"Oran" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 135.

    1. Aplícase ao elemento dun conxunto ordenado A que é menor que calquera elemento dun subconxunto B dado.

    2. Dada unha sucesión ou serie de números reais, aplícase á sucesión ou serie con termos que non son máis grandes que os respectivos da sucesión ou serie dada.

    3. Dada unha función, cuxos valores pertencen a un conxunto ordenado, minorante do percorrido da función.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva, en campo de azul, cinco puntas de lanza de prata, manchadas de sangue e colocadas en aspa. Outra variante trae, en campo de prata, un león rampante de azul. Outros ostentan, en campo de goles, tres bandas de azul, acompañadas de dúas flores de lis de ouro, unha no alto e outra no baixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e profesor. Catedrático de Lingua e Literatura Galega, foi membro fundador do grupo musical Agra. Colaborador de diversos medios de comunicación con estudos filolóxicos e de crítica literaria, das súas obras destacan O mundo narrativo de Álvaro Cunqueiro, a música dos discos compactos O pobo da noite (1998), en colaboración con Manuel Rivas, e Río de son e vento (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Diplomático e político. Cofundou con Enrique Tierno Galván o Partido Socialista del Interior en 1967, refundado como Partido Socialista Popular en 1974. Foi ministro de Asuntos Exteriores no primeiro goberno de F. González (1982-1985) e xestionou o ingreso de España na CEE. Representante de España na ONU (1985-1987), foi deputado no Parlamento Europeo   en 1987, 1989 e 1994. Foi candidato á alcaldía de Madrid en 1998. Das súas obras destaca
    Revolución y tradición en África

    (1971),
    Una política exterior para España: una alternativa socialista

    (1980),
    España en su sitio

    (1990) e
    Polimpsesto amodo de memoria

    (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello pertencente á comarca de Caldas, situado ao O de Galicia e da provincia de Pontevedra, da que administrativamente forma parte. A súa posición xeográfica é 42° 35’ de latitude N e 8° 35’ 12” de lonxitude O. Limita ao N co concello de Cuntis (comarca de Caldas), ao S cos de Campo Lameiro, Pontevedra e Barro (comarca de Pontevedra), ao L cos de Cuntis e Campo Lameiro e ao O cos de Caldas de Reis, Portas (comarca de Caldas) e Barro (comarca de Pontevedra). Abrangue unha superficie de 41,3 km 2 en que cunha poboación de 4.309 h (2007), distribuídos nas parroquias de Amil, Cosoirado, Gargantáns, Lamas, Laxe, Rebón, Saiáns, San Lourenzo de Moraña e Santa Xusta de Moraña. A súa capital, Santa Lucía de Moraña, situada na parroquia de Saiáns, dista 21,5 km de Pontevedra e 43 km de Santiago de Compostela. Esta adscrito á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Caldas de Reis.
    Xeografía física
    En Moraña atópanse dúas unidades morfolóxicas claramente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e novelista. Escribiu libros de poemas, como Lampes à Arc (1920), pero a novela Lewis et Irène (1924) foi un dos seus éxitos máis notables. Escribiu tamén libros de impresións de viaxes e de recompilacións de crónicas, así como as novelas Ouvert la nuit (1922) e París-Tomboutou (1928), cheas de fina ironía. Foi elixido membro da Académie Française (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Residiu en Cuba, onde se considerou unha das escritoras máis importantes da súa época. Das súas obras destacan Auroras (1925), Plenilunios (1928), Estremecimientos (1930) e Vidas rotas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estivo influenciado por Cézanne, a pintura metafísica, o futurismo e o Valorici Plastici. Pintou naturezas mortas de obxectos familiares, a base de formas puras e uso de cores nítidas. Cultivou tamén a augaforte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Moraña ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Moraña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre a parroquia de Biobra (Rubiá) e a provincia de León. O seu cumio acada os 914 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. O conxunto da súa obra, centrada nos soños e nas contradicións do home, constitúe unha crítica do excesivo racionalismo europeo. É autora da recompilación de relatos Il gioco segreto (1941), as novelas Menzogna e sortilegio (premio Viareggio, 1948), L’isola di Arturo (premio Strega, 1957), Lo scialle andaluso (1963), La storia (1974) e Aracoeli (premio Medici, 1982), e das compilacións poéticas Alibi (1958) e Il mondo salvato dai ragazzi (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade portuaria do S da illa de Hokkaidō, Xapón (128.220 h [1991]). É un dos grandes centros da industria xaponesa do ferro e do aceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de arte contemporánea fundado en 1970 polo Laboratorio de Formas do grupo Sargadelos e situado en Osedo (Sada). Naceu para acoller a colección de plástica galega da década de 1930 doada polos membros fundadores do Laboratorio de Formas e dedicouse ao pintor Carlos Maside. En 1974 creouse o padroado do museo e en 1985 ampliou a súa colección para acoller a obra de artistas galegos contemporáneos e adoptou o nome actual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de arte contemporánea situado no antigo edificio dos xulgados e do cárcere de Vigo, inaugurado en 2002. Mostra obras nacionais e internacionais, e acompaña o seu labor de exposición con traballos de investigación, así como coa organización de congresos e seminarios, celebrados nas súas instalacións. As súas liñas expositivas diríxense á presentación de mostras pluridisciplinais de arte actual, revisións históricas e mostras de novos artistas. Está integrado na Alianza Estratégica de Museos e a súa sede foi declarada Ben de Interese Cultural en 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de arte contemporánea fundado por Unión Fenosa en 1995, na Coruña. Na súa sede atópase tamén o Museo Eléctrico. A orixe da súa colección está formada polas obras adquiridas nas mostras de pintura e escultura organizadas por Unión Fenosa desde 1989. Conta cunha importante representación da plástica galega. Entre outras actividades organiza os talleres para artistas, cursos e conferencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo creado en Madrid en 1968 a partir da unificación dos antigos Museo Nacional de Arte Moderno e Museo Nacional de Arte Contemporáneo. Instalouse na zona universitaria e inaugurouse en 1979. Contaba con obras de pintores e escultores activos en España durante o s XX. En 1987 foi suprimido e os seus fondos transferidos ao Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que desprende olor.

    2. Substancia que se engade a un medicamento para darlle ou modificar o seu olor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da wilāya de Oran, Alxeria, situada ao O do país (655.852 h [1998]). Foi fundada a comezos do s X e incorporouse aos imperios almohade e almorábide. Ata o s XIV foi un centro importante de intercambios entre o mundo cristián mediterráneo e as rutas centroafricanas. En 1509 Fernando II de Aragón apoderouse da cidade e incorporouna ao seu reino. Así permaneceu ata 1708, que caeu en poder dos turcos. Posteriormente, Filipe V reconquistouna e uniuna á Coroa de España ata que se separou, conquistada polos marroquís, en 1792. En 1831 converteuse en posesión francesa, baixo o reinado de Carlos X pero foi abandonada tras a Guerra de Independencia de Alxeria.

    VER O DETALLE DO TERMO