego. Recentemente (1999) unificou as tres agrupacións nas que estaba subdividida: Fragoso, Calvario e rúa do Príncipe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización obreira socialista da vila de Viveiro. No ano 1904 contaba con 14 afiliados. Mantivo un gran labor propagandístico e organizou unha folga que mantivo paralizadas ás minas da Silvarosa e Choupín durante máis dun mes. As demandas que reclamaban ao sector patronal eran: aumento de salario, melloras nas condicións de traballo e seguridade na mina. Desapareceu á altura do 1908.
-
SEMANARIOS
Semanario político aparecido en Ferrol no ano 1932 no que se formulaban reivindicacións dos obreiros, propostas de folga e asuntos de interese local.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación socialista local, fundada en Xove en xaneiro de 1934. A constitución da organización socialista de Xove foi produto da iniciativa da Agrupación Socialista de Viveiro, como froito da estratexia de expansión desta polo ámbito parroquial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben as forzas expedicionarias do Exército Español con base no acuartelamento de Figueirido (Vilaboa). Destacadas dende 1994 no territorio da antiga Iugoslavia como cascos azuis para o desenvolvemento de misións de mantemento da paz, baixo o control das Nacións Unidas (UNPROFOR).
-
PERSOEIRO
Guitarrista. Publicou un volume de exercicios para guitarra, titulado Estudios e un método de guitarra xa clásico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Lugo que destacou pola súa tendencia altruísta a prol dos pobres, para os que crearía na capital luguesa a casa das Hermanitas de los Pobres. Fundou tamén o Seminario Maior de xeito que o edificio antigo quedou como sede do convento franciscano. En 1909 foi nomeado Arcebispo de Burgos e en 1911, ao ser designado titular da Sé de Toledo, recibiu o capelo cardenalicio como Primado de España.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Libro escrito por Xosé Luís Calle e editado en 1993, contén a historia do coro pontevedrés Aires d’a Terra que dirixiu D. Perfecto Feijoo. Inclúe o arquivo das pezas populares e galegas, que D. Perfecto posuía, exceptuando as recollidas por D. Casto Sampedro ou aquelas recompiladas no cancioneiro de Inzenga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista fundada en 1984 en Santa Coloma de Gramanet (Barcelona) pola sociedade Airiños da Nosa Galicia, presidida por Manuel Dobarco.