"Miro" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 89.

  • PERSOEIRO

    Escultor. Formouse na Escuela Superior de Dibujo y Pintura de Madrid e con Arturo Mélide, con quen colaborou no mausoleo de Cristovo Colón na catedral de Sevilla. En 1900 obtivo a cátedra de Debuxo e trasladouse ao instituto masculino de Santiago de Compostela. Foi profesor da Escola de Artes e Oficios desde 1902 e escultor anatómico da facultade de Medicina da universidade compostelá desde 1904. A súa obra é ecléctica, fundamentalmente obras relixiosas e funerarias, e modernista, con obras decorativas. Destacan as portas da entrada principal de San Francisco el Grande de Madrid con A. Varela, a estatua xacente de Alfredo Brañas no Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval, os soportais e a antiga sala da casa de Teléfonos na rúa do Franco, o Santo Cristo dos Aflixidos de Bouzas (Vigo), diversos panteóns en Vigo e os retablos da capela do Rosario en San Domingos de Bonaval e de San Fernando na catedral de Santiago de Compostela. Obtivo, entre outros galardóns,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Licenciado en Dereito Canónico e doutor en Filosofía e Letras (1944), foi profesor de historia antiga e medieval na Universidade de Santiago de Compostela (1939-1970) e director da Biblioteca Universitaria de Santiago. Colaborador en diversas publicacións, realizou a tradución con A. Moralejo e J. Feo do Liber Sancti Jacobi, “Codex Calixtinus” (1951) e escribiu, entre outras obras, Egeria: Monxa galega (1976), Galicia histórica: el reino de los suevos (1977), La Galicia romana (1982) e Paulo Orosio: su vida y sus obras (1985). Foi membro da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Heraldista. Foi cronista oficial de Villafranca del Bierzo e secretario do Instituto Histórico de la Marina, escribiu La Condesa de Pardo-Bazán y sus linajes: Nobiliario (1952) e Los Saavedra y los Fajardo en Murcia: nobiliario (1956). Recibiu a Gran Cruz del Mérito Naval e as ordes de Alfonso X e Isabel la Católica. Foi secretario da Real Academia de la Historia e membro correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e político. Participou na Batalla de Trafalgar (1805). Foi ministro de Mariña, Comercio e Gobernación de Ultramar (1839) e de Mariña (1852).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Crítico literario e escritor. Coñecido como Miro Villar, colaborou no poemario Ao mar de adentro (1998). Autor de relatos breves como “Augas de silencio” e “Verbas cruzadas con Amaranta”, polos que recibiu o Premio Modesto Figueiredo (1985 e 1987), publicou Ausencias impretéritas (finalista Premio Esquío 1990), 42 décimas de febre (1994) e Abecedario da desolación (1997), e os libros para nenos Carlota, a marmota que non podía durmir (2000) e Carlota e a bota perdida (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arximiro Villar González.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista ruso. É autor de traballos sobre gramática rusa, como Grammaticeskoje ucenie o slove (Doutrina gramatical da palabra, 1947); lexicoloxía e fraseoloxía, como Oslingvisticeskoj disciplini (Conceptos fundamentais de fraseoloxía rusa como disciplina lingüística, 1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do nome xermánico latinizado Gilimirus, composto de gails ‘lanza’, e miro ‘célebre, famoso’, co significado de ‘célebre ou insigne coa lanza’. Este nome deu lugar ao topónimo Xermil e ao apelido Xelmírez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Polonia (1648-1668), fillo de Sexismundo III. Sucedeu o seu irmán Ladislau IV. Asinou as paces de Oliva (1660) e Andrusovo (1667), polas que cedeu a Prusia oriental ao elector de Brandenburgo, Ucraína e a Rusia Branca ao tsar e Livonia a Suecia. Abdicou en 1668, e retirouse a Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO