"Nava" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 149.

  • Molusco lamelibranquio que mantén unidas as dúas valvas grazas a unha cartilaxe situada no medio das mesmas. Estas valvas poden ser de ata 8 cm de lonxitude, iguais entre si, e posúe un dente cardinal na valva esquerda e dous na dereita. Atópase na zona infralitoral, entre a area.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Penarrubia (Baralla). O seu cumio acada os 800 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Vilanova (Lalín) e Sanguiñedo (Dozón). O seu cumio acada os 687 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guntín baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ribeira de Piquín baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado no Campo de Arañuelo, preto do encoro de Valdecañas (15.237 h [2001]). É centro dunha zona agrícola e gandeira, onde se desenvolveu unha industria alimentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao N dos montes de Toledo e delimitado ao O polo río Pusa, afluente do Tajo (15.237 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, a gandaría e as industrias derivadas. Destacan os curtidoiros e as manufacturas da madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado nos montes de Toledo e regado polo río Pusa, afluente do Tajo (2.721 h [2001]). É unha zona de bosques con aciñeiras, sobreiras e matas. A agricultura e a gandaría son recursos económicos básicos. A industria maioritaria deriva do sector primario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Ávila, Castela e León, situado no N da serra de Gredos e regado polo río Alberche, preto de onde se forma o encoro de Burguillo (2.011 h [2001]). As actividades do sector primario, agricultura e gandaría, son as predominantes. Tamén hai manufacturas da madeira e serradoiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado ao N do Guadiana, onde se forma o encoro de Orellana (4.829 h [2001]). A economía baséase nas actividades do sector primario, do que destaca a agricultura, co cultivo predominante de cereais. As devesas de pastos facilitaron o desenvolvemento do gando de la.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (5.350 h [2001]). Ademais das pequenas hortas familiares ao lado das correntes de auga, a maioría dos cultivos son de secaño. Na gandaería destaca o porcino. Os sectores máis importantes son a industria e os servizos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comandante dunha frota na Grecia clásica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa. Profesora do Internationale Sommerakademie für Bildende Kunst Salzburg desde 1999, na década de 1980 realizou escenografías e intervencións en espazos de arquitectura pública e privada. Participou nas feiras de arte Arco de Madrid, Fiac de París, Art Cologne de Colonia e Fia de Caracas. Como mostras individuais da súa produción destacan Instalación (1977), Interiores con bombilla (1985), Almacén de silencios (1996) e Trasluz (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da costa sudoccidental de Peloponeso, Grecia, no nomós de Messenia, chamada actualmente Pilos. Foi o lugar onde se librou a Batalla de Navarino , en outubro de 1827, entre as forzas aliadas de Francia, Reino Unido e Rusia e as frotas turca e exipcia, ancoradas neste porto. A derrota sufrida polos otománs obrigounos a aceptar a independencia grega (1829).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome castelán de Nafarroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado medieval situado no extremo occidental dos Pireneos. Habitado na Antigüidade polos vascóns, mantivo unha forte resistencia contra calquera intento de dominio estranxeiro, e frustrou os intentos de romanos, visigodos, carolinxios (s VIII) e sarracenos (s IX). A finais do s IX, a influencia asturleonesa estendeuse polo Reino de Pamplona, con Sancho I de Pamplona (905-925) e García III de Pamplona (925-970), que continuou coa súa política expansionista. No primeiro terzo do s XI, coa desintegración do califato, impuxo a súa hexemonía na Península Ibérica baixo a dirección de Sancho III de Navarra (1000-1035), que incorporou o condado de Castela en 1029 e unha parte do Reino de León: Zamora, Astorga e León entre 1032 e 1033. As súas disposicións testamentarias de 1035 sinalaron o fin da expansión navarra e o inicio da súa decadencia política. O núcleo central pasou ao seu primoxénito, García IV de Navarra (1035-1054), co que se iniciou a Casa de Navarra e tamén as disidencias con Castela,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor occitano. Desde a súa primeira novela, Lady Black (1971), as súas obsesións vitais e o tema da homosexualidade estiveron presentes na súa obra, da que destacan Evolène (1972) e Le jardin d’acclimatation (1980, Prix Goncourt).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de València, Comunitat Valenciana, drenado polo río Escalona (2.793 h [2001]). A súa economía baséase na industria aínda que se mantén o sector primario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de La Rioja, situado ao SO de Logroño (2.211 h [2001]). A agricultura e a gandaría son predominantes. Posúe industrias de louza e cerámica. É unha vila de aspecto medieval que cobrou vida despois de que Afonso VIII lle outorgarse foro (1195). Está situado á beira do Camiño Francés de Peregrinación a Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Catedrático musical e director de coro. Foi director da Coral Universitaria de Madrid e presidente da Comisión de Arte Centro Gallego de Madrid. Autor da tradución de óperas ao galego, das que destacan La seva padrona, Bastián ed Bastiana, Il maestro di música e La represa, foi nomeado Socio de Honor de la Coral Mercedaria de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO