"Josep" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 326.

  • PERSOEIRO

    Botánico. En 1931 obtivo a cátedra de Botánica Descritiva da facultade de Farmacia de Madrid. Foi xefe da sección de flora tropical e, en 1936, director do Jardín Botánico de Madrid. En 1939 exiliouse e foi profesor do Instituto Botánico de Bogotá. En Cali exerceu como xefe da Comisión Botánica do Valle de Cauca e como director da Escuela Superior de Agricultura Tropical. Desde 1947 residiu nos EE UU, onde foi conservador do Field Museum of Natural History de Chicago e investigador da Smithsonian Institution de Washington. Entre as súas obras destacan Nota a la flora de Colombia (1934) e Estudios sobre plantas andinas. Tamén traballou na edición da enciclopedia Flora Neotrópica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e militar. Nos seus temas destacan as escenas hípicas e militares. Traballou en París no estudo de Detaille e estableceuse máis tarde en Barcelona. Pintou os retratos oficiais de Antonio López, Afonso XIII, Joan Prim e do presidente mexicano Porfirio Díaz. Ilustrou a obra de Francesco Barado La vida militar en España (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto holandés. Estudiou na Academia de Anveres e exerceu como arquitecto municipal de Roermond. Discípulo de Viollet-le-Duc, traballou na restauración da catedral de Maguncia. Construíu numerosas igrexas en estilo neogótico, entre as que destacan a de St. Catharina en Eindhoven (1859) e St. Wilibrordus (1864-1866) en Amsterdam. Realizou tamén o Rijksmuseum de Amsterdam (1877-1885).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo e editor. Publicou numerosas obras didácticas escolares que tiveron gran difusión (especialmente un método de lectura e outro de aritmética, ademais dunha Enciclopedia cíclico-pedagógica). Foi o promotor da editorial Dalmau Carles Pla SA que, en 1931, publicou a Biblioteca Pedagògica Catalana para o ensino do catalán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Marchante, pintor e restaurador. Instalado en Barcelona (1884), foi discípulo de Joan Brull (1896) e frecuentou Els Quatre Gats, onde realizou unha exposición individual. Fundou unha galería de arte en 1906 e foi director artístico da sala de arte da Llibreria Catalònia (1933-1936). Presentou a aqueles artistas que achegaban unha nova visión da arte e as grandes figuras internacionais. En 1917 publicou a revista 391, voceira do dadaísmo. Entre as mostras que promoveu destacan a Exposición de Arte Abstracto e a Exposición de Arte Moderno Nacional y Extranjero, ambas de 1929. Impulsou a Associació d’Artistes Independents (1936) e redactou o seu manifesto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Saxofonista e clarinetista de jazz norteamericano. Coñecido como Joe, en 1923 tocou na Martel Family Band e, posteriormente, en St. Louis e nos river-boats con Ch. Creath e mais F. Marable. Nos anos corenta, estableceuse na Costa Oeste e traballou con K. Ory e W. Manone; nos cincuenta traballou con T. Buckner e dirixiu os Dixie Flyers; e na década dos sesenta ingresou nos All Stars de L. Armstrong, logo de traballar nun river-boat teatral en Disneyland. Entre os seus éxitos sobresae Yellow Dog Blues (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico francés. En 1850 descubriu a bacteria que causa a enfermidade do carbuncho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico norteamericano. Realizou estudios nas universidades de Chicago e Princeton, onde se doutorou en 1911. Foi profesor de física no Carnegie Institute of Technology (1911-1917) e, posteriormente, traballou no departamento de enxeñería da Western Electric Company e na University of Virginia. Realizou numerosas investigacións no campo da emisión termoiónica dos metais e foi un dos precursores da microscopia electrónica. Investigou, xunto con L. H. Germer, a difracción dos electróns. En 1937 compartiu con sir George Thomson o Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre a difracción electrónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e químico neerlandés. Realizou os seus estudios na Universität München, onde acadou o grao de doutor en 1908. Foi profesor das universidades de Zúric, Utrecht, Göttingen, Leipzig e Berlín. En 1940 trasladouse aos EE UU, onde deu clases na Cornell University, en Ithaca (Nova York). Obtivo a nacionalidade estadounidense en 1946. Estudiou a teoría da disolución dos sales, os momentos dipolares e a estrutura molecular. Difundiu a idea da ionización dos sales en disolución de Arrhenius en estado sólido cristalino. No ano 1936 concedéuselle o Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre a polaridade eléctrica das moléculas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo francés. Especialista en arqueoloxía gala e romana, escavou o Monte Beauvray. Foi membro da Academia de Inscricións e Belas Artes dende 1911 e conservador do museo de Roanne. Colaborador de numerosas revistas científicas, entre as súas obras destacan Essai sur la chronologie préhistorique de la Peninsule Ibérique (Ensaio sobre a cronoloxía da Península Ibérica, 1909) e Manuel d’archéologie préhistorique celtique et gallo-romaine (Manual de arqueoloxía prehistórica céltica e galorromana, 1908-1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Neurólogo. Sucedeu a F. Raymond na cátedra de Neuroloxía que ocupara noutros tempos J. M. Charcot no hospital de La Salpêtrière, en París. Foi un dos membros máis destacados dentro da escola francesa, e contribuíu ao gran desenvolvemento da neuroloxía clínica da segunda metade do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo francés. Foi secretario vitalicio da sección de matemáticas da Académie des Sciences. No ano 1781 elaborou as primeiras táboas de efemérides do planeta Urano, ás que lles seguiron as do Sol, Saturno, Xúpiter e outros astros. Participou na medición do arco de meridiano comprendido entre Dunkerque e Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo. No ano 1727 trasladouse a Rusia, onde fundou unha escola de astronomía en San Petersburgo. No 1747 regresou a Francia, onde foi profesor de matemáticas do Collège de France e ocupou o cargo de xeógrafo e astrónomo da Mariña francesa. Dedicouse ao estudo da astronomía solar e foi o primeiro en determinar as coordenadas heliocéntricas das manchas solares. Publicou Mémoire pour servir à l’histoire et au progrès de l’astronomie, de la géographie et de la physique (Memoria para servir á historia e ao progreso da astronomía, da xeografía e da física, 1758).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dominicano e historiador. Estudiou os místicos alemáns, a Igrexa austríaca e a historia das universidades. Entre as súas obras cómpre destacar os seis volumes do Chartularium Universitatis Parisiensis (Cartulario da Universidade de París, 1890-1905), en colaboración con E. Châtelain, e Luther und Luthertum (Lutero e o luteranismo, 1904-1906), sobre a evolución teolóxica de Lutero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Musicólogo inglés. Foi profesor no King’s College de Cambrigde entre 1926 e 1941. En 1926 creou a Sociedade Internacional de Música Contemporánea. Publicou numerosos ensaios e estudios, entre os que destaca Alessandro Scarlatti (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e teólogo. Contribuíu ao avance da teoloxía positiva durante o s XIX. Foi profesor en Würzburg desde 1854, ano no que publicou a súa obra fundamental, Enchiridion symbolorum et definitionum, antoloxía de documentos dogmáticos e doutrinais do maxisterio eclesiástico desde os seus primeiros tempos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta occitano. Fundador do semanario Lo Bouï-Abaisso de Marseille (1841-1842 e 1844-1846), escribiu Lo trovador nacionau o lo chantre tarasconenc (1831).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista e historiador da arte. Escribiu, entre outras obras, La théorie et la pratique du jardinage (A teoría e a práctica da xardinería, 1709) e Abrégé de la vie des plus fameux peintres (Resumo da vida dos máis famosos pintores, 1745-1752). O seu fillo Antoine-Nicholas Dezallier D’Argenville (?-1796) escribiu, entre outras obras, Voyage pittoresque de Paris (Viaxe pintoresca por París, 1757) e Vies des fameux architectes, depuis la Renaissence des arts, avec la description de leurs ouvrages (Vida de famosos arquitectos, despois do renacemento das artes, coa descrición das súas obras, 1787).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Foi partidario do empiriocriticismo de Avenarius e defensor do marxismo na teoría económica e social. Escribiu, entre outras obras, Das Wesen der menschlichen Kopfarbeit (A esencia do traballo intelectual humano, 1869) e Streifzüge eines Sozialisten in das Gebiet der Erkenntnistheorie (Contribución dun socialista no campo da teoría do coñecemento, 1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Inventor e fabricante estadounidense. Foi un dos primeiros en utilizar industrialmente o grafito. Traballou como impresor e litógrafo e, experimentando cos tipos de fundición, descubriu a resistencia do grafito de crisol ás temperaturas elevadas.

    VER O DETALLE DO TERMO