"Gabriel" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 93.
-
PERSOEIRO
Político francés, conde de Mirabeau. Deputado do terceiro estado por Aix-en-Provence, quería para Francia diversas reformas aplicadas gradualmente e no marco dunha monarquía de poder limitado. A partir do outono de 1789 converteuse en conselleiro secreto do rei. Nomeado presidente da Asemblea Nacional en febreiro de 1791, foi autor de panfletos e dalgúns ensaios sobre política e economía, o seu legado principal foron as Oeuvres oratoires.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor. Fíxose cargo dos obradoiros tipográficos que a Xunta Xeral de Vigo, tras o alzamento de 1843, mandou instalar en Cangas, a onde chegaran da man do impresor portugués José Araújo. Cando Araújo desatendeu os novos obradoiros, a Xunta Xeral ordenou o seu fornecemento con novos tipos e o seu traslado a Vigo, onde se fixo cargo deles Román. Alí editou o xornal El Gratis, o primeiro xornal de anuncios en Galicia e o único que se publicou en Vigo ata a aparición de Faro de Vigo (1853).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e poeta, irmán de Christina G. e William M. Rossetti. Foi un dos fundadores da Pre-Raphaelite Brotherhood. Desde 1845 a 1858, pintou sobre todo acuarelas con temas de Dante, Shakespeare, Bowning e do círculo do Rei Artur. En 1859 volveu á pintura ao óleo e axiña se apartou do prerrafaelismo, aínda que conservou os temas medievais. A súa preocupación esencial foi a figura feminina. Destacan os retratos da súa esposa, Elisabeth Siddal (1855), Beata Beatrix (1863), e o da súa modelo, Jane Morris, esposa de W. Morris, de quen se namorou, titulado Proserpina (1874). O seu estilo, botticeliano e lineal, converteuse en máis libre e as composicións perderon simplicidade para facerse máis complicadas como Astaré Siríaca (1877). Influíu moito no simbolismo e o modernismo. Destacado membro do prerrafaelismo literario, fundou co seu irmán a revista The Germ e publicou Poems (1870), Ballad and Sonets (1881) e The Early Italian...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenista. Iniciouse no tenis desde moi nova. Gañou diversos certames deportivos, como o Másters (1988 e 1994) e o Open de EE UU (1990) e a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988). En 1996 retirouse do tenis profesional.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático e físico irlandés. Como físico estudou a dinámica dos fluídos e investigou a fluorescencia e a difracción da luz, e estableceu a primeira e segunda lei de Stokes. Como matemático formulou un teorema sobre as integrais de superficie (1849) e estudou a converxencia das series.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Atleta romanesa. Tres veces campioa do mundo (1997, 1999 e 2001), obtivo unha medalla de bronce (2.000 m) e outra de prata (1.500 m) en Atlanta 1996 e unha de ouro (5.000 m) en Sydney 2000.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociólogo. A partir do estudo de criminais desenvolveu unha teoría dos procesos de interacción social. Das súas obras cómpre destacar Les lois de l’imitation (1890) e Les lois sociaux (1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Coñecido como Tirso de Molina, está considerado un dos autores máis importantes da literatura española. Seguidor e defensor de Lope de Vega, ao que superou nalgún aspecto da súa obra, destacou na profundidade psicolóxica e na creación de caracteres dos personaxes, algúns tan salientables como o tipo de Don Juan, e no contido que concede aos personaxes femininos. A súa produción foi moi extensa e abarca diversos xéneros: comedias relixiosas, como La venganza de Tamar e, sobre todo, El condenado por desconfiado, en que trata o problema da predestinación e a graza divina; comedias histórico-lendarias, como La prudencia en la mujer, en que introduciu ao extraordinario personaxe de María de Molina, e, sobre todo, El burlador de Sevilla y convidado de piedra, unha xenial creación do carácter de Don Juan Tenorio, que deu pé a diversas imitacións posteriores; comedias de costumes, como El vergonzoso en palacio; e comedias de intriga,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Presidente de Uruguay (1931-1934), deu un golpe de estado en 1933 e promulgou unha nova Constitución. Reelixido en 1934, gobernou ditatorialmente ata 1938.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudita. Coñecida como a marquesa de Châtelet, está considerada como unha das mulleres máis destacadas das ciencias do s XVIII. Naceu no seo dunha familia nobre e desde pequena relacionouse con personaxes eminentes da intelectualidade francesa. En 1725 casou co marqués de Châtelet, con quen tivo tres fillos. Mantivo unha longa relación sentimental con Voltaire, algo que se reflectiu no pensamento do sabio. Impulsou os intereses da ciencia, especialmente a difusión das ideas de Newton en Francia. En 1734 participou na elaboración dos Elements de la philosophie de Newton, publicados por Voltaire en 1738. En 1737 comezou a escribir as Institutions de Physique, un novo tratado sobre esa materia destinado a substituír outro, de 1671, que ignoraba a física newtoniana. O traballo de maior esforzo e que máis contribuíu á súa gloria foi a tradución ao francés da obra de Newton Philosophiae naturales principia Matematica, que comezou en 1744 e rematou pouco antes...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Coñecido como Plácido, a súa poesía estivo moi influída polo romanticismo español e foi recollida no volume titulado Poesías Completas (1886), con 210 composicións inéditas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de obras. Foi nomeado director en xefe de camiños veciñais da Deputación Provincial (1870). Influído polo eclecticismo francés, reinterpretou a galería introducindo, entre outros, elementos neogóticos. Realizou edificios de vivendas na Coruña e o Obelisco (1895), na honra de Aureliano Linares Rivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e industrial francés. En 1906 ideou un modelo de biplano con flotadores que constituíu o primeiro hidroavión. Co seu irmán, Charles Voisin (Lyon 1882 - Corselles 1912), dedicouse á construción de diversos modelos de avións. Tamén se dedicou á fabricación de automóbiles.
VER O DETALLE DO TERMO