"RCH" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 203.

  • PERSOEIRO

    Novelista inglés. Exerceu como médico ata 1930. A súa obra tivo gran difusión entre os anos 1940 e 1950 cando se levou ao cine. Entre os seus libros destacan Hatter’s Castle (O castelo do odio, 1931), The Citadel (A cidadela, 1937) e The Keys of the Kingdom (As chaves do reino, 1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte, diplomático e xornalista. Foi correspondente na Guerra de Crimea. En 1874 coñeceu a Giovanni Battista Cavalcaselle, con quen desenvolveu o seu traballo de historiador. Entre as súas obras destacan A new history of painting in Italy (Unha nova historia da pintura en Italia, 1864-1866) e Raphael: his life and works (Rafael: a súa vida e traballos, 1882).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e pedagogo. Formouse no ambiente cultural e social do Milán posterior ao Risorgimento, entre a herdanza manzoniana, a rebelión da scapigliatura, a atención polo socialismo humanitario e a inclinación polo verismo. Foi cofundador da revista La Vita Nuova e profesor e secretario da Accademia Scientifico-letteraria de Milán. Da súa produción destacan as obras Il cappello del prete (O sombreiro do crego, 1888), Arabella (1892), Giacomo l’idealista (Giacomo o idealista, 1897) e Col fuoco non si scherza (Co lume non se xoga, 1901).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Soltar ou separar os corchetes que unen dúas partes dunha peza de roupa.

    2. Sacar un corchete da asa que o engancha a unha peza de roupa.

    3. Soltarse o que estaba agarrado con corchetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recuperar o vigor aquilo que estaba murcho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución alemá con sede en Berlín dedicada á investigación da Antigüidade clásica do mundo mediterráneo e do Próximo Oriente. A súa orixe está no Istituto di Correspondenza Archeologica, fundado en 1829 e trasladado a Berlín en 1832. En 1874 creouse a sección de Atenas e posteriormente as do Cairo, Istambul, Madrid (1943), Bagdad e Teherán; e dúas comisións, unha en Frankfurt e outra en Múnic. En 1979 estableceuse en Bonn a Kommission für Allgemeine und Vergleichende Archäologie (Comisión para a arqueoloxía xeral e comparada), dedicada á arqueoloxía de fóra de Europa e do Vello Mundo. En 1996 creouse a sección do Próximo Oriente que uniu a sección de Bagdad e as estacións de Damasco e Sinaí, establecidas con anterioridade. Entre outras actividades organiza escavacións, expedicións, coloquios e congresos. Conta cun arquivo bibliográfico e outro fotográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes mariños, da familia dos serránidos, ao que pertence a robaliza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CANTÓNS

    Cantón de Luxemburgo, situado no distrito homónimo (239 km2; 24.600 h [estim 1995]). É unha área agrícola e núcleo industrial. A capital é Diekirch (5.589 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de consulta e de iniciación á Antigüidade cristiá referida especialmente ao culto, á arqueoloxía e á epigrafía. Publicado en trinta volumes (1903-1953), iniciouno F. M. Cabrol en París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Debuxo dunha figura humana ou animal que mostra os seus músculos, que lles servía aos artistas para realizar estudios anatómicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado por Bosch i Gimpera en 1915 a un dos estilos pitóricos da cerámica ibera atopada na parte meridional do País Valencià e Murcia. Caracterízase polas figuras simbólicas, de dimensións considerables, humanas ou de animais, con elementos decorativos florais, vexetais e xeométricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colocar corchetes a algo

    2. Suxeitar algo con corchetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Preparar confeitos de xeito que o azucre cristalice no exterior. Tamén se fai para preparar combinados e refrescos, untando o bordo da copa ou vaso con zume de limón e azucre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao animal esfolado ou desplumado que se esmalta sempre de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cirurxián alemán. Médico e conselleiro da corte de Prusia, as súas contribucións máis importantes afectaron ao campo da cirurxía de urxencia. Inventou unha venda elástica que, ao envolver unha extremidade, suprime a circulación e permite facer unha intervención cirúrxica sen perda de sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización destinada ao desenvolvemento da investigación espacial para a realización de grandes proxectos que sobrepasan a capacidade dun só Estado. En 1975 fusionouse coa ELDO para dar lugar á ESA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de arquitectos norteamericanos caracterizados pola recuperación do vocabulario formal da vangarda europea da década dos vinte. Estaba formado por Peter Eisenman (1932), Michael Graves (1934), Charles Gwathmey (1938), John Hejduk (1929) e Richard Meier (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome das igrexas protestantes de Inglaterra e de Gales que non forman parte da Igrexa de Inglaterra. Comprenden non só o grupo integrado na Free Church Federation (1940), senón outros que sosteñen a imposibilidade dunha unión permanente entre Igrexa e Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico. En 1998 recibiu, xunto con L. J. Ignarro e F. Murad, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía polos seus descubrimentos sobre o papel do óxido nítrico como molécula de sinalización no sistema cardiovascular.

    VER O DETALLE DO TERMO