"Odín" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 90.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modelo derivado da aplicación da ecuación de Schrödinger para o estudo da estrutura atómica. Para un sistema determinado, as diferentes funcións propias, solucións da ecuación, son coñecidas como orbitais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aerodinámica que se aplica aos fenómenos que teñen lugar nunha atmosfera moi enrarecida, como na alta atmosfera terrestre ata os límites do espazo interplanetario.
-
-
Aplícase á recepción de ondas radiofónicas que se converten en ondas de frecuencia intermedia superaudible mediante o procedemento heterodino.
-
Receptor que está baseado no procedemento superheterodino e que consta dun oscilador local, dun mesturador-convertedor, dun amplificador de frecuencia intermedia, dun detector e dun amplificador de baixa frecuencia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
tenalxia.
-
-
-
Rama da física que utiliza a mecánica estatística para estudar o comportamento macroscópico da materia. Fai o estudo estatístico dun número moi elevado de partículas e determina os valores medios das magnitudes que o caracterizan. As propiedades termodinámicas da materia poden deducirse das leis da mecánica estatística naquilo que se refire ao comportamento ideal dos corpos. As magnitudes termodinámicas clasifícanse en intensivas e extensivas, segundo teñan un carácter local e non dependan da cantidade de masa presente ou que correspondan a unha característica do conxunto do sistema. O estado termodinámico dun sistema queda definido cando as magnitudes termodinámicas o son, e, para un valor determinado destas, defínese un estado, que pode estar representado por unha ecuación ou función de estado. Un estado de equilibrio pode ser representado por unha función j(p, v, T) =, onde p, v e T son as variables: presión, volume específico e temperatura...
-
Principio polo que nun sistema a variación da propiedade termodinámica extensiva denominada enerxía interna (E) é igual á calor absorbida (Q) máis o traballo externo (W) efectuado sobre o sistema. Exprésase formalmente ΔE = Q+W. O primeiro principio establece a equivalencia entre a enerxía térmica (calor) e a enerxía mecánica (traballo) e as relacións cuantitativas entre estes dous tipos de enerxía.
-
principio cero da termodinámica
Principio polo que dous sistemas de partículas postos en contacto, se están en equilibrio estatístico (é dicir, se a distribución de velocidades das súas partículas non varía co tempo), teñen que estar á mesma temperatura.
-
segundo principio da termodinámica
Principio segundo o que as transformacións termodinámicas máis probables que poden ter lugar nun sistema illado son aquelas en que a variable extensiva, denominada entropía (S), aumenta ou permanece constante, segundo que a transformación sexa irreversible ou reversible. Enunciado por Carnot en 1824, afirmaba que, para producir traballo a partir de enerxía térmica, cómpre dispoñer dunha diferenza de temperaturas. Clauisus afirmou que a entropía do Universo tende a un valor máximo, ao chegar ao cal desaparecen todos os fenómenos térmicos. Baseándose na física estatística e no cálculo de probabilidades, Boltzmann demostrou que o paso da calor dun corpo quente a un frío era máis probable, pero que o caso inverso non era posible.
-
terceiro principio da termodinámica
Principio segundo o cal no cero absoluto de temperatura a variación de entropía dun sistema nun proceso isotérmico tende a cero.
-
-
Rama da termodinámica dedicada ao estudo xeral das relacións entre a enerxía e os procesos químicos, a enerxía interna e a entalpía. Na estática química entran en xogo as funcións derivadas do segundo principio da termodinámica, principalmente a entropía e a entalpía libre de Gibbs. Estas funcións termodinámicas relaciónanse coas ecuacións de estado dos sistemas materiais. Só son aplicables, en rigor, ao estudo de propiedades globais dos sistemas en que participan un gran número de partículas. Ademais, a termodinámica química clásica só pode operar sobre as variacións que sofren as funcións mencionadas no curso das transformacións químicas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á termodinámica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dor no peito.
-
REXIÓNS
Rexión autónoma da república de Serbia, Serbia e Montenegro (21.506 km2; 1.954.432 h [estim 2000]). A súa capital é Novi Sad. Comprende unha parte da Bačka, Sirmia e o Banato, e está formada pola gran chaira aluvial do baixo Tisza, entre Romanía e Hungría, e limitada polo Danubio e o baixo Sava. Está poboada por unha maioría de serbios, con minorías de húngaros, croatas, romaneses e eslovacos. No s IX formou parte do Imperio Húngaro. Entre 1552 e 1699 foi ocupada polos turcos, e logo pertenceu ao Imperio Austrohúngaro e a rexión foi repoboada por diversos grupos étnicos. Coa constitución imperial de 1849, obtivo unha administración autónoma, pero en 1866 foi incorporada a Hungría. Despois da Primeira Guerra Mundial foi repartida entre Serbia e Romanía; e durante a Segunda Guerra Mundial o exército húngaro e parte das tropas alemás ocuparon a Vojvodina serbia. Desde 1946 é un territorio autónomo da República de Serbia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da xeoloxía que se encarga do estudo das modificacións que experimenta a estrutura da codia terrestre. Os axentes xeolóxicos que producen estas modificacións poden ser externos á codia terrestre (xeo, augas superficiais) ou internos á terra (vulcanismo, sismoloxía).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dor no apéndice xifoide. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].