"PAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 751.

  • Partido comunista nepalí que se conforma como a segunda forza política do país, onde gobernou en dúas ocasións. Creouse en 1949, durante os movementos insurreccionais contra o réxime autocrático Rana. Desde 1988 integrou a totalidade das forzas políticas da esquerda nepalí e engadiu ao seu nome as palabras marxista-leninista unificado. O seu obxectivo principal é a consecución dunha democracia popular multipartidista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización que agrupa as conferencias episcopais católicas dos países de Hispanoamérica. Fundada en 1955, as súas oficinas centrais están en Bogotá. Celebra unha asemblea xeral anual de carácter ordinario, ademais doutras sesións extraordinarias; as máis importantes foron as de Mar del Plata (1966), Medellín (1968), Puebla de los Ángeles (1979) e Santo Domingo (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Dragases (? 1404 - Constantinopla 29.5.1453) Emperador bizantino (1449-1453). Sucedeu o seu irmán Xoán VIII, recibiu territorios do seu irmán Teodoro e adquiriu Clarentza por matrimonio (1428), para logo apoderarse do principado de Patras (1429). Foi rexente do Imperio Bizantino, mentres o Emperador Xoán VIII buscaba apoios no Occidente e tentaba a unificación das igrexas. Botou os turcos da Beocia e obrigou o duque de Atenas a recoñecerlle a soberanía e pagar tributos. Ao morrer o seu irmán, foi coroado emperador de Constantinopla no 1449, coa oposición do seu outro irmán Demetrio. Buscou apoios fronte aos otomanos entre os monarcas europeos, mentres no interior se enfrontaba coa oposición da Igrexa ortodoxa. Os otomanos iniciaron o asedio definitivo da cidade en 1453 e Constantino morreu no asalto que puxo fin ao Imperio de Bizancio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á resina obtida de certas árbores de América e de África oriental, dos xéneros Hymenaea e Trachylobium, que se emprega na fabricación de vernices e linóleo.

    2. Nome dado a diversas leguminosas de África oriental, especialmente Trachylobium verrucosum e T. mossambicense, ou do Brasil, como a Hymenaea coubaril, das que se obtén a resina homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de palacios situados ás beiras da Gran Canle de Venecia. Está formado polo palacio Corner della Ca Grande (1530?), obra de Sansovino; o palacio Corner-Spinelli (1500), atribuído a Muro Coduci; o palacio Corner-Mocenigo (1543), obra de Sanmicheli; e o palacio Corner della Regina (1724), de Domenico Rossi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificación situada en Roma, foi orixinariamente o palacio Riario. No 1736 adquiriuno o cardeal Neri Corsini e transformouno segundo as trazas ditadas por Ferdinando Fuga. En 1833 pasou a pertencer ao goberno italiano. Foi residencia da Raíña Cristina de Suecia. O interior destaca pola súa sobriedade mentres que o exterior descobre a escenografía barroca. O legado de Tommaso Corsini foi o núcleo que formou a Galleria Nazionale d’Arte Antica, situada entre este palacio e o palacio Barberini. É sede da Accademia Nazionale dei Lincei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio construído por sir Joseph Paxton (1801-1865) no Hyde Park de Londres para a Exposición Universal de 1851. Realizado en ferro e cristal, foi o primeiro construído con elementos prefabricados que podían ser instalados sobre o terreo. Trala exposición trasladouse a Sydenham Hill onde permaneceu ata 1936, data na que sufriu un incendio que o destruíu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comandante ou xefe da garda palatina durante o Imperio Bizantino, entre os ss VI e IX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico norteamericano. Integrouse na industria do cine con películas fantásticas como Carrie (1976) e The Fury (A furia, 1978); con películas inspiradas na obra de Afred Hitchock como Dressed to kill (Vestida para matar, 1980) e Body Double (Dobre corpo, 1984); e con películas de carácter cinéfilo como Home Movies (Películas de casa, 1979) e Blow Out (Impacto, 1981). Participou noutras películas como produtor e como guionista. Tamén dirixiu The Untouchables (Os intocables, 1987); a adaptación da novela de Tom Wolf, The Bonfire of Vanities (A fogueira das vaidades, 1990); Raising Cain (En nome de Caín, 1992); Mission Impossible (Misión imposible, 1996); Snake Eyes (Ollos de serpe, 1998); ou Mission to Mars (Misión a Marte, 2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘culler’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer saír a un animal dun tobo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • desapaleirar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desfacer unha empallada.

    2. Quitar a palla que envolve algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desfacer ou librar un palleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desfacer un empalme.

    2. Desfacerse un empalme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso que determina a perda do trazo normalmente palatalizado dunha articulación nunhas circunstancias determinadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer perder o trazo palatal dunha articulación.

    2. Perder unha articulación o trazo palatal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á flor ou aos cálices formados por sépalos que non se presentan soldados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao perigonio de tépalos libres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emplasto astrinxente e secante, fóra de uso, de xabón de chumbo, ao que se lle agrega un 6% de cera e un 3% de sulfato de zinc.

    VER O DETALLE DO TERMO