"Saa" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 88.
-
PERSOEIRO
Político e militar. Nomeado ministro de Facenda en 1797 por M. de Godoy, substituíu a este como secretario de estado en 1798, aínda que tivo que dimitir ao mes seguinte. Retirado en Sevilla, dirixiu a Junta Suprema para loitar contra a invasión francesa (1808).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conquistador paraguaio. Participou en diversas expedicións de exploración e conquista. Foi tenente de gobernador de Asunción (1592 e 1596) e de Santa Fe (1594), e o primeiro gobernador civil de Río de la Plata (1597, 1601- 1609 e 1614-1618).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. En 1935 emigrou a EE UU e en 1943 naturalizouse estadounidense. Colaborou no diario yiddish de Nova York Jewish Daily Forward, e desde 1967 no The New Yorker. As súas novelas e narracións, escritas en lingua yiddish, tratan o mundo dos xudeus europeos, e destacan pola súa paixón pola vida e a desesperanza polas tradicións perdidas. Escribiu tamén libros de memorias e contos para nenos. Da súa obra destacan Satán en Goray (1935), A familia Moskat (1950), Un día pracenteiro: relatos dun neno que se criou en Varsovia (1973) e Yentl the Yeshiva Boy (1983). En 1978 recibiu o Premio Nobel de Literatura.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e militar. Formouse na Academia de Ingenieros de Guadalajara (1836-1841). Destinado a Filipinas, foi alcalde de Ilocos Norte e gobernador militar e político de Cebú. Moderado, foi redactor do xornal La Constancia. En 1868 sumouse ao carlismo. Foi deputado polas provincias de Lugo (1841-1843) e Pontevedra (1854-1856) e polas seccións de Lugo (1867-1868) e Sarria (1871-1872). O seu irmán Bieito Saavedra Somoza foi deputado polo distrito de Sarria (1854-1856, 1859-1861 e 1863-1864).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Violinista. Debutou no Carnegie Hall en 1943, nun concerto que o consagrou internacionalmente. Mestre prodixioso do violín, sintetizou unha sonoridade de gran pureza e expresividade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor estoniano. A súa obra retrata a vida nacional de ambiente campestre, con agudas anotacións psicolóxicas. Destacan Kōrboja peremees (Campesiños de Korboja, 1922) e Tode ja Ogus (Verdade e xustiza, 1962-1963), un ciclo de cinco novelas sobre as vicisitudes do pobo estoniano ao longo de tres xeracións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociólogo e psicólogo social estadounidense. Interesado polo cambio cultural e o desenvolvemento da personalidade, escribiu Sex and Society (1907), The Polish Peasant in Europe and America (1918-1920) e Primitive Behavior (1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e escritor. Foi deputado nas Cortes (1935) pola CEDA. Publicou Égloga de amor (1911), El pájaro negro (1917), Piedras galaya (1918) e La última merced (1915).
VER O DETALLE DO TERMO