"Set" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 192.

  • Provincia de Zimbabwe (75.025 km2; 641.186 h [1992]). A capital é Hwange (42.581 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Desenvolveu en Inglaterra a súa obra novelística e teatral. Describiu as miserias dos arrabaldes de Londres nas novelas Liza of Lambeth (1897), Mrs. Craddock (1902) e Cakes and Ale (1930). En teatro dirixiu The Land of Promise (1913) e The Letter (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade xeoestrutural da Península Ibérica basculada cara ao O. Ten unha superficie duns 210.000 km2 e unha altitude superior aos 600 m. Limita ao N coa Cordilleira Cantábrica, ao L co Sistema Ibérico, ao S con Sierra Morena e está aberta ao O. Dividida en dous sectores polo Sistema Central, os Montes de Toledo ocupan a Submeseta Sur. Xeoloxicamente, trátase dun antigo macizo herciniano afectado polo dobramento alpino e recuberto por materiais sedimentarios do Terciario e Cuaternario. A rede hidrográfica está formada polos ríos Duero, Tajo e Guadiana, como principais colectores. O clima ten unha marcada continentalidade, con veráns calorosos e secos e invernos moi fríos, longos e con precipitacións escasas, a excepción da parte occidental. A vexetación mediterránea é a dominante aínda que degradada pola aridez e a acción do home.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casete de forma reducida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Filipinas, formada polas provincias de Aguan do Norte, Aguan do Sur, Bukidnon, Camiguin, Misamis Occidental, Misamis Oriental e Surigao do Norte (14.033 km2; 2.747.585 h [2000]). A cidade máis importante é Cagayan de Oro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elise Seybert.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Kraj da República Checa (5.554 km2; 1.277.095 h [2001]). A súa capital é Ostrava.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Variedade de gaita aparecida en Francia arredor do s XVII.

    2. Danza francesa cun bordón ou baixo persistente, que fai o efecto do instrumento homónimo. Ten un carácter pastoril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Comezou a escribir poesía aos catorce anos. En 1828 foi introducido no círculo literario de V. Hugo, e a influencia romántica apréciase xa nos Contes d’Espagne e d’Italie (1830). En 1832 debutou no teatro con Un spectacle dans un fauteil. O seu idilio con George Sand inspiroulle La confession d’un enfant du siècle (1836), Les nuits (1837) e a Lettre a Lamartine e Souvenir (1841). Entre 1835 e 1840 publicou pezas dramáticas como Lorenzaccio (1834), algunha novela curta como Margot (1838) e unha obra de crítica, Lettres de Dupuis et Cotonet (1837). Foi   membro da Académie Française (1852).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Fundou o Partit Republicà Català e presidiu a Diputación Provincial de Tarragona. Ingresou en Esquerra Republicana, foi deputado (1931, 1933 e 1936) e vicepresidente das Cortes da República. Exiliouse en Francia (1939), e presidiu as Cortes republicanas do exilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido (373 km2; 191.100 h [estim 2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de impresión que se basea na repulsión que existe entre a auga e as materias graxas, como a litografía, da que provén. Este sistema denomínase de impresión indirecta pois, contrariamente aos outros sistemas tradicionais, a prancha impresora non ten contacto co papel. O offset foi descuberto a comezos do s XX polo impresor estadounidense Ira Rubel e impúxose máis pola rapidez e polos seus prezos competitivos ca pola súa calidade. Ao principio, as pranchas impresoras eran de cinc ou aluminio e estaban sensibilizadas polos materiais impresores. A comezos do s XXI dánselle ao impresor xa sensibilizadas e a punto para a insolación (fotogravado). A importancia que conseguiu o offset dentro do mercado da impresión débese á flexibilidade que ofrece a montaxe das diferentes follas sobre un mesmo molde (lanzamento), ás múltiples facilidades de confección das pranchas de impresión e á posibilidade de imprimir a cor e en gran formato sobre papel relativamente ordinario. As...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento de impresión sen contacto entre a forma e o papel que se basea na transmisión electromagnética. O sistema, unha máquina de varios cilindros, foi inventado por W. C. Huebner en 1923, e emprégase para a impresión de papel e outros materiais como tecidos, plásticos ou follas metalizadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta e filósofo. Estudou filosofía en Madrid e ampliou estudos en Alemaña. Foi catedrático de Metafísica na Universidad de Madrid (1910-1936). En 1931 foi elixido deputado pero exiliouse ao inicio da Guerra Civil española e residiu en Francia, Países Baixos, Arxentina e Portugal. Retornou a Madrid en 1945 e creou con Julián Marías o Instituto de Humanidades (1948). Fundou a revista España (1915) e a Revista de Occidente (1923). As súas teorías pretendían superar tanto o idealismo como o realismo mediante o establecemento da vida como realidade fundamental, o eu como eu e a súa circunstancia e a primacía da razón vital (raciovitalismo). Ofreceu a súa interpretación do fenómeno artístico-literario en Las meditaciones del Quijote (1914) e en La deshumanización del arte, mentres que nos oito volumes de El Espectador (1916-1928) fixo patente a súa grande actividade de publicista. A súa época de pensamento perspectivista quedou reflectida en El...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión xeográfica de Caucasia, dividida politicamente entre os estados de Xeorxia, onde forma a rexión autónoma de Ossetia Meridional, e Rusia, onde constitúe a república federal de Ossetia Setentrional. É unha rexión especialmente montañosa, con abundantes bosques foliáceos e prados alpinos e subalpinos. Está regada por unha importante rede de ríos que pertencen á conca do Terek e á do Kura. Destacan os cultivos de cereais, a horticultura e viticultura, e a gandaría. Conta ademais con industrias metalúrxicas non ferrosas, da madeira e alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión autónoma de Xeorxia que ocupa a parte sur da rexión xeográfica de Ossetia (3.900 km2; 100.000 h [estim 1991]). A súa capital é Ckhinvali (34.000 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    República de Rusia que ocupa a parte norte da rexión xeográfica de Ossetia (8.000 km2; 662.700 h [1997]). A súa capital é Vladikavkaz.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Ossetia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Ossetia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo ossetio ou á súa lingua.

      2. Individuo do pobo ossetio.

      3. Pobo de orixe irano-caucásica establecido na rexión de Ossetia que se extinguiu baixo a influencia escita desde o s VII a C ata o s I. Pertenceu ao Imperio Tártaro desde finais do s XII e a finais do s XVIII comezou o seu proceso de rusificación, sobre todo nas cidades.

    1. Lingua irania do phylum indoeuropeo que se fala en Ossetia e Xeorxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Unidade monetaria adoptada polas emisións de ouro e de prata barcelonesas desde 1808 ata 1814, baixo o goberno napoleónico e durante a Guerra de Independencia Española.

      2. Nome dado ás moedas de prata españolas de Isabel II, desde 1834 ata 1864, cun valor de 4 reais, e desde 1864 ata 1868 con valor de 40 céntimos de escudos.

      3. Unidade monetaria do Estado español, dividida en 100 céntimos, adoptada en 1868 polo goberno provisional a iniciativa do ministro de Facenda Laureano Figuerola. De orixe discutida, pode provir de peso, moeda das colonias americanas e Filipinas; ou ben da palabra catalá peceta, diminutivo de peça. Xa durante a Guerra de Sucesión Española, o arquiduque Carlos de Austria emitiu pecetas. A denominación peseta recóllese nun documento de Filipe V de 1718 e no Dicionario de Autoridades (1737) como a peza de a 2 reais de prata, unha cuarta parte do real de a 8 ou peso. Durante o reinado de Isabel II en 1836 emitíronse moedas de 1 peseta para pagar o soldo das Guerras Carlistas, ademais circulaban a peseta e a media peseta, ou reais de a 4 e de a 2, ou 40 céntimos e 20 céntimos, respectivamente. Ademais, en Catalunya circularon amplamente desde a Guerra da Independencia. O Decreto Figuerola de 1868 estableceu a peseta como a única moeda de curso legal...

      4. Moeda de curso legal, xunto co franco, en Andorra ata a entrada en vigor do euro en 2002.

    1.   grila.

    VER O DETALLE DO TERMO