"Dión" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 96.

  • Navegación aérea ou marítima baseada na utilización de dispositivos radioeléctricos, emisores ou receptores, instalados en terra ou a bordo da aeronave ou da embarcación, como os radares, os radiofaros ou as radiobalizas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Úlcera necrótica de longa evolución producida por unha irradiación intensa e localizada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de neurite que aparece en individuos que estiveron baixo a influencia dos raios X durante moito tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Historia de ficción para ser transmitida en capítulos a través da radio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Núclido radioactivo. Os radionúclidos poden descompoñerse por emisión de diversas partículas (n, á, â, ã) ou por captura de electróns orbitais. O seu coñecemento comeza co descubrimento da radioactividade (1896) e desenvólvese co traballo de P. Curie, M. Curie e E. Soddy. Teñen aplicacións prácticas na análise por activación e na marcaxe, e tamén diversas aplicacións médicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e político. Membro de Falange Española, partido que despois abandonou voluntariamente (1942), foi apresado varias veces. Fundou o Partido Social de Acción Democrática (1957), e posteriormente a Unión Social Demócrata Española (1974). Poeticamente pertenceu á Xeración do 36 e caracterizouse por un clasicismo formal. Publicou as escolmas poéticas En once años (1950) e Hasta la fecha (1962), e en prosa Escrito en España (1962) e, postumamente, Casi unas memorias (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Sicilia, o máis longo da illa, que nace nos montes Madonie e tras un percorrido de 111 km, desemboca no mar de Sicilia, no S da illa, ao L de Licata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (1.791 h [2001]). As principais actividades económicas son a agricultura, a industria papeleira, a téxtil e unha destilaría de alcohol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mu ḥ āfa ẓ a de Exipto (33.140 km2; 54.800 h [1996]). A súa capital é Et-Toor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta grego. Consagrouse como autor do Himno á liberdade (1823), que se converteu en himno nacional grego. Tamén publicou Epigrama pola catástrofe de Psara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político austríaco, conde de Stadion. Ministro de Asuntos Exteriores (1806-1809), declarou a guerra a Francia (1809). Tras a derrota de Wagram e a Paz de Schönbrunn foi substituído por Metternich.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro de Constantinopla, fundado, segundo a tradición, polo cónsul romano Studios (463?). Os monxes seguían alí a observancia dos acemetas. Baluarte da ortodoxia, defendeu (471-519) a doutrina do Concilio de Calcedonia contra o patriarca monofisita Acacio e, nos ss VIII-IX, contra a iconoclastia, sobre todo grazas á obra de Teodoro Estudita, que introduciu unha nova regra baseada na de san Basilio e fixo do mosteiro un centro e modelo de todo o monaquismo ortodoxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Indonesia, situada na illa de Sumatra (103.688 km2; 6.899.675 h [2000]). A capital é Palembang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Filipinas (46.924 km2; 11.793.655 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Foi membro fundador da Sociedade Fotográfica da Coruña. Fotografou todos os castelos de Galicia e realizou reportaxes de grande interese etnográfico e paisaxístico. Destaca Outro día máis (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario. Baixo a súa iniciativa creouse o Banco de La Coruña (1917), do que foi o seu presidente ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO