"PAM" (Contén)

Mostrando 1 resultados de 81.

    1. Relativo ou pertencente aos tupamaros.

    2. Membro do Movemento de Liberación Nacional de Uruguay, iniciado en 1962 polo dirixente sindical socialista Raúl Sendic. Seguindo as tácticas da guerrilla urbana, organizaron golpes espectaculares: fuxidas en masa de penais, asaltos a arsenais da mariña ou a conquista da poboación de Pando. Un choque co ultradereitista Escuadrón de la Muerte (1973) provocou unha gran represión estatal, intensificada despois do golpe de estado militar. Contra 1975 o movemento tupamaro xa estaba practicamente desmantelado no interior de Uruguay. Tras a instauración dun goberno civil en Uruguay (1985), o MLN abandonou a loita armada para adoptar métodos de loita legal.

    VER O DETALLE DO TERMO