"EPP" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 84.
-
PERSOEIRO
Físico. Investigou no campo da electricidade e inventou o electróforo (1775). Entre 1776 e 1778 dedicouse á química e descubriu e illou o metano. En 1800, a partir das observacións de Galvani sobre a electricidade animal, construíu a primeira pila eléctrica (pila voltaica).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e nacionalista italiano. É autor do código penal italiano de 1890. Presidente do goberno (1901-1903), desenvolveu unha política reformista e de boas relacións co estado francés.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de dirixible de estrutura e cuberta metálica que empregaba o hidróxeno ou o helio como gas para inflar os globos sustentadores do aparato. Foi ideado e construído polo conde Ferdinand von Zeppelin, que logrou o seu primeiro voo o 2 de xullo de 1900. Durante a Primeira Guerra Mundial foron empregados nos ataques aéreos alemáns e tras a guerra fixeron voos comerciais, dos que destacan os primeiros transoceánicos do Graf Zeppelin (1928) e o Hindenburg (1936) ata o inicio da Segunda Guerra Mundial, aínda que tiveron serios problemas de seguridade que produciron algúns accidentes, como o do Hindenburg en 1937.
-
PERSOEIRO
Inventor alemán. Conde de Zeppelin, estudou na Academia Militar de Ludwigsburg e na Universidade de Tubinga. Unha vez que abandonou a carreira militar (1890), interesouse polo voo dos globos aerostáticos, e dedicouse ao deseño e á construción de dirixibles.
VER O DETALLE DO TERMO