"David" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 140.

  • Compañía fundada en 1903 por William S. Harley e os irmáns Arthur, Walter e William Davidson, que se dedicaba á fabricación de motocicletas. As primeiras oficinas instaláronas en Milwaukee en 1905.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e médico. Dentro da corrente materialista da ilustración inglesa, coñécese como o fundador do asociacionismo. Escribiu Observations on Man (1749).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo británico. Foi profesor na Universidade John Hopkins, de Baltimore, ata 1986, ano no que regresou a Oxford. Iniciouse na escola cuantitativa en Bristol. Evolucionou cara ao marxismo, centrando as súas reflexións sobre o espazo urbano. Publicou Explanation in Geography (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático alemán. Estudiou en Heidelberg, en Leipzig e en París. Dedicouse á lóxica matemática, aplicou á xeometría os novos instrumentos lóxicos introducidos por Peano. Foi un dos principais representantes da escola formalista e o creador da metamatemática. Introduciu o concepto de espazo que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Estudiou debuxo na School of Desing de Edimburgo. Entre 1831 e 1832 ilustrou libros de autores como Walter Scott. Membro fundador da Royal Scottish Academy, traballou na formación da National Academy of Scotland (1850). Especializouse no retrato e no calotipo xunto con R. Adamson. Da súa obra destacan os efectos de luz e cores que conseguía mediante espellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, fotógrafo e artista gráfico inglés. Cun estilo derivado do pop art evocou, con cores brillantes, imaxes de repouso e benestar, ademais da relación cos seus amigos. Especializouse na realización de colaxes fotográficas xigantescas. Das súas obras destacan A bigger splash (1967), Mr. and Mrs. Clark and Percy (1970) e Nichols Canyon (1980). Publicou David Hockney by David Hockney (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e inventor. Emigrou a EE UU, onde traballou ata 1877. Construíu e patentou un aparato telegráfico impresor (1855) e fixo estudios sobre o magnetismo. En 1878 inventou o micrófono de carbono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo, historiador e economista escocés. A súa filosofía procede do empirismo de J. Locke e do idealismo de G. Benceley. Centrou a súa doutrina no home e proxectou a crítica empirista sobre as ideas de substancia e causalidade, ás que desproveu do seu tradicional sentido metafísico e reduciu a unha mínima coexistencia permanente de impresións sensibles e a unha sucesión reiterada de fenómenos. Considerou que o motor e guía da vida humana eran os costumes, a imaxinación e as paixóns e que os criterios morais radicaban no sentimento, de igual modo que na base da sociedade están os intereses dos cidadáns. Entre as súas obras destacan Treatise of Human Nature (1740), Political Discourses (1752), History of England (1759) e Dialogues concerning Natural Religion (1779).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Estreitamente identificado co movemento nacionalista e o renacemento galés do s XX, mestura elementos obreiristas-marxistas e tradicionalistas-revolucionarios, que o converten nun autor crítico e satírico no seu país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico e cantante de rock. Coñecido como David Bowie, das súa discografía destacan Space Oddity (1972), Images (1973), Let’ s dance (1983), Never Let me Down (1987), Outside (1995), Earthling (1997) e Heathen (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico galés. Estudiou en Cambridge e, sendo aínda estudiante, descubriu en 1962 o efecto que leva o seu nome sobre as propiedades supercondutoras dos metais a baixa temperatura. Recibiu o Premio Nobel de Física (1973), compartido por L. Esaki e L. Giaever.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político zambiano. Afiliado ao African National Congress en 1950, tres anos máis tarde foi elixido secretario xeral. Fundador do Zambia African National Congress (1958) e presidente do United National Independence Party (1960), foi elixido presidente da República desde a independencia de Zambia (1964) ata 1991, cando o substituíu Frederick Chiluba. En 1997 acusárono de promover un golpe de estado contra o presidente Chiluba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo. Fixo investigacións sobre a bioquímica dos dípteros e demostrou a existencia do citocromo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psiquiatra. Considerado o iniciador da anti-psiquiatría, consideraba que a enfermidade mental era un fenómeno social. En 1965 fundou con David Cooper e A. Esterson, a Philadelphia Association, que agrupaba diversas comunidades, entre as que destacou Kingsley Hall. As súas obras principais son The Divided Self (1960), The Self and Others (1961), Reason and Violence (1964), Sanity, Madness and the Family (en colaboración con A. Esterson, 1964), The Politics of the Family (1969), Knots (1969) e The Facts of Life (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico acerbaixano. Discípulo de Bohr, foi profesor nas universidades de Khàrkov e Moscova. Traballou practicamente en todos os eidos da física do s XX: atómica e nuclear, do estado sólido e do plasma, hidrodinámica, raios cósmicos, magnetismo e crioxenia. Diversos fenómenos e teorías levan o seu nome. En particular, desenvolveu a teoría que explica o comportamento superfluído do helio-3 líquido e tamén é o autor da teoría einsteniana do campo unificado. Foi denomiado o Einstein soviético. Entre as súas obras destaca Course of Theorical Physics, nove volumes escritos en colaboración de E.M. Lifshitz. Recibiu a medalla do Instituto Max Planck (1960) e diversos galardóns soviéticos, entre eles o Premio Lenin (1962). En 1962 foi galardoado co Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre ferromagnetismo, as baixas temperaturas, o helio líquido e física nuclear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. A súa rebeldía contra o moralismo puritano levouno a unhas teorías vitalistas que desembocaron nunha especie de metafísica do sexo. Publicou os seus primeiros poemas en 1909 e deuse a coñecer con novelas como Sons and Lovers (1913). Con The Rainbow (1915) comezaron os seus problemas coa censura e, en 1919, abandonou Inglaterra. Escribiu Kangaroo (1923), The Plumed Serpent (1926) e Lady Chatterley’s Lover (1928), a súa novela máis famosa, prohibida por obscenidade en diversos países.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico inglés. Obtivo os Oscar ao mellor filme e á mellor dirección en 1957 e 1962, por The Bridge on the River Kwai e Lawrence of Arabia. Outros dos seus filmes son Brief Encouter, premiado no Festival de Cannes en 1946, Oliver Twist (1947), Doctor Zhivago (1965), Ryan’s Daugther (1980) e A Passage to India (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Estudiou na Harvard University e na Yale University, onde se doctorou no 1959. Foi profesor da Cornell University e recibiu, xunto con D. D. Osheroff e R. C. Richardson, o Premio Nobel de Física (1996) polo descubrimento das transaccións a fases superfluídas do helio 3, moi importante no ámbito da física a baixa temperatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. De orixe galega, licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Vigo e ampliou estudios na École Regionale des Beaux Arts de Nantes. Nas súas instalacións reflexiona sobre o monumento e o problema social da arte pública. Mestura as formas tradicionais coas novas tecnoloxías. Das súas obras destaca O sono da pedra, situado no Polígono Industrial da Granxa (Porriño).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador e misioneiro. De 1849 a 1856 explorou o Kalahari, navegou polo Zambeze e descubriu as fervenzas Victoria. En 1858 comezou novas exploracións por África oriental e occidental, en particular polas rexións dos lagos Mweru e Tangañika, onde se atopaba Stanley. Morreu durante unha expedición na procura das fontes do Nilo, víctima de disentería. O seu nome foi posto ás fervenzas que se forman no río Congo.

    VER O DETALLE DO TERMO