"Calde" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 91.

  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Representante da facción puritana do Partido Moderado, foi ministro de Estado (1854 e 1864) e presidiu o Consello de Ministros (1847). Colaborou na redacción do código penal de 1848 e defendeu a propiedade eclesiástica en contra da desamortización. Escribiu Estudios de legislación y jurisprudencia (1834), Discurso sobre la dotación del culto y el clero, Historia de las Cortes de 1837 (1839) Estudios de Derecho Penal (1842-1843), El código penal concordado y comentado (1848) e Comentarios a las leyes de desvinculación (1849). Tamén publicou as pezas dramáticas Alfredo (1835) e Los infantes de Lara (1836).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa Eulalia que dá nome ao concello de Ponte Caldelas, onde se localiza a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Pontevedra, situado ao SO da Comunidade Autónoma de Galicia e no centro da provincia de Pontevedra. A súa posición xeográfica é 42° 23’ 10” de latitude N e 8° 30’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Cotobade (comarca de Pontevedra), ao L co da Lama (comarca de Pontevedra), ao S co de Fornelos de Montes (comarca de Vigo), e ao O co S de Pontevedra e Soutomaior (comarca de Vigo). Abrangue unha superficie de 87 km 2 , en que acolle unha poboación de 6.487 h (2007), distribuída nas parroquias de Anceu, Caritel, Castro Barbudo, Forzáns, A Insua, Ponte Caldelas, Taboadelo, Tourón e Xustáns. A capital está no lugar de Ponte Caldelas, na parroquia do mesmo nome, localizada a 76 km de Santiago de Compostela e a 17 km de Pontevedra. Está adscrito á diocese de Tui-Vigo e ao partido xudicial de Pontevedra.
    Xeografía física
    O relevo é complexo debido á fracturación do territorio que flanquea polo L a Depresión Meridiana. Está formado...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Ponte Caldelas ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Ponte Caldelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Colaborador de diversas publicacións, como La Iberia, foi redactor de La Voz de Galicia. Os seus principais artigos xornalísticos foron incluídos no volume Crónicas de Heráclito e Demócrito (1964). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Areal situado na ría de Arousa, no litoral da parroquia de Deiro, concello de Vilanova de Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romaría celebrada anualmente en Castro Caldelas na honra á Virxe do Remedios. Comeza coa ornamentación da vila o 6 de setembro e ao día seguinte celébrase a Noite das Bandeiras. Ao redor do santuario, construído en 1840, ten lugar o día 8 a procesión e a misa solemne. Como elementos máis característicos do folclore destaca o Irrio Peliqueiro, a máscara que vai por diante na procesión. Antigamente tamén se facía unha danza de arcos e sacabanse á rúa xigantóns e cabezudos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista, II marqués de Riestra, fillo de Xosé Riestra López. Militou no Partido Liberal, foi deputado a Cortes polo distrito da Estrada durante tres lexislaturas (1907-1916) e polo distrito de Redondela en tres ocasións (1916-1920). Foi subsecretario do Consello de Ministros en 1918.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fillo de Xosé Riestra López. Militou no Partido Liberal e, unha vez rematados os seus estudos, sucedeu ao seu irmán como deputado no distrito da Estrada entre 1916 e 1923.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Co­marca situada no NL da provincia de Ourense e no SL da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coas comarcas da Terra de Lemos (concellos de Sober, Monforte de Lemos) e Quiroga (concello de Ribas de Sil), ao S coas da Limia (concello de Vilar de Barrio) e Verín (concello de Laza), ao L coa da Terra de Trives (concellos de San Xoán de Río e Chandrexa de Queixa) e ao O coas de Ourense (concello de Nogueira de Ramuín) e Allariz-Maceda (concellos de Xunqueira de Espadanedo e Maceda). Abrangue unha superficie de 313,2 km2 en que acolle unha poboación de 4.448 h (2001), distribuída entre os concellos de Castro Caldelas (87,6 km2; 1.834 h [2001]), Montederramo (135,6 km2; 1.206 h [2001]), Parada de Sil (62,4 km2; 841 h [2001]) e A Teixeira (27,6 km2; 567 h [2001]). A evolución socioeconómica e a mellora das comunicacións fixeron que a vila de Castro Caldelas constituíse un pequeno centro ao que se vinculan o resto dos concellos. A debilidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castro Caldelas baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO