"RSA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 131.

  • Conxunto de reunións celebradas en París, de maio de 1968 a xaneiro de 1973, entre unha delegación estadounidense e unha norvietnamita, para tratar a fin da Guerra de Vietnam. Culminaron nun tratado de paz, negociado por H. Kissinger (EE UU) e Le Duc Tho (Vietnam do Norte), que recolleu o cesamento do fogo, a retirada das forzas estadounidenses de Vietnam, a creación dunha comisión internacional de control e a supervisión e formación dun consello nacional vietnamita de reconciliación e concordia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dorsal do Pacífico oriental, que vai de N a S desde a costa de América Central ata A Antártida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Persia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Persia.

    3. Lingua indoirania do phylum indoeuropeo, falada na antiga Persia, en Irán e en gran parte de Afganistán. Distínguense tres fases históricas. O persa antigo, que xunto co avéstico representa a fase antiga do iranio, está documentado nas inscricións cuneiformes dos aqueménidas dos ss VII-IV a C. O persa medio foi a lingua principal literaria, relixiosa e oficial dos sasánidas de 226 a 651 e está documentado en numerosos manuscritos mazdeístas e maniqueos. Durante certo tempo o persa medio estivo en rivalidade co parto: as inscricións dos inicios da época sasánida admiten, a maioría, as versións en persa medio, parto e grego. A escritura, derivada do arameo, é arcaizante, e, xunto coa lingua, denomínase a miúdo pahlavi; tamén se aplica este nome ao conxunto de textos do persa medio e o parto. O persa moderno ou fārsī, lingua oficial de Irán e de Afganistán xunto co pashto, tamén é oficial en Taxikistán na forma denominada...

    4. Arte desenvolvida en Persia. As primeiras manifestacións antigas son os vasos de cerámica carbonífera de Elburz, Susa ou Sialk, e os bronces de Luristán (1500 a C). A arte persa propiamente dita comezou con Ciro II de Persia (559 a C) e prolongouse ata a chegada dos musulmáns (651). En época aqueménida construíronse palacios levantados sobre socalcos aos que se accedía por unha escalinata e estaban formados por divesos corpos unidos por patios. Destacan os de Pasagarda, Susa e Persépolis. A decoración realizábase con relevos de modelaxe suave e formas redondeadas. Durante o dominio grego imitáronse as formas helenísticas. O período sasánida supuxo un renacemento da arquitectura co emprego das bóvedas e as cúpulas construídas en ladrillo e coa integración das distintas dependencias dos palacios nun mesmo edificio. Coa invasión árabe comezou un período de influencia artística que chegou ata 1926. Nun primeiro momento os únicos centros artísticos foron as tumbas e as mesquitas, nelas hai distinción...

    5. Literatura cultivada en lingua persa en diversos períodos da súa historia. Constitúe unha das literaturas clásicas máis importantes. Algunhas inscricións cuneiformes da época dos aqueménidas (s VIII a C) son o único testemuño do antigo persa. Máis tarde (s III), reuníronse os diversos libros do Avesta, relacionado co zoroastrismo, e os diversos himnos, identificados co Gāthā. Na mesma época comezou a cultivarse a literatura pahlavi, escrita en persa medio. É igualmente relixiosa a literatura maniquea do s III, escrita en pahlavi, parto e sogdiano. A raíz da conquista árabe (651) a nova literatura persa superou á que fora a súa inspiradora, como é o caso dos poetas da corte dos samánidas, dos gaznévidas e dalgúns grandes líricos posteriores. Polo que respecta á prosa, rimada ou non, destacan o relato das viaxes de Nāṣir-i Khusraw, morto en 1088; o Siyāsat-Nāma (Tratado de educación de príncipes) do visir...

    6. Arte musical cultivada polos persas. Estes só distinguían 18 graos dos 24 da escala árabe e dividían os tons menores en dúas partes e os maiores en catro partes de ton. Os instrumentos musicais persas eran de corda, como o tar, o setar e o sentur; de vento, o nay e de percusión, o tombak. Dos teóricos persas máis destacados cómpre salientar Avicena, no s XI, e Ṣafī-al-Dīn, no s XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo imperio dos aqueménidas que se estendía ao oeste ata Libia e o Danubio e ao leste ata o Indo e o Turkestán chinés. Fundado por Ciro II de Persia (550-530 a C), coas súas conquistas e as dos seus sucesores agrupou nun só bloque todo Oriente Medio e creou un novo equilibrio de forzas políticas e culturais que durou ata o s VII. En Persia propiamente dita os aqueménidas deixaron palacios, arquivos, tumbas e templos. Tamén hai restos en Susa e Ecbatana. Á morte de Darío III de Persia (331 a C), o imperio pasou a Alexandre o Grande. O fin da dinastía aqueménida non significou o fin do Imperio Persa. Alexandre o Grande considerouse sucesor de Darío III e, desde xeito, os aqueménidas convertéronse involuntariamente nos dirixentes do helenismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fiorde de Noruega situado ao L de cabo Norte. Está a 123 km terra a dentro e é o máis grande do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á articulación ou ao fonema que se articula mediante o contacto ou constrición do posdorso da lingua con calquera zona, normalmente posterior, do padal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á articulación ou ao fonema que se articula pola aproximación do predorso da lingua ao padal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Khêt de Camboxa (12.692 km2; 360.445 h [1988]). A súa capital é Pursat (16.000 h [1987]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome do ministerio de Asuntos Exteriores francés, situado no palacio e na rúa homónima, preto do Sena, en París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao elemento representado con inversión do seu eixe vertical usual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor ruso. Estudou música e asistiu á Escola de Mariña, onde coñeceu a obra de destacados compositores. Influído por M. A. Balakirev, en 1861 pasou a formar parte do Grupo dos Cinco. Posteriormente foi catedrático de Composición do conservatorio de Peterburgo (1871). Actuou por Europa como director de orquestra e estreou en Rusia óperas como A noite de maio (1880), Sadko (1898) e O galo de ouro (1909). Das súas obras orquestrais destacan Capricho español (1887), Scherezade (1888), A gran pascua rusa (1888) e tres sinfonías. Orquestrou óperas de Mussorgsky e Borodin, e publicou diversas obras didácticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SIGLAS

    Sigla de Sudáfrica na placa de estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome comercial da arsfenamina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa ruso-estadounidense de rescate en caso de accidentes aéreos, terrestres e marítimos mediante a transmisión de datos vía satélite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Noruega (1122-1130), fillo de Magnus III e irmán e sucesor de Sten I. Defensor da fe cristiá, en 1107 emprendeu unha expedición marítima que o levou a Inglaterra, Lisboa e Xerusalén. Cos seus guerreiros saqueou algunhas cidades do litoral mediterráneo, como Sidón, e volveu por terra a Noriega (1111). Sucedeuno o seu fillo Magnus IV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao establecemento ou á entidade que depende doutra, situada xeralmente a unha certa distancia da principal ou noutro lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Modo de organización en sucursais.

    2. Tendencia das forzas políticas rexionais a actuar como as centrais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao sucursalismo.

    2. Persoa que practica o sucursalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor na rexión do tarso, especialmente a que acusan os adolescentes despois de andar ou permanecer de pé un longo período de tempo, a causa de posuír unha bóveda plantar insuficiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de terxiversar.

    VER O DETALLE DO TERMO